Autor: dorvisou
Este aire narcisista que me sopla na cara xa está xustificado.(Gracias peke por ese comentario que sirveu de mediciña para o corazón). Só uns post máis para darlle luz a esas cousas que esmorecen no trasteiro e pasaremos a semán adicada o agropop-art para ir preparando o campo da festa.
Fecha: 12/08/2004 12:43.

Autor: peke
Non sei se liches nos comentarios de por aí que no Faro de Vigo do domingo saíu unha reportaxe sobre a festa agropop-art. A autora fala dun movemento reivindicativo (qué manía de transcendentalizalo todo). Seica foi unha entrevista que lle fixeron a Paleón.
É curiosa esta foto. ¿É a base dun farol? Non lembro tal na miña aldea. Parece un demo sacando a lingua aos que pasan. ;)
Fecha: 12/08/2004 15:05.

Autor: peke
E o poema é tremendo. Supoño que agora sentes as cousas con máis acougo, sen tanta angustia. De máis novos é terrible a intensidade dos sentimentos; semellaría que o sufrimento nos abría en canal o corpo e a alma enteiros.
Agradezo o paso dos anos porque nos axuda a relativizar, a converter en folerpiñas o que eran intensas nevadas. Algo bo tiñan que ter. ;)
Fecha: 12/08/2004 15:10.
Autor: dorvisou
Non lin nada do agropop-art. A verdade é que algo do espíritu do agropop ainda reina neste povo galego.A natureza das persoas sofren desarraigos con ese cambeo tecnolóxico que experimentou a sociedade en tan poucos anos mentras a mentalidade da xente progresa ao relantin.
A foto é unha cañería do desaugue dunha casa na rúa do Villar.Foi nun deses días que sentín a necesidade de saber como se vía o mundo dende o chan.
Eu pasei vinte anos promentendolle a minha compañeira que o home até os cuarenta anos podía cambear e resulta, que o mesmo día que os cumplín díxome ela: "Ti non cambeaches nada, só o interpretas"...Mais coido que o interpreto mellor
Fecha: 13/08/2004 11:30.
Autor: Princesa Fiona
E logo despois dos cuarenta non hai posibilidade?? Teño un amigo de 43 ¿debería perder a esperanza?Saudos os dous.
Fecha: 13/08/2004 12:19.
Autor: dorvisou
Eu recomendaríalle cambear de amigo...jejeje.
A edade é unha mera cuestión de aptitudes. Hai darlle máis valor a cousas como a vontade, a saúde e non deixar de querer moito o neno que todos levamos dentro porque se morre ese neno apáganse moitas luces.
Fecha: 13/08/2004 18:34.
Autor: xisbe
Será que unha muller cando coñece un home xa pensa como sería se lle cambiara catro cousas?
Fecha: 16/08/2004 00:38.