
"...A paisaxe é fermosa porque os meus ollos atopan o lecer nela."(Manuel María)
DeSCoMPoSióN :
1_ alteración, corrupción, podremia, putrefacción
2_ desmembramento, desunión, división
3_ illamento, separación.
4_ disgregación, dispersión.
5- desacerto, desconcerto.
6- descompustura.
7- desorde.
8- diarrea, cagarría, furrica, furriqueira.
¿Alguén se atreve a clasificar nunha soa palabra o desastre urbanístico que se olla na foto?
Non vale enriquecerse, prevaricación...nin palabras mal sonantes que podan ferir a insensibilidade deses canallas, insensatos.
Autor: Paco Penas
Pepiño, non coñezo o camposanto onde soterraron o poeta taberneiro Avilés de Taramancos pero seica, alguén dixo" Ha de estar ben contento, leva boas vistas"
¡Vaia panteóns de luxo!
Fecha: 08/01/2006 23:33.

Autor: Marinha de Allegue
Quedei des-composta, des-concertada, des-.., des-..., despois disto que se pode decir.
Des-perten, des-perten e deixen de facer des-feitas!!!.
Des-pilfarrar o solo para empobrecer o medio...
Unha aperta con brio.
:)
Fecha: 09/01/2006 00:00.

Autor: Muralla
Un ladrocinio a Terra e máis o ser humano...
O poeta Avilés de Taramancos, tiña a taberna en Noia así que nesa ría debe estar enterrado, o que non sei de seguro é si está en Noia, ou noutro sitio.
Xa cho direi outro dia.
Bicos.
Fecha: 09/01/2006 12:39.

Autor: sonela
Se non é para unha película de extraterrestres a palabra que me sae é espantoso.
Biquiños :)
Fecha: 10/01/2006 13:10.

Autor: Artipractor
Primero, gracias por el Link!!
Segundo, es curioso el parecido con un cementerio e incluso con una pirámide. Todo gira alrededor de la descomposición, es inevitable!!
Fecha: 10/01/2006 21:39.
Autor: Paco Penas
Demasiado hormigón...Unha illa como a de Tenerife non se merece tan grande desfeita. O pior é que hai xente que se marabillará de tan grande obra faraónica.
Bicos e apertas para todos.
Fecha: 11/01/2006 01:27.

Autor: thirthe
iso é en Tenerife?, pois até chegar ao último comentario pensaba que era por aquí. Por Cangas...ou calquera outro lugar cunhas boas vistas ao mar. É que non sei se sabes que xa se lanzaron a urbanizar a costa, proxectos teñen...
Fecha: 17/01/2006 20:53.

Autor: E.F.B.
A min a verba que me ven os miolos, e LAMENTABLE pro, pensando o ben, quizais pecamos de egoístas, pois si enchen os furados das xanelas, de ollos, anque non todos sexan redondos, e miran a paisaxe (so miran pra diante) haberá moitos mais admiradores da NATUREZA.
Fecha: 06/07/2006 09:43.