Blogia
DoRViSou

BLoC

 

 

IMG_2651

ZooM

Acabo de rematar de ler BLOC, esa criatura que, baixo a batuta do mestre Xavier Docampo, está dando os seus primeiros pasiños cara ao xardin das bolboretas.

Unha revista de arte e literatura infantil onde se refliten con moito acerto, as luces do pensamento dos artistas invitados e a sensibilidade dos redactores. Unha revista que me trouxo á memoria vellas reminiscencias daquela “bíblia” dirixida por Manuel Rivas nos anos noventa e que se chamaba Luces de Galicia. Unha revista que aínda me parece que estou buscandocada vez que me achego a un kiosko deses, cando vou pola Coruña. Claro está, que a vocación de BLOC é moito máis globalizadora, e mesmo Paco Vázquez non dubidaría en mercala no Vaticano ao estar escrita en español e inglés :-)

Unha das cousas que non deixa de ser curiosa e o mimetismo da súa publicidade, esa capacidade de integración das ilustracións para disfrutar dunha armonía paisaxística ao longo do recorrido.

Un BLOC de entrevistas, artigos, reflexións e fotografía que, nun alarde de intelecto, ven a demostrarnos unha vez máis,que ser artista e ser neno é cousa moi seria.

 

0 comentarios