O
Tajinaste é unha planta que vin por primeira vez en Canarias. Alguén me dixera que eran plantas que precisaban de certa altitude para alcanzala plenitude e vendo estes exemplares que encontrei fai uns días, pode ser ben certo.
Eu rematara de almorzar como os reis e sain a dar un paseo polos viñedos da bodega do restaurante
Tierra de Frontos , cando me encontrei con
estas señoritas e non puden máis que fotografialas para que, cando os efluvios do viño menguaran, saber que aquela beleza que cautivara os meus sentidos fora verdade.
Téñoos vistos vermellos e ata o ano pasado en Galicia, concretamente no xardín dun amigo en Dorvisou atopei unha cor violeta que si me deixou traspapelado. Pero así,con esa alegría de cores e no mes de xaneiro, non recordo.

Autor: pepe penas
Bonita planta e bonita foto. ¿Cando comes bebes viño só ou rebaixalo con auga da Fonte de Novello?.
Unha aperta
Fecha: 12/01/2007 21:00.
Autor: Paco Penas
Si Pepiño, pasei as vacacións nunha lagoa, nun lagar...jaja,
Agora xa retomei o pulso do máis terrenal...entrar ás doce...sair ás catro...entrar ás doce...sair ás catro...entrar ás doce...
Unha aperta
Fecha: 13/01/2007 11:08.

Autor: paideleo
Fermosa pranta.
Unha cousa, cando intento abrir a páxina nova de Pepe Penas sáeme unha de ciencia en inglés... unha cousa rara.
Fecha: 13/01/2007 20:19.
Autor: Paco Penas
Si home si... Pedriño, non lle digas nada que che bota os cans...a min chamoume burro e non sei cantas cousas máis...jeje.
Fecha: 13/01/2007 20:24.

Autor: pepe penas
O que pasa coa miña paxina e que hai veces que está caido o carallo do servidor..escapei dun, e non sei non sei...non vaia ser que sexa cousa de meigas. volvede a probar. Desta vez falo dun paisano noso.
Fecha: 13/01/2007 23:58.

Autor: Kike
Las imágenes y tus palabras son bonitas... Espero que podamos compartir más pensamientos.
Saludos.
Fecha: 20/01/2007 09:57.

Autor: rifenha
Menos mal que li o seu comentário sobre essas duas "senhoritas", porque quando vi a foto, semelharom-me símbolos fálicos...
Fecha: 28/01/2007 10:28.