Blogia
DoRViSou

FoTuS PaCuS

<center>FoTuS PaCuS</center>
Pensaba deixar un tempo o blogomillo por falta de tempo para outras cousas e acabo de darme conta de que me pasa o mesmo que a minha filla co seu tamagochi. Non podo, non quero.
Faltan duas semáns para recibir a nova cámara fotográfica e con ela renacerá unha nova ilusión que quero compartir con outros.
Bicos e apertas.

15 comentarios

dorvisou -

peke,vaía lío con ela!
A cámara chegará o martes, esa noite durmirei con ela e o mercoles...
Bicos para ti e para B tamén.

Xoia de Jaio, vas a tener tus visiones merecidas. En estos días, quizás para olvidar algo que no hizo otra cosa que desestabilizarme un poco, se me dio por salir a hacer fotos por la noche y mira tu los resultados...
Moitos bicos.

jaio la joía espía -

Paco, ¿ya habrá llegado la nueva cámara, no? ¿A qué esperas para ponernos al día de lo que fuiste raptando por las esquinas? Por la cobertura de tu móvil, no se te ocurra dejar de colgar tus "visiones"
Mil besos

peke -

Ese "ela" referíase á túa compañeira, claro. :)

peke -

Carafio, Dorvi, botámoste de menos. ¿Cando volves? ¿Chegou a cámara nova? ¿Cando nos pos fotos feitas con ela?
Bicos para ti e para ela, que non se cele.

dorvisou -

Si dorfun, será pouco tempo.
A minha compañeira pídeme que o faga, di que antes non chegaba tan tarde polas noites...jaja

dorfun -

...excusas ter a dúbida de deixalo... non poderás! ;P ...como moito deixarás pasar un pouco de tempo...

dorvisou -

Iberica, espero recibir algunha foto desas onde ves chover através dos vidros mollados.
Un biquiño muller.

Iberica -

pois si, eu tamén teño unha adicción casi patoloxica á fotografía, sobre todo agora na era dixital, en fin... casi que vou ó retrete con ela, pero así gardo os meus recordos e as sensacións máis máis...
un saudo a todos/as

dorvisou -

Ppenas, eu non deixaría de visitar as páxinas dos amigos. O meu problema é falta de tempo, non podo estar polas noites polo blogomillo e querer levantarme fresco pola mañanciña. ¡Mira ti que horas son hoxe...anque tampouco sabes a que hora cheguei a casa!

Muralliña do meu corazón, ese amigo que vive en Madrid non vive en Canarias. Estou a falar dun desconto arredor dos seiscentos euros. Mira, para que te des conta, merquei un coche por dous mil catrocentos euros e vou mercar unha cámara que con obxetivos custa arredor dos dous mil cincocentos. Quero unha canon D20 que acaba de sair o mercado . Agasállome a min mesmo, quérome moito...en fin, moitos biquiños.

dorvisou -

Caladiña, pois si, non é facil deixar morrer este tamagochi. Un ten a necesidade de seguir comunicandose co mundo cando nesta casa xa dormen todos.

Peke, ti que tan ben describes tantas sensacións, pódesme entender ben. Levo esperando pola cámara máis de tres meses.

Isabel, non sei de que fotos falas ou ao mellor si...jejeje.

muralla -

Alégrome ben da tua adición!!!
Pero eu pensaba que nas Canarias isas cámaras eran máis baratas...
¿Cal te comprache o final?
Bicos. Muralla.

pepe penas -

¡Home non te vaias agora!..Non quero quedar sin visitantes no meu blogomillo.
Unha aperta

isabel -

espero que llegue ya la camara aunque no vuelvas a hacerme las mismas fotos o si? jajajajajajajaja

peke -

Iso, benvida. A ver que ía ser esto sen ti... :)

caladinha -

Espero que as súas ameazas de liscar sexan como as de outras..., hehe

Benvida esa nova cámara!