AMOOTE, Willy
Onte falando co meu amigo Paco Lareo comunicoume a triste nova do finamento de Antonio Taboada "willy".
Paco Lareo contaba con poucos datos do suceso, díxome que quedara irrecoñecible, que o tren o machacara contra os raíles, que o matara vivo.... Que había xente que o vira baixar cara ó río coma noutras tantas veces...pero no camiño, perdeuse para sempre a sombra dunha puta idea...
A primeira cousa que se me pasou pola cabeza foi esa conversa que tiven con él, unha noite de vran en Compostela, sobor da fugacidade do tempo, da arte, da vida ...Ese presente que xa deixou de selo para convertir o tempo en pasado e agrandar o caixón do olvido. Tamén lembrei ese día que o coñecin, a primeiros dos oitenta, na feira cultural do día catro en Vila de Cruces, recitando na feira do gando, os seus poemas cunha coroa de follas de loureiro na cabeza...
A xente que o coñecía sabía que se perdía porque era como un labirinto, a xente que non o coñecía equivocabase ata onte.
Adeus, fillo de tratante de cabalos...como dicías nos curriculuns. Verémonos algún día e xa me contarás por que se suicida a xente.
2 comentarios
Paco Penas -
Graciñas.
Marinha de Allegue -
Un Beijo e unha Aperta.
:)