HoRaS FeLiCeS...
...................
... Xa o dicía Xosé Vázquez Pintor cando nos falaba de Pepe das Cruces na Solaina de Piloño. "O Practicante astrónomo que soñara unha garita para ver a galaxia, e que vestía traxe e chapeu noviños; zapatos de cocodrilo e unha neta luminosa, ao xeito dos días e das horas máis felices"
Aínda non son quen de palpala realidade. Vivo acubillado nun sono...moi agradecido.
Xa volo contarei á volta, no camiño...
7 comentarios
Beatriz -
e mellor se ves contento da terriña, do acubillo da xente, das paisaxes incribles...
eu irei a partir do 29 e estarei ata o 20 de agosto. xa teño ganas de ver os olliños que porá miña nai cando estea coa pequerrechiña.
bicos e benvido!!!!
dorvisou -
Pepiño, estabas na axenda...outra vez será. Estas vacacións paseinas doutro lado da Madanela :-)
Saúde e terra.
Peke, minha peke...estou volvendo a modiño, paseniñamente, sen presas. Só agardo dun tempo free para as minhas cousas.
Bikos.
peke -
pepe penas -
Mario -
Paco Penas -
Non é doado mais hai que levalo como millor se poida. Cheguei contra reloxio e as obrigas non perdoan. Pouco a pouco irei recuperando o pulo no tempo para disfrutar da realidade e tamén da memoria duns días de vacacións inolvidabels.
Bicos e alumiños, raiña.
Mercedes Seixo -