Blogia
DoRViSou

Xente

ROMANTICISMO NON, QUERÍA DECIR SENTIMENTALISMO

<center>ROMANTICISMO NON, QUERÍA DECIR SENTIMENTALISMO</center>

Fai uns anos merquei outra cámara fotográfica, unha
Canón desas automáticas.
Fai uns meses, unha Olimpus desas dixitais para recrea-lo tempo livre.
E fai uns días volvín a recuperar do caixon do olvido a vella e cáseque
inservivel Pentax MX, para quitarlle brilo, enfocar,
calcular con simetría antre velocidade e luz
para rematar disparando contra todo aquelo que se movía ao meu caron.

FANTASÍA

<center>FANTASÍA</center>
ZOOM

Un saco de fabas de cores que se chaman maravillas é o que lle regalaría
o Doutor Da Barca a Marisa Mallo cando saíra da cárcere da Coruña.
Ela dixo que lle regalaría un saquiño con horas. Que sabía dun feirante de
Valença do Minho que vendía horas do tempo perdido.
El tamén lle dixo que terían unha nena que lle saíria POETA...
(M. Rivas no lapis do carpinteiro)

Retratos

<center>Retratos</center>

A quen tanto me axudou a voar sen medo,
con reflexión, en libertade...
A quen me ensinou a decir que NON
para decir SI á vida e amalas cores reflectadas na luz.
MOITAS GRACIÑAS.

AUTORRETRATO (1986)

<center>AUTORRETRATO (1986)</center>
O que sempre esperamos dun retrato é
melloralo presente.
Facemos un pouco coma Dorian Gray que se bicaba nos espellos,
menos mal que os espellos non escupen, como decía Joaquin Sabina.
O grande Pessoa tamén decía que cando era neno se bicaba nos espellos,
que aquelo era un anticipo do que nunca chegaría á amar.
O "beat" Allen Ginsberg escribía:
me hice el amor a mí mismo
en el espejo, besando mis labios,
me dije: Me quiero,
te quiero más que a nadie.

¿Canto narcisismo cabe nun autorretrato(1986)?

NO LUSCO-FUSCO

<center>NO LUSCO-FUSCO</center>

As chamineas das casas de Dorvisou afumeaban, debuxando cabaliños do mar no ceu, mentras Severino da Eirabella, na compaña dun cadelo esmirriado, cruzaba o postillón de Cubelos, cúspindo barbullas de inocencia ao regueiro como querendo botar fora todo aquello que se lle escapaba ao entendemento.
Confabulaba e filosofaba con aquel can sen dono de conceptos tan abstratos coma o tempo ou mesmo lle contaba que as matemáticas non eisistian, que só eran unha invención dos homes.
Cando chegaban a taberna do Couto, o can arroubaba o pelexo no recanto da pedra na procura dunha codia de pan ou de que alguén lle pegara unha patada nos cadris ¿ quen sabe?
Era un can sen cartela de vacinación, un can sen vezo sexual.
Un can que ata lle ladraban os outros cans de palleiro…

A MINHA MUSA

<center>A MINHA MUSA</center>

Eu quería ensinar-lle a colhelos cájaros,
a escoita-los paxaros,
a bebe-la auga na cuncha da man,
a deitarse debaixo dos carballos
e pecha-los olhos para deixarse levar polo ruxe-ruxe,
rio Brandelos abaixo...


OLLARES DO TEMPO

<center><strong>OLLARES DO TEMPO</strong></center>
Xa o dixo Mafalda: "Curioso... Un cerra os olhos e o mundo desaparece" -

¿ RESIGNACIÓN OU AÑORANZA ?

<center>¿ RESIGNACIÓN OU AÑORANZA ?</center>
¿ Estará ela, a construir un paraiso só co pensamento ?
¿ Estará ela, a deixarse levar polas sensacións do momento ?
...Ou quizais, como decía Pessoa, eisista no seu desexo un país onde ser feliz consiste simplemente en ser feliz.

¿ Ata cando seguiremos así?

¿ Ata cando seguiremos así? FOTO

96 sin papeles chegaron nesta noite as costas do concello de Arona, ao caron da minha casa.
296 espaldas molhadas as costas das ilhas "afortunadas"
¿? de inmigrantes durmen cada noite nas máis grandes das escuridades.
Ou mesmo, ¿cantas pateras envorcadas sen chegar a ningures?, mentras os politicos calan e pechan os olhos.

ORA POR NOBIS

ORA POR NOBIS ...Sombras

ARROUTADA SIDERAL
Adela da eiravella foí a colher un feixe de herba que deixara sobor dun ruleiro.
Ao facer o esforzo de levantalo, escapouse-lle un peido e berrou:
¡ Ei perrecha de unto, aparta que che apunto!

O ARTISTA

O ARTISTA O méno tinha um ar tranquilo
E a calma dum falsário
Tocava suavemente e com estilo
Para enervar o adversário

Ele tinha já algo de artista
Naquele seu jeito de pluma
A sábia pose dum mestre bilharista
Que nem o próprio tempo esfuma...

Tinha já algo de artista
Só pelo modo de andar
Podia até ser um vocalista
Nem precisava de cantar (mago do bilhar by Rui Veloso)