Ollando uns gráficos deste artigo deime conta de que os volcans só son un pequeno anticipo do que pode chegar a suceder coa terra algún día.
Fai uns días tremei no cume do volcán San Antonio,despois de ver
no centro de visitantes do propio volcán un documental sobor da última erupción do
Teneguía (1971). Co medo metido no corpo fun a dar un paseo pola coroa do cráter, a unha hora que xa non quedaba por alí ninguén, e pouco máis que camiñei dez minutos dos trinta que leva dar a volta. Eu non tiña medo de caer
no cráter . O que verdade me impoñía era mirar para o
outro lado.