Facebook Twitter Google +1     Admin

O PoTe De PiLoÑo

O Mesón  Restaurante " o pote " de Piloño é un dos meus referentes gastronómicos. Unha casa onde,  ademais de  reanimar  corpos debilitados, reconfortan o autoestima e aguilloan o instinto da amistade.

Eu, cando chego a Piloño xa teño fame. Unha fame de raras sensacións. Os poros da pel ensanchan a minha felicidade facendo de sumidoiro cara aos sentidos. Se chove, chove, se fai sol, fai sol...

Peixe da ría e marisco do cortello, leitugas e cenorias da súa horta, filloas recheas de melindres e tentadores viños de pecadores bacelos. Cociña tradicional feita con ideas modernas.

Máis unha dos grandes tesouros que acaudala este facenda reside na nobleza humana de quen o goberna.  Fai uns cantos anos forón Luis e María quen poñeron a primeira pedra do santuario. Na hora da comida, María metíase na cociña e luis, lito na man, servía con certa maestría. Despois, nas horas mortas, carretilla, pedra e cemento...

Hoxe, é X. Luis e Maribel quenes están ao frente do negociado. Xuventude, profesionalismo, ilusión, moito traballo...ingredientes suficientes que fixeron florecer, nesta terra de Piloño, outro  oasis no deserto

Asi que xa sabes, antes de ir ao médico, proba coas recetas do mesón " O POTE" e chama ó 986 56 61 08 para pedir cita.

Para chegar podes facelo desde Santiago por Boqueixón, Ponteledesma, Camanzo...

Desde Lalín por Vila de Cruces...ou por Silleda a Vila de Cruces...ou A Bandeira, merza...

Desde Arzua cara á Dombodán, Portodemouros, Carbía...

 

 

03/09/2008 02:23 dorvisou #enlace. Galiza Calidade

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.comAutor: Marinha de Allegue

Haberá que ir alá e probar logo, parece que promete...

Apertas Paco

Fecha: 02/09/2008 23:32.


gravatar.comAutor: Meris

Mi madriña! Ese churrasquiño da de Santiso... Teñome posto ata as cellas de ese divino manxar. So de recordalo faiseme a boca auga... Hai sitios moi bos, pero como o churrasco de Luis do Pote coido que non.

Fecha: 03/09/2008 09:44.


gravatar.comAutor: Chousa da Alcandra

Quédame clariño que hai que pasarse por alí. Eu son de bo comer, de modo que...se as viandas son como dis, e o esmero na elaboración é o axeitado...levarei o pantalón floxo

Fecha: 04/09/2008 18:25.


gravatar.comAutor: eMi

Madre de Deu, ¡qué bien vivís en esa tierra!
¿Podrías decirme quien canta en el video? Gracias Paco.

Fecha: 04/09/2008 22:41.


gravatar.comAutor: O Raposo

Tomo nota por si un día paso cerca.

Fecha: 04/09/2008 22:45.


Autor: Paco Penas

eMi, o grupo é FUXAN OS VENTOS.
Graciñas a todos `pola visita. Nestes primeiros días de Setembro andiven un pouco afastado desta lagoa. A volta á casa da princesiña, a mamaiña, que como cada ano ven aos baños...
BICOS sen xeito para todos.

Fecha: 08/09/2008 23:25.


gravatar.comAutor: Sole

Coincido contigo, O Pote, es un lugar de referencia. Lo conocimos un día que andábamos buscando castros. La cocina nos enamoró, pero cuando el chef empezó a hablar de su entorno con tanto cariño, trasformó su restaurante en un sitio muy especial para nosotros.
Un bico

Fecha: 16/09/2008 20:52.


gravatar.comAutor: Rubén

Otra vez será...

Fecha: 17/09/2008 06:58.


gravatar.comAutor: Chousa da Alcandra

E pechará en Novembro?. Onte a iso das nove do serán chamei cando pasaba por Lalín, co ánimo de ir cear alí e...non tiven resposta. Pq o teléfono que indica no post é correcto ou?
(Non sufras moito, que sin cear non pasei; pero xa me leva ansia coñecer O Pote)

Fecha: 02/11/2008 13:51.


Autor: Paco Penas

Chousa, pecha os luns e os martes pero tamén é posible que o faga no mes de Novembro por vacacións. E sobor do quedar sen cear, polas terras do Deza, mesmo parece imposible, pois en calquer casa dunha aldea farían uns ovos caseiros que superarían en moito os de Lucio, para colmar de felicidade a un home xeneroso coma ti. :-)

Sole, xa sei do teu amor pola terra.

Rubén, grazas pola visita.

Fecha: 02/11/2008 22:55.


Añadir un comentario



No será mostrado.

(opcional)







DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Archivos

Enlaces


Blog creado con Blogia.
Blogia apoya: Fundación Josep Carreras y los Premios Bitácoras.com 2012 (medio oficial RTVE.es)

Contrato Coloriuris