BaiLaNDo NuN CRiBo...

DSC02577

Non son un home que me lembre moito dos soños consumados, non son dos que lle poñen tino...mais acabo de regresar dun que aínda teño morno e vouno intentar debullar cunhas cantas palabras prestadas.

"Coido que estábamos nun concurso e tíñamos unha morea de cousas acima dunha mesa, pero deseguida cada quen facendo gala da súa cobiza humana, arramparon con todo deixando a este parvo da aldea sen nada.

Ollando unha rapaza que vertía por fora das cousas todas xuntas que pillara, escomencei a berrar chamándolle de todo canto malo se pode dicir do ser humano. Despois, arrepentido, refuxieime nun cuarto, tomei un gin-tonic e decidin fuxir do lugar. Cando xa me ía, abreuse a porta e un desfile de miradas distantes e indiferentes deixáronme de pedra.

Ao final, apareceu aquela rapaza que fora victima do meu xenio e como non tiña nada máis que perder, acerqueime a ela para pedirlle desculpas sen esperar nen que me escoitara como é costume na nosa estirpe.

¡ Ou, mais cal sería a minha sorpresa! ...cando levantou os brazos para abrazarme e con certa docilidade susurrarme nos ouvidos:

"Que grandes valores atesouramos e que pouco avanzamos no camiño"

 

10/03/2008 12:13 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Suso Lista

Debe de ser así desde o comenzo dos tempos.

Fecha: 11/03/2008 20:41.



Autor: Paco Penas

Será que somos fráxiles coma memoria...herdámola teoria pero non a experiencia.
Saúde e república.

Fecha: 14/03/2008 12:44.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros