Blogia
DoRViSou

SoN uN NeNo, SoN uN NeNo...

<center>SoN uN NeNo, SoN uN NeNo...</center>
Agora podo entender aquel corpo en festa do meu amigo Ramón de Dorvisou cando comprou un tractor novo ou a Manuel de Xaime cando lle paría unha vaca.
¡Ai!¡tanta felicidade xunta non pode ser boa!

6 comentarios

dorvisou -

desde os carballos de Mato, Rebordaos, as Xeixiñas, o monte da Us ou acima da pelada. ¡que pouquiño queda para pasear por eles!
Para o mes de Xuño perdereime por eses camiños para fotografiar esa aldea que nos amamos.

Caladiña, espero poder compartila tamén contigo unha tardiña por esas terras do Deza
Bicos.

caladinha -

A disfrutala!!
Agardamos os resultados :-)

pepe penas -

Fermoso trebello...Dende os carballos de Mato ainda era capaz de retratar o tractor de Ramón ou a vaca de Manuel de Xaime.
Unha aperta.

peke -

Teño certos problemas para levar as fotos ao lugar desde o que podería levalas ao blog. Supoño que nada grave, pero ando algo ocupada e pachucha e non teño vagar para andar pescudando. Espero non tardar moito, sobre todo se vexo que ti amosas marabillas. O que fago non é comparable, madía leva, pero anímame a intentar facelo ben.
¡Veña, mestre! ¡A aprendernos aos demais! :)

dorvisou -

A verdade é que tardou, si tivésemos que depender dela para comer xa teríamos morto de fame nesta casa...jeje.
Posiblemente esté agora máis motivado para seguir facendo fotos i espero que se deixe notar anque non por ter unha mellor cámara vaian ser mellores as fotos.
¿e ti que? ¿ cando nos adiantas unha mostra das tuas posibilidades? ¿...uo
só mercaches a cámara para facerlle fotos a B?
biquiños, moitos biquiños
Biquiños

peke -

¡Jo, machiño! ¡Por fin chegou! Goza desa felicidade todo o que poidas e regálanos resultados. ¡F-e-l-i-c-i-d-a-d-e-s! Bicos.