Blogia
DoRViSou

O CauDiLLo Do DeZa

IMG_1785-1

"A morte de calquera home
diminúeme porque estou ligado
á humanidade; por conseguinte
nunca fagan preguntas por quen dobran
as campás : dobran por ti."

John Donne

(1572-1631)

O 28 de Decembro non é un bon día para morrer, sempre corres o risco de que cho tomen a broma. Ou polomenos eso foi o que pensei eu, fai un pouco, cando entrei na voz de Galicia como cada noite. Vamos, que quedei de pedra ao bater coa nova do falecemento de Xosé Cuiña, dicíndome a minha compañeira" Non fagas caso que che é unha inocentada" . Mais deseguida me dei conta de que as inocentadas da voz non teñen ese senso.

Morreu un home, o político xa morrera antes, e agora con serenidade e reflexión toca acompañar esa familia nestes tristes momentos. Non é o día de facer balances nen xuicios. A historia e o tempo falará por nós, mais do que non teño dúbida é de que nesta noite, nas terras do Deza, non dobraran as campás, redobraran.... anque só sexa porque é de ben nacidos ser agradecidos.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

4 comentarios

Paco Penas -

Pois claro que si, Meris. Galiza estaba en débeda coa comarca do Deza, sempre foi unha comarca marxinada. Xa ía sendo horas que alguén se preocupase un pouco do rural, Anque digan algúns que dúas pesetas en asfaltala pista e tres a butxaka...

Meris -

Eu considerome apolitica, nin dun bando nin doutro. Pero son dezana, e agradezolle varias cousas que fixo pola sua terra. E de todas formas a morte de alguen sempre é unha lástima.

Paco Penas. -

Agora moitos desexaran que o enterren debaixo dunha boa capa de cemento lonxe dun río ou dunha "fraga", xa o sei...
Pero, Sr anónimo, eu íalle de pequeno a festa a súa casa. A familia do caseiro comíamos aparte, pero comíamos. Que quere que lle conte...
E tamén lle diría da última visita que me fixo a Sra Isolina fai uns meses, cando me trouxo uns chouriciños da súa colleita. Ademais do detallazo, de deixarme setenta céntimos de euro de propina despois de comer. E digo detallazo porque mos dou na man. Non mos deixou alí tirados na mesa, como unha esmola... e tamén entendo que oito millóns de euros non dan para moito máis...¿entende?.

Anonimo -

É de ben nacidos ser agradecidos.. pero que hai dos que non lle temos que agradecer, máis ben o contrario??


Morreu un home, iso sempre é unha pena...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres