Blogia
DoRViSou

A DaNZa DoS CaiuCoS

<center>A DaNZa DoS CaiuCoS</center>

Como cada mañan ao espertar, avelino, un vello pescador xubilado, séntase no porto dos cristianos ao abeiro da casa do mar coa súa cansina ollada perdida no horizonte do Atlántico, para ver os caiucos chegar.

 

Hoxe a feira de variedades no porto Dos Cristianos é de contrastes, barcos de cheos de turistas para facer excursións, veleiros que danzan ao son do mar e caiucos perdidos no tempo e no espazo cheos de inmigrantes desnortados, famentos, estafados e sobordetodo sen libertade.

Avelino pasa todas as mañans falando coa xente que se para a comtemplar esa estampa xa tan familiar para os que vivimos por estos lares. Avelino só se deixa levar por ese sentido do humor rancio e inoportuno dos que non atenden a razóns para repertir, cada vez que chega un caiuco " eses se non se rien de noite non se ven" ou mesmo" a eses dámoslle bocadillos e piden solomillo".

O triste é que non deixa de ser a sensación compartida dunha maioria do povo que aínda hoxe ten fora das illas máis dun millón de canarios que tiveron que emigrar nunhas condicións similares noutros tempos de fame e miseria. Ainda me atrevería a dicir, porque non, que así tamén pensan alguns politicos que viven cos ollos pechados a realidade dun problema social. Está claro que a diferencia é de cor.

 

 

Los Cristianos

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

9 comentarios

Paco Penas -

Toda a razón do mundo non chegaría para entender estas cousas. O home é un lobo para o home, un animal pouco racional en demasiadas ocasións como para falar de un ser superior.
Unha grande e sinceira aperta.

running -

A diferencia non é o color. Somos racistas coa miseria allea, poida que para non ollar a nosa.
Voamos tan por riba que hai tempo que perdimo-la perspetiva.
Unha aperta, irmán.

Paco Penas -

Graciñas Chapi.Verémonos prontiño, o día 23 estarei por aí.

Chapi -

Saúdos Paco. Non sabía desta faceta tan productiva túa. Ánimo e para adiante

chapi das cruces -

É incrible que lle demos a espalda a algo que nos aconteceu a nós como pobo aínda non fai moito. Está claro que a memoria é voluble e traizoeira

Paco Penas de Dorvisou -

Dalle señor un lugar onde soñar e alguén con quen compartir...
Esa fraseciña do teu blog resume moi ben as súas necesidades. O tema da inmigración é desconcertante, toda esa xente e inocente e victimas dun mundo inxusto e demasiado cruel.

Paco Penas -

De cando en vez non está demais darlle un "pinchacarneiro" a rutina da vida. Levaba cinco anos perdendo de dormir moitas horas neste recuncho e algo puntual, fíxome ver que tiña outras prioridades. Sabía que volvería, que non abandonaría esta espiral pero procurarei tamén facer outras cousas...agora só espero seguir sacando novas fotos e fedellando.
Unha aperta das de verdade.

SZ -

Benvido, tes razón.
Unha aperta

pepe penas -

¡apareciches meu primo!. Onde estiviches tanto tempo agochado?.O dos caiucos fai cavilar.
Unha aperta
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres