BaiLaNDo NuN CRiBo...
Non son un home que me lembre moito dos soños consumados, non son dos que lle poñen tino...mais acabo de regresar dun que aínda teño morno e vouno intentar debullar cunhas cantas palabras prestadas.
"Coido que estábamos nun concurso e tíñamos unha morea de cousas acima dunha mesa, pero deseguida cada quen facendo gala da súa cobiza humana, arramparon con todo deixando a este parvo da aldea sen nada.
Ollando unha rapaza que vertía por fora das cousas todas xuntas que pillara, escomencei a berrar chamándolle de todo canto malo se pode dicir do ser humano. Despois, arrepentido, refuxieime nun cuarto, tomei un gin-tonic e decidin fuxir do lugar. Cando xa me ía, abreuse a porta e un desfile de miradas distantes e indiferentes deixáronme de pedra.
Ao final, apareceu aquela rapaza que fora victima do meu xenio e como non tiña nada máis que perder, acerqueime a ela para pedirlle desculpas sen esperar nen que me escoitara como é costume na nosa estirpe.
¡ Ou, mais cal sería a minha sorpresa! ...cando levantou os brazos para abrazarme e con certa docilidade susurrarme nos ouvidos:
"Que grandes valores atesouramos e que pouco avanzamos no camiño"
2 comentarios
Paco Penas -
Saúde e república.
Suso Lista -