
Autor: peke
Preguntas interesadas (creo que os reis serán bos comigo, porque tamén fun boa e porteime moi ben): Calquera delas ¿pesa moito?, ¿cánto avulta; cabería nun peto do chaquetón? e a nai do año ¿cánto custan? Se non queres contestarme aquí, mándame un correíño, plis. Quedareiche agradecida eternamente. :)
(Non pregunto características técnicas, porque dou por suposto que, se che enchen o ollo a ti, son boas as tres).
Fecha: 28/11/2004 16:20.
Autor: dorvisou
A todo canto me pregunten serei quen de contestar aquí porque os parvos coma min non sabemos da hipocresía que governa este mundo.
Nesta pasada semán dixen que non a unha oferta de traballo que prometía convertir esta linda "mediocridade" na cova de Alí Babá e todo porque non quero máis do que necesito. Se me pregunta vostede que canto necesito, pois, tan só tería que mirar cara
a Gomera para saber se chovería mañan e entón si, pediríalle un paraugas para regalarllo a quen non se queira mollar.
Fecha: 28/11/2004 22:41.
Autor: dorvisou
En serio peke, ás reflex dixitais son todas un pouco cariñas. Esa canon EOS 10D que me pretou un amigo custa aquí en Canarias arredor dos 2000 euros, só o corpo da cámara porque ós obxetivos da mesma marca custan dende os douscentos até os oitocentos ou tanto como a propia cámara.
Fecha: 28/11/2004 22:45.
Autor: dorvisou
. A calidade e o prezo dun obxetivo ven marcado polo angulo de visión que se chama distancia focal, punto de luminosidade ou o prestixio da marca.
Fecha: 28/11/2004 22:59.
Autor: dorvisou
Tes razón peke, a capacidade de comunicación deste aparello é máis ben limitada.
Xa cho contarei.
Fecha: 28/11/2004 23:01.
Autor: dorvisou
¡Ay muralla! ¡ que triste é non poder decir aquelo que un quere contar ás veces!
Oxalá se cumplan os teus-meus desexos.
Bicos a tódalas Carmiñas do mundo.
Fecha: 28/11/2004 23:08.

Autor: pepe penas
Denantes os reis non lle levaban agasallos os rapaces de Dorvisou porque non viña nos mapas e non sabían del..pero agora dende que entran en ARROUTADAS..xa saben a quen lle teñen que levar una boa camara..Se pode ser que faga os retratos dende Dorvisou a Canarias.
Unha aperta.
Fecha: 29/11/2004 01:03.
Autor: dorvisou
Os reises de agora tiveron que acoplarse os tempos modernos. Só nos queda que o PSOE convenza os obispos tamén...jeje
Por certo, ¿sabes ti de onde é o Obispo de Ourense?
Non, pois investiga amigo, investiga. E xa o verás.
Fecha: 29/11/2004 10:15.

Autor: peke
As reflex gústanme; de feito, a cámara que teño é réflex, pero o problema é que pesan, e como no quero renunciar á fotografía, os trebellos modernos ofrecen máis posibilidades.
Por gusto, o que se di por gusto, mercaba unha reflex, pero... Cómpreme ser realista. Non podo investir tantos cartos nunha máquina que non poida usar con comodidade ou, simplemente, usar. O meu maromo podía protestar (e con razón).
Fecha: 29/11/2004 15:32.

Autor: pepe penas
Pois si..sei que en o Obispo de Ourense: Monseñor Luis Qinteiro Fiuza, natural de Sabrexo, Vila de Cruces..alí casou miña tía María.irmá da miña avoa Ramona de Cándido de Dorvisou.
Fecha: 30/11/2004 00:45.