PiNTo e MaRaGoTa...

mulleres galegas_3

Intentando poñer un pouco de orden nos caixóns das minhas fotos, van aparecendo algunhas que xa un tiña esquencido ou mesmo descubrindo outras, fotos que naquel día pasaron desapercibidas e hoxe as ves con outros ollos. O que si é verdade é que, co paso do tempo, a fotografía sempre axuda a abrir o baúl dos recordos para rematar empapandote de melancolía e outras sensacións.
Esta foto de hoxe recórdame aquela caldeirada de Pinto e Maragota que comín na casa do Rillote nunha aldea que se chama Leloio. Baixáramos a comprar o peixe a lonxa de Malpica e unha señora que vendía percebes , intuindo xa que era eu das terras do Deza,  metiume gato por lebre....Pero bueno a caldeirada estivo insuperable e aínda hoxe, mirando esta foto pareceme que ule e alimenta.
30/01/2007 09:26

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: pepe penas

Hai a quen non lle gusta o peixe..o pai dun amigo meu dicia: os peixes...os peixes...por min xa podian afogar todos

Fecha: 31/01/2007 00:28.


gravatar.com
Autor: Ninsesabe

Dijo eu que me parece que a aldea onde zampaches a caldeirada de pinto e marajota ven sendo Leiloio, cerca de Buño indo cara Razo, e que ademáis do pinto e a marajota comeches tamén a i...¿Ou non?
En canto á foto, é unha pena que agora o das subastas esté todo tan dixitalizado...Antes era mellor, dijo eu.

Fecha: 01/02/2007 17:36.


gravatar.com
Autor: rifenha

Agora, por náo haver, nem há subastas. Vendem tudo no mar, polo telemóvel, e os camiões levam ao Muro.
Alomenos, em Camarinhas é assim.
O peixe préto que se pode comer, é o de algúm que vai com sua gamela, e depois a mulher vende na praça.

Fecha: 02/02/2007 12:29.


gravatar.com
Autor: Gloria

Sempre me atrajeron las subastas de pescado... es curioso ver tanta mujer. Las que yo he he conocido habían mas hombres.
Estas muy callado ultimamente, espero que todo vaya bien.
Besiños catalanes.

Fecha: 17/02/2007 10:11.



Autor: Paco Penas

¡Eh...que aquí desaparece todo, os meus comentarios, os posts do mes de Febreiro...! Como sabedes Blogia tivo problemas co servidor e parece que as cousas andan un pouquiño lentas. Espero que pronto todo volva a normalidade.
Un bico a todos.

Fecha: 18/02/2007 01:34.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

portada_1

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros