SURREALISMO RURAL

ningures_3.jpg
Escoiteille decir a minha nae que agora nas aldeas,
hai xente que vai os enterros como se fosen a unha voda.
Quero entender que se refería o vestiario.
30/06/2004 02:58 #enlace. Tema: AgroPop-Art.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: caladinha

Eu vexo a meus avós, cando van a un enterro da súa xente, os 80 anos amplamente superados. É unha voda, é unha festa, unha das poucas oportunidades de verense as caras, de se volveren a xuntar eles que deron forma a un tempo... En canto á morte, xa non lles asusta, poden mirala ós ollos coa tranquilidade de quen viviu.

Fecha: 01/07/2004 09:57.



Autor: dorvisou

"En canto á morte, xa non lles asusta, poden mirala ós ollos coa tranquilidade de quen viviu."...
Esta fraseciña ben podera resumir unha filosofía de vida, un ideal.

Eu fai moito tempo que non vou a vodas nen a enterros. O único acto social no que participo con certa desmesura é arredor dunha mesa, cos amigos, para rendirlle culto o Deus Bacon.

Fecha: 01/07/2004 12:20.


gravatar.com
Autor: peke

Esta foto podería ser o comezo ou o perfecto final dunha novela.

Fecha: 01/07/2004 15:12.


gravatar.com
Autor: Xosé Antón

É un acto social. Cando hai enterro vexo dende a fiestra da miña habitación como esperan na parada o autobús coas mellores galas e coa ledicia dun día de festa.

Fecha: 05/07/2004 02:17.



Autor: dorvisou

Xa sabemos dos cultos a morte no "país das benditas ánimas".
A primeira imaxen que teño dun defunto foi roubada. De neno, nas aldeas non non deixaban ir os velorios e unha vez fun axexar por unha ventá a casa dun veciño. A sensación foi moi forte, tanto ou máis que a última vez que vin outro defunto.Foi a dun rapaz colgado dunha escaleira ao abrir a porta da casa dunha amiga.
...Bueno, na aldea, mesmo nos levaban lonxe da casa cando mataban o porco polo S. Martiño e mira ti, que festa máis grande.

Fecha: 05/07/2004 11:12.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros