Blogia
DoRViSou

ViLaFLoR...

IMG_8435

A culpa da minha pequena ausenza polo blogomillo tívoa en boa parte o trafego da semana santa , sen esquencer que o meu archivo fotográfico anda medio escaso. Vivo ao día, vou sacando unhas fotiños para ir chegando ao fin de mes...jeje. Agora xa teño a nova cámara arranxada , anque manteño certa desconfianza con ela, espero que se porte ben e podamos disfrutar xuntos en armonia.

Estas fotos son do povo chasnero de Vilaflor . É unha gozada andar por esas alturas... a pureza da súa paisaxe envólvete. Un aire fresco e limpo penetra ata o fundo do ser, osixenando e rexenerando os máis malferidos órganos vitais. Os sons do vento e dos seus pinos sempre me transpórtan a outros montes, a outros eidos...

Por certo, este vindeiro verán non tiña pensado ir a Galiza, pero fai uns días levanteime sen ton nen son e para coller pulo, merquei os pasaxes para irme nas víspras do S. Xoán.

E que xa se sabe, hai forzas sobrenaturais que limitan o pensamento humano.

IMG_8431


 

3 comentarios

Paco Penas -

Chousa, hai cousas que non son negociables :-)
Grazas Pedriño.Se non espabilo deseguida me colles.

paideleo -

Parabéns polos 45 !.
Eu fixen 42 hai poucos días tamén.

Chousa da Alcandra -

Sempre hai que permitirlle á mente certas licencias; e vir a Galicia sin premeditación (ainda que sexa con alevosía), é unha delas.

Unha aperta e, retrasadas, felicitacións de cumpleanos!!