Blogia
DoRViSou

A BuRRa De PaCo PeNaS

<center>A BuRRa De PaCo PeNaS</center>

Dóciles ata límites insospeitables, traballadores incansables, sufridores natos, cariñosos e ata intelixentes, a pesares dos pesares. Agora están en peligro de desaparecer, quedan na peninsula Ibérica arredor duns setenta e cinco mil burros mentras fai uns cuarenta anos superaban o millón.
Sinto pena que na nosa terra non haxa ningunha asociación en defensa de tan noble animal. Tan só se celebra unha feira anual de burros en A Portela ou a esistencia dun burródromo en Escairón. Mesmo lembro como na Parroquia de Cumeiro-Vila De cruces se celebraba polas festa unha carreira de burros e había un premio especial a aquel burro que despois da carreira primeiro ornease. Collían o animal e venga, cervexa que te criou ata que orneaban e poñían perdida de cervexa a toda a xente. Eu agora non lle atopo graza ningunha pero daquelas debíaa de ter porque nos esconchábamos de risa.


Aquí tendes uns enlaces de interés.
Se queredes escoitar ornear un burro picade nesta páxina.
Tamén podedes facelo nesta outra.

19 comentarios

dorvisou -

Case aprendin a ler no Quixote. Unha mestra, que é a madriña de meu irmán, sempre lle regalaba libros por reises e como non tíñamos xoguetes, ler era coma un estribillo. Era unha edición especial para nenos, non se parecía a unha que teño agora na casa que debe pesar uns tres kilos. Os únicos libros que lin este ano,aparte do seu blog que é como ler unha novela por capítulos, foron cuaderno amarillo e variaciones 95 de Salvador Pániker, mar de bronce de Vázquez Pintor, Muller no baño de M. Rivas, el mundo de Sofía de Jostein Gaarder e duas ou tres veces CARTAS A UN PADRE de Frank Kafra porque é un libriño que todo pai dun fillo adolescente debería, non ler, senón adeprender. Algunha cousa máis si lein, pero pouca cousa. O meu tempo libre é máis curto co seu.
Un biquiño para ti e un saúdo a ese B. que te atura.

peke -

Debín de ler o Quijote unhas seis veces, tres delas para facer traballos na universidade. Podo asegurarche que o rucio de Sancho non ten nome, pero tamén pode traizoarme a memoria. Se dubidas de min, ¿por que non o les?

dorvisou -

Se me falas de can de palleiro xa é outra cousa. Agora até hai cans de palleiro con pedigrí e con cartela de vacinación...

dorvisou -

Pois peke, a ver que pasa con rucio porque agora estou moi confuso. Quero saber a verdade, estiven vendo cousas no google e non me aclaran nada.

dorvisou -

Caladiña, agora que xa sei máis dos burriños non poderei deixar de quererlles moito máis.

thirthe -

Son simpáticos os burros. Sempre me daban pena por iren tan cargados, con eses feixes enriba máis grandes ca eles. E eles aí, tan miudiños e tan fortes.

Brocco -

Non o vexo claro... Sigo a pensar que un canciño de palleiro é a mellor mascota... E que eu como no campo non fago nada...

peke -

Non quero chafar a ninguén, pero o burro de Sancho non ten nome propio. Rucio significa burro de cor parda clara ou abrancazada e é un nome común que se pode aplicar a calquera burro desa cor.
Así que o premio -se o hai- será para min. ;) ;)

caladinha -

Lémbrabame léndoo do día en que miña avoa vendeu ó burriño e, sobre todo, do día en que volvemos atopalo lonxe da casa pacendo nun prado e nos recoñeceu ó instante.

dorvisou -

Pois Pepiño, non ía eu moi desencamiñado co titudo do meu post (a burra de Paco Penas). De tódolos xeitos sempre lle roubou moito protagonismo rocinante, non?
O agasallo levareicho en persoa ata Pontevedra, alá cara a primaveira.

pepe penas -

O burro que tiña Sancho Panza coida que se chamaba Rucio.
¿habia algún agasallo para quen atinara?

dorvisou -

¿Alguén sabe como se chamaba o burro de Sancho Panza?
Non é xusto que se ningunee deste xeito literario ao pobre animal.
Platero desperta en min tanta tenrura como a inocencia de carrapuchiña bermella.
Bicos e apertas muralliña.

muralla -

Pareceme moi boa a idea que lle propós a Peke. Eu apúntome a isa asociación.
Os burros parecemme seres mansos e dulces ...pode ser por Platero...
Unha aperta. Muralla

dorvisou -

Peke, minha querida peke: Se de verdade, cleopatra era capaz de perpetuar a sua beleza con aqueles baños en leite de burra. Ben poderíamos facer unha campaña en prol da leite de burra como un cosmético rexenerador ¿ou non? ¿que lle parece?

dorvisou -

Un poco de agua, algo de hierba y mucho trabajo era la mejor dieta.
En tiempos de la transición había en mi casa una burra que se llamaba democracia, era una burra joven que prometía mucho y quizas fuese este el motivo por lo que la llamaban así, de sea manera.

dorvisou -

Pppenas, os cabalos sempre foron máis señoriales que os burros. Na minha crianza non había cabalos, en tódalas casas había un burro e se me apuras en algunha até había máis de un( sen pensar mal, que xa che empezo a coñecer, eh)
Poucas persoas poderan almacenar no seu disco duro tantos cámbios nunha sociedade como os que che tocaron vivir a ti. A min tamén pero xa estaba a semente na terra.
Unha forte aperta

peke -

Por Gondomar e Nigrán chámanlles fariñeiros e aínda hai algúns. O da fariña creo que está relacionado cos muíños de millo e trigo, que se movían por tracción animal, é dicir, burril.
Desaparecen porque as máquinas tamén os substitúen a eles. É a ditadura da civilización e do progreso. ¡En fin!

siloam -

uis, los burros, pasé la infancia haciendole perrerias al del abuelo; era un santo aquel burro, y además decían en mi pueblo que toda casa debía tener un burro, por lo que dices en el post.
lástima q desaparezcan. Además son de bajo mantenimiento.

pepe penas -

A min dame magoa que desapareza o burro; de cando vivia en Dorvisou non me lembro de ninguén que o tivera. Cando faltaron as bestas comezei a ver algún ... agora volven a aparecer os cabalos outra vez
( xa non comen toxo...beben gasolina).
Unha aperta