O CauDiLLo Do DeZa
"A morte de calquera home
diminúeme porque estou ligado
á humanidade; por conseguinte
nunca fagan preguntas por quen dobran
as campás : dobran por ti."
John Donne
O 28 de Decembro non é un bon día para morrer, sempre corres o risco de que cho tomen a broma. Ou polomenos eso foi o que pensei eu, fai un pouco, cando entrei na voz de Galicia como cada noite. Vamos, que quedei de pedra ao bater coa nova do falecemento de Xosé Cuiña, dicíndome a minha compañeira" Non fagas caso que che é unha inocentada" . Mais deseguida me dei conta de que as inocentadas da voz non teñen ese senso.
Morreu un home, o político xa morrera antes, e agora con serenidade e reflexión toca acompañar esa familia nestes tristes momentos. Non é o día de facer balances nen xuicios. A historia e o tempo falará por nós, mais do que non teño dúbida é de que nesta noite, nas terras do Deza, non dobraran as campás, redobraran.... anque só sexa porque é de ben nacidos ser agradecidos.
4 comentarios
Paco Penas -
Meris -
Paco Penas. -
Pero, Sr anónimo, eu íalle de pequeno a festa a súa casa. A familia do caseiro comíamos aparte, pero comíamos. Que quere que lle conte...
E tamén lle diría da última visita que me fixo a Sra Isolina fai uns meses, cando me trouxo uns chouriciños da súa colleita. Ademais do detallazo, de deixarme setenta céntimos de euro de propina despois de comer. E digo detallazo porque mos dou na man. Non mos deixou alí tirados na mesa, como unha esmola... e tamén entendo que oito millóns de euros non dan para moito máis...¿entende?.
Anonimo -
Morreu un home, iso sempre é unha pena...