Blogia
DoRViSou

eSPeRaNZa é MáiS Que uNHa PaLaBRa...

<center>eSPeRaNZa é MáiS Que uNHa PaLaBRa...</center>
Despois do ataque de morriña que me entrou onte ao velas fotos de Acedre ,
hoxe fun na procura do meu Outono.
Un paseo polos montes da Esperanza fíxome soñar con el, castiñeiros de amarelas follas e ourizos recachados, cogomelos...
ese sol do mediodía, ese aire fresco,  ese cheiro a terra mollada...
Esa sensación de libertade nos cumes do Teide non ten prezo.


8 comentarios

Paco Penas -

Muralliña, moitas graciñas, deseguro que son tan parecidas que ata son mellores. muacmuacmuac.

Muralla -

Esta foto é preciosa. Hoxe fun a Montserrat con tres rapazas galegas de Portosín que están pasando uns dias en Barcelona e fixen unhas fotos parecidas a esta...
Bicos. Muralla.

Paco Penas -

¡ai caladiña, quen non ía dicir a nós, os rapaces das corredoiras, que aquel sapo de pan se podía comer!

Pero bueno, peke...¡que caradura é esa, ía dicirme que tal e...

Sonela, e pensar que aí debaixo desas nubes pasan tantísimas cousas...

Bicos con mel a todas.

sonela -

Preciosa foto. É unha maravilla ollar o mar de nubes tan abaixo.
Bicossss

peke -

Home, ía dicir que vaia fotaza e vexo por aquí a Caladinha. ¡Canto tempo, chata! Felices os ollos.

caladinha -

E aínda me da ghana ao lerte de coller un cesto e marchar unha tarde enteira apañar pan de sapo.

Paco Penas -

Graciñas Pedro.
E dixo Pedro de Bracamonte "Vila flor", despois de ver pasar unha fermosa moza guancha por eses paraxes de tanta altitude.
Estas terras foron entregadas por Alonso Fernández de Lugo, natural de Sanlucar de Barrameda a outros que lle axudaron na conquista da illa de Tenerife. Eu tamén pensaba que Fernández de Lugo era galego, mais parece que non. Non sei se o sería Cristabal Colon...
Apertas

acedre -

Carallo pa ti !. Vaia fotaza !.
Eu estiven por esas terras nun marzo de 1992 e flipei co eses bosques nados en terra volcanica. E ali perto esta Vilaflor, vila fundada por un galego.
Saudos e gracias pola marabillosa foto.