Autor: dorvisou
E logo non sabe vostede que, agora con todolos adiantos tecnolóxicos que hai, calquer día do ano pode ser S. Martiño.
Fecha: 28/09/2004 03:51.

Autor: caladinha
Uaaaaaa!!!! Vaia ataque agudo de morriña... Vou chamar rapidamente á avoa a ver se esta finde toca cocido.
Fecha: 28/09/2004 09:27.

Autor: muralla
Eu quédome co título da foto, porque prefiero o marisco de "san Martiño" a os do mar.
Non sabia que tamen eras emigrante. Xa temos algo mais que nos une.Bicos.Muralla
Fecha: 28/09/2004 11:11.
Autor: pepe penas
Vendo a mercadoría que lle botan o bandullo xa entendo ben aquelo de : !Viva Lalín con razón ou sin ela!..o que me dea un pau doulle un peso, e se é de carballo trinta reais..
Fecha: 28/09/2004 16:29.
Autor: dorvisou
Caladinha, teño unha curiosidade, ¿que parte do porco che parece a máis sabrosona?
dorfun, ¿ que che parece unha tarta de limón para disimular na sobremesa?
Paleón, como este ano non haxa navizas para o cocido, a culpa vai ser túa. Os cd. xa subiron.
muralla, os dous "mariscos" son complementarios. Tódolos días a mesma cousa aburre ( falo da gastronomía)
Dous galegos na diáspora. Xa falaremos do tema.
¡ei pepiño! ¡árdelle ó eixo!
Esa fraseciña fai referencias as moitas pelexas que se libraban nos campos da feira e das festas. vamos, pura apoloxían do terrorismo
Fecha: 28/09/2004 21:14.
Autor: Akin
Pois a min pásame ó contrario, que prefiro o lacón e o chourizo.
Aínda que teño que recoñecer unha pequena fuxida cara o leste, o chourizo mellor cocido en sidra asturiana.
Fecha: 28/09/2004 22:40.
Autor: dorvisou
Vendell, se quere fágolle un reenvío.
Akin, unha das recetas máis xenuinas era aquela de envolvelo chourizo nunha berza e asalo nas brasas da lareira.
Fecha: 29/09/2004 02:35.

Autor: caladinha
orella!!!, espere, cachucha,!!, non, non os chourizos na berza!!, non os osos de soa!!!!
Aggg, non podo!
Fecha: 29/09/2004 09:37.
Autor: Vendell
Onte soñéi cun cocido, e hoxe déronme a probar un viño de Cariñena polos 14º plus que penso utilizar no primeiro cocido desta tempada.
Fecha: 30/09/2004 00:17.
Autor: dorvisou
Había alguén que era capaz de diferenciar uns trinta e oito sabores diferentes do porco. Asi que xa ves, caladiña.
Cariñena, tradición pura e dura. Eu teñoo probado nunha taberna que había preto da praza de María Pita, agora gosto máis dos Somontanos do Aragón alto. Concretamente un dos últimos que probei, e que recomendo, foi un Marboré das bodegas Pirineos.
Tamén vexo, pola reposta que tivo o post, que non se vos pode invitar a un cocido porque non chegaría un porco inteiro.
Fecha: 30/09/2004 02:03.

Autor: Jaio la espía
Razón lleva, Don Paco, razón lleva. Medio porco nos lo merendamos aquí en Bilbao. Hablamos de porcos de cuatro patas ¿verdad?
Fecha: 01/10/2004 01:08.
Autor: paleón
38 sabores, nunca o pensara. Eu teño un colega que di que o cocido é como o Rock and Roll: unha mezcla de sons (sabores) agudos e graves.
Fecha: 01/10/2004 21:21.
Autor: dorvisou
jaio, os porcos e os humans estamos condenados a entendernos.
paleon, ten moita razón o seu amigo. O cocido é un cóctel onde as diferentes sensacións fannos despertar os sentidos.
Fecha: 03/10/2004 11:16.