Blogia
DoRViSou

MuNDo RoSa...

 

Postres

 

ZooM

 

Este pasado fin de semana chegou unha parella a comer ao restaurante. O meu comportamento cara á eles foi o de sempre , como cando teño que recibir alguén que non coñecía denantes. Saúdos reverenciales, ollares aterciopelados, sorrisos académicos e xestos ortodoxos… de aljo teñen que servir tantos ano de exercicio...dijo eu tamén, ¿ou non?

E xa ao remate do xantar, no doce tempo doce, confesáronme a súa dualidade, ao decirme que fai dous anos que siguen o meu blog pero que non acadaron localizacións ata fai uns días, que só sabían que vivía e traballaba nos Cristianos e que lles fascinaban as minhas fotos e o meu xeito de arroutar. Esto non queda nesto, tamén traían, comerán mal ou comeran ben, un agasallo para min. ¡Que ben me sentin!

Que deus vos teña na gloria e moitos anos na terra, Grazas, Alba e Antón, grazas

 

5 comentarios

Ninsesabe -

Joder, que pinta teñen os pratos do teu restaurante...¡E pensar que nunca poderei ir aí, porque miña dona non hai forma de metela nun avión!
(Vou poñer, tou niso, unha invitación para ti no meu currunhco. Tes que perdoar o atrevemento, pero penso que tes moito de mestre. Dijo eu ¿Ou non?)

Paco Penas -

Peke, podo asegurarlle que tiña a sensación de coñecelos de toda a vida. Mesmo quedamos para comer tan axiña coma o meu dentista me de permiso :-)
Paideleo, vostede que xa intentou abandonar o blog nalgunha ocasión sabe ben do que falamos.
Pepiño, fai uns días entrou un galego famoso no restaurante berrando ¡viva Dorvisou! ¡Viva Dorvisou! e os meus compañeiros quedaron pasmados...só lle podo dicir que a súa nai chámase Isolina, jeje.
Mira, os letreiros meréceno máis aqueles que rozan os ruleiros e sachan as hortas, que son quenes verdadeiramente manteñen a nosa aldea viva. Nós somos poetas e desertores do arado:-)
Apertas e bicos a todos.

pepe penas -

Sabes onde era o Quinteiro?
Pois algún dia alguen poñera un letreiro que diga:"Paco Penas levou a Dorvisou polo mundo e tamén llo ensinou aos Cristianos"
Unha aperta.

paideleo -

Detalles coma este fan fermoso este mundiño dixital.

peke -

A foto, coma sempre, é espectacular. Felicidades por ese agasallo e a charla grata que mantivo coa parella.