Blogia
DoRViSou

iNTeRaCTuaNDo...

 

 

Xogando, moitas veces aínda non podo entender as cousas doutro xeito, atopei con este windows movie maker para fedellar coas imaxes.

Aquí vos deixo os meus primeiros traballos adicados a sempre benquerida SOLAINA DE PILOÑO . Neste video podemos vela rapaza do arco co decano da filloa de Merza, Xosé Molina nunha demostración da arte na Lareira.

2 comentarios

Paco Penas. -

Amigo Xavier, graciñas polos vosos aloumiños.
Como estaba sen fotos novas para postear douseme por fozar na barriga do movie maker de marras e a verdade, é que me gustou.
Xa estou enterado do voso vicio polas filloas, unha lástima non atoparme por eses lares. Outra vez será.
Unha aperta e longa vida as tradicións.

filloeiro da pedra -

¡Amigo Paco! Emocionoume este vídeo, lémbrame moito os bos tempos de cativo filloeiro. Penso que tes desperdiciado o teu talento cinematográfico-documentalista, deberías seguir a facer máis arte deste xeito. Unha aperta para ti e para os protagonistas, cos que me gustaría ter un "menage a troi" filloeiro e gastronómico e animalos a que empecen a cociñar na pedra carne, polbo, marisco, peixe, cachelos, cogumelos, ... Apúntome voluntario de mestre para un curso. Xavier Barreiro