...................
... Xa o dicía Xosé Vázquez Pintor cando nos falaba de Pepe das Cruces na Solaina de Piloño. "O Practicante astrónomo que soñara unha garita para ver a galaxia, e que vestía traxe e chapeu noviños; zapatos de cocodrilo e unha neta luminosa, ao xeito dos días e das horas máis felices"
Aínda non son quen de palpala realidade. Vivo acubillado nun sono...moi agradecido.
Xa volo contarei á volta, no camiño...
Autor: Paco Penas
Graciñas Mercedes.
Non é doado mais hai que levalo como millor se poida. Cheguei contra reloxio e as obrigas non perdoan. Pouco a pouco irei recuperando o pulo no tempo para disfrutar da realidade e tamén da memoria duns días de vacacións inolvidabels.
Bicos e alumiños, raiña.
Fecha: 19/07/2007 12:08.

Autor: Mario
Que todos os soños sexan tan fermosos e que se che repitan todos os anos (has de avisar cando veñas). Apertas.
Fecha: 19/07/2007 20:34.

Autor: pepe penas
Benvido. O unico xeito de saber de ti e este aparello, compañeiro. Estiveches pola terra pero somentes te ouvin falar. Cando era neno o mesmo me pasaba co cuco: sentíao canta pero nono via..
Fecha: 21/07/2007 00:08.

Autor: peke
Volviches por fin!!!!! Mágoa que non puideses vir por Ribeira e ver a nosa verdadeira casa. Encantadísima da túa volta, supoño que recuperado de vez.
Fecha: 21/07/2007 01:26.
Autor: dorvisou
Mario, coido que non se dará esa coincidencia todos os anos, xa me gustaría. Foi un pracer compartir na Solaina. Apertas.
Pepiño, estabas na axenda...outra vez será. Estas vacacións paseinas doutro lado da Madanela :-)
Saúde e terra.
Peke, minha peke...estou volvendo a modiño, paseniñamente, sen presas. Só agardo dun tempo free para as minhas cousas.
Bikos.
Fecha: 22/07/2007 03:17.
Autor: Beatriz
uns veñen, outros van....
e mellor se ves contento da terriña, do acubillo da xente, das paisaxes incribles...
eu irei a partir do 29 e estarei ata o 20 de agosto. xa teño ganas de ver os olliños que porá miña nai cando estea coa pequerrechiña.
bicos e benvido!!!!
Fecha: 23/07/2007 00:06.