Blogia
DoRViSou

PHoTo FRiDaY

PRoFuNDiDaDe De CaMPo

<center>PRoFuNDiDaDe De CaMPo</center>

PHoToFRiDaY_Depth of Field_ PHoToFRiDaY

Vai chegar o día que na minha aldea só se podan sacar fotos con moi pouca profundidade de campo por mor das putas néboas dos encoros de Merda. Xa sei que estamos no Nadal e hai que manter a calma, pero mecajundios...(si con minúscula, non sexa que se ofenda alguén ou me peche Blógia o blog por blasfemar o día de Navidá.)

Eu quería falar sobor da profundidade de campo , que foi unhas das primeiras cousas que me entusiasmou no mundo da fotografía, pero xa non me queda jás. O carnaval acaba conmigo, espero que as fotos vos sirvan de exemplo.

un día sen néboas


Moita profundidade de campo é como cando non hai néboas e se pode ver todo nítido desde a eira ata o cabo da horta. Bueno, máis ou menos...

-eXPeRiMeNTaL-

<center>-eXPeRiMeNTaL-</center>
 - PHoToFRiDaY
É algo experimental. Non é un doce. Non se come.

.

iMPeRFeCCióN

<center>iMPeRFeCCióN</center>
Imperfection - PHoToFRiDaY - inperfección
Os espellos son capazes de rirse de un mesmo á cara.
Son capaces de maquilla-la imperfección ou transfigura-la realidade. Son máxicos e confabuladores.
Cando miras un espello podes chegar a entender ese fotógrafo que levas dentro
e que non deixa de interpretar calquer reflexo que brila ós teus ollos.
¡...e todo isto, sen chamarme Narciso!

WoRN III

<center>WoRN  III</center>
PHOTOFRIDAY
WoRN...(e van tres) 
 
 
Si Pepe, si...fotos sacadas na casa de Cándido en Dorvisou.  Esa casa onde ti naciches, esa casa onde aprendiches o arte da tauromaquia e que tanto che valeu para lidiar touros bravos detrás deses mostradores dos bancos. En esa palleira, da que falas no anterior comentario, só quedan vestixios do que foi o seu pasado.
Estas fotos non deixan de ser unha testemuña da fugacidade, da caducidade, do paso do tempo...
¡ Van por ti, meu amigo! 
 
 

WaRMTH...CaLoR

<center>WaRMTH...CaLoR</center>
PHOTOFRIDAY
WaRMTH...Se de calor falamos que outra cousa pode quentar máis que o sol.

BiMBioS e FieToS by Paco Penas de Dorvisou

<center>BiMBioS e FieToS by Paco Penas de Dorvisou</center>
BiMBioS e FieToS EN PHOTOFRIDAY
Hai palabras "agrícolas" que non deixan de ser como unha testemuña do paso do tempo. Hoxe grazas o tema "delicate" dese trasteiro cheo de miradas instintivas como é photofriday, rescatei dúas das que non agroman acotío das nosas bocas.
Eses "grelos" da foto son como unha sinal inequívoca de que na terra aínda hai vida.

NoN oS eNCoRoS Do Rio ULLa

<center>NoN oS eNCoRoS Do Rio ULLa</center>
Ainda agora, cando miro esta foto parece como se a minha memoria fose capaz de fabricar olores, como se rescatara da caixa do rexistro aquelas estampas de cando o meu pai chegaba a casa e abría o cesto para ensinarnos aquelas troitas sobor duns fentos verdes, que cheiraban a frescura, a vida...
Un pouco máis tarde él mesmo, tixola, tesoiras na man, se dispoñía a fritilas con un pouco de unto
para unha maior comuñon dos nosos sentidos.
Ás veces penso, que se suicidou porque escoitara falar de que o paraiso dos pescadores de troitas do rio Ulla
ía desaparecer,debaixo das augas, dos malditos encoros...

TeNeRiFe By Night

<center>TeNeRiFe By Night</center>

A imaginação consola os homens do que não podem ser. O humor consola-os do que são.
(Winston Churchill)

VoLVeR, VoLVeR...a SeR uN NeNo ouTRa VeZ

<center>VoLVeR, VoLVeR...a SeR uN NeNo ouTRa VeZ</center>
Non podes volver atrás
porque a vida che empuxa
como un oubeo inacabable.
Fillo meu é mellor vivir
coa alegría dos homes
que chorar ante o muro cego. (José Agustin Goytisolo)


Ás veces teño sensacións ou pensamentos vagos que me deixan descomposto.
Fai un pouco, ollando nesta foto do meu amigo Pol, un rapaz que coñecin fai uns días e que vive en Catalunya, sentin unha necesidade, como de ir a praia a facer castelos de areia, pero dos de verdade, para pechalos políticos mentireiros. Ganas de xogar a pelota e esbourala dunha patada contra a sociedade para meterlle un gol o SIDA ou mesmo, de xogar a facer máxia e que desapareza a xente do mundo uns días, para que este respire e colla un pouco de cor.

Non sei, será esta puta calor ou a queimada da noite pasada. Atópome raro, como medrado...

SiLKy - SeDoSo
Arte na Solaina de Piloño

<center>SiLKy - SeDoSo<h5>Arte na Solaina de Piloño</h5></center>
O cadro é de Paco Lareo

SiLKy - SeDoSo
Arte na Solaina de Piloño

<center>SiLKy - SeDoSo<h5>Arte na Solaina de Piloño</h5></center>
O cadro é de Paco Lareo

SYMBoL - SíMBoLo - eMBLeMa

<center>SYMBoL - SíMBoLo - eMBLeMa</center>
FoTo enviada por Machi

A VACA É O SÍMBOLO DA PAZ...Castelao




-Non está mal, espiña,non está mal -dixo Candela conciliador-. pero moito me temo que a arte de hoxe, na fin de milenio, procure a serenidade das cumes nevadas.
Espiña non respondeu. Acompañou ó crítico ata a porta da pensión e ó despedirse unicamente dixo: Terán cumes nevadas.
Aquela noite pintou un branquísimo lenzo.Branco sobre branco. Logo fixo un corte de navalla na palma da man e co seu sangue pintou unha vaca.Unha vaca vermella e feliz sobre a neve.(Manuel Rivas en uN MiLLoN De VaCaS)


Claro está que Mariano Espiña, o mesmo que esta vaca ou Laxeiro tamén eran do reino do Laranxo.

FoTuS PaCuS

<center>FoTuS PaCuS<center>
Sempre disfrutei moito das víspras das festas. Ás veces tanto como da mesma festa...
¡Xa todo me cheira a VACA...cións!

aCTioN - FeiTo - aCTo

<center>aCTioN - FeiTo - aCTo</center>

PaSSiVe aCTioN



O méno tinha um ar tranquilo
E a calma dum falsário
Tocava suavemente e com estilo
Para enervar o adversário

Ele tinha já algo de artista
Naquele seu jeito de pluma
A sábia pose dum mestre bilharista
Que nem o próprio tempo esfuma... (Rui VeLoSo)


FaNCY - iMaXiNaCióN - FaNTaSía

<center>FaNCY - iMaXiNaCióN - FaNTaSía</center>


Con imaxinación, así é como se pode retratar ese mundo tan máxico das ilusións, dos sentimentos...
Unha foto co paso do tempo tamén é un reflexo da nostalxia. Si, esta foto foi na primaveira do ano 1991, nunha tardiña das moitas que subía co meu fillo até a Torre de Hércules...

aS FoToS DoS VeNReS

<center>aS FoToS DoS VeNReS</center>

É unha pena ter que rebaixar tanto a calidade das fotos para postear. Esta, que xa non é a primeira vez que aparece nesta páxina, é unha das minhas preferidas. Aparece un pouco maquillada porque estou a xogar co PIKASA, que é un programiña moi completo para rescatar, ordear e tratar os arquivos e as imaxes..
Desde Tenerife bicos "analóxicos e dixitais" con moito sol.

aS FoToS DoS VeNReS

<center>aS FoToS DoS VeNReS</center>

É unha pena ter que rebaixar tanto a calidade das fotos para postear. Esta, que xa non é a primeira vez que aparece nesta páxina, é unha das minhas preferidas. Aparece un pouco maquillada porque estou a xogar co PIKASA, que é un programiña moi completo para rescatar, ordear e tratar os arquivos e as imaxes..
Desde Tenerife bicos "analóxicos e dixitais" con moito sol.

ReST_ DeSCaNSo_ aCouGo

<center>ReST_ DeSCaNSo_ aCouGo</center>

-¡Que fermoso é todo isto! Xamais me sentira tan ben en ningures.
Tareixa a do longo rabo asentiu cun sorriso sabichón:
Si, é fermoso. Pero non vais pensar que é así todos os días ¡ Que máis quixeramos nós! (cousas de Xenoveva)