Blogia
DoRViSou

A MuLLeR Do PaRRoTe DeSDe o XaRDíN De SaN CaRLoS...

mulleres galegas_8-1
Tamén hai unha señorita, e seino por Ana, a leiteira, que escribe poesía e que disque dixo que ese don traspasárallo o espírito de Bécquer,
que o dese si que nolo aprenderon na escola, o volverán las oscuras golondrinas, moito me gustaba, e a ela tamén lle debía gustar porque o encontro co espírito foi na praza das Bárbaras, e o espírito posuína e disque a deixou preñada. Preñada de poesía. Amalia e Ana veña a rir co conto, coa pichola do leite do espírito, ai o espírito, ai. E aínda habemos de ir polas Bárbaras, Ó, a ver se atopamos o espírito de Gustavo Adolfo?
Pois eu xa fun, díxenlles. E deixeinas sen fala, sen tempo de rir, tan de súpeto foi.
E que?
Gústame máis outro que hai no xardín de San Carlos. Ese non preña.
Amalia, facendo a escandalizada: Ai, neniña! E ti estás feita unha puta dos espíritos.
Así, no lo contaba Manuel Rivas en "os libros arden mal"

2 comentarios

Paco Penas -

Nestes días de frio non está demáis abrigarse, no sexa que nos colla o espírito e nos fóda.
¡Saúde e terra, parroquia!

a pirámide -

É que Bécquer é moito poeta de dios. A ver cando saca outro libro que hai moito que non escribe nada.