Blogia
DoRViSou

TaLLeR De CiNe

 

De impresionante podería calificar a minha experiencia no taller de cine. Xamais pensei que na preprodución , na rodaxe e aínda despois nunha montaxe dunha película houbese tal tinglado orquestado. Agora tamén sei que no cine 3+3 non son 6. Para un corto de tres minutos fixeron falta duas horas e media de gravacións , unhas 20 horas de traballos, doce persoas, catro caixas de cervexas, uns tres dúcias de bocatas, uns tres cartón de malboro...e todo sen contar o tempo perdido pedindo de porta en porta (Tres coches de luxo, unha caixa de mortos....) ou mesmo ter que botar man dun de nós por non chegar algún actor seleccionado nun casting. Tamén é certo que isto pasa cando se fan as cousas por amor ao arte, se lle pagáramos mil euros por xornada durmiría na porta dúas noites antes. Se lles conto que fixemos dous... nuns días xa estaran listos para colgar na rede.

IMG_8115

Gustaríame destacar deste taller, a calidade humana do grupo, un grupo tan diverso (Venezuela, colómbia, Chile , Argentina, Cuba, Galiza, Andalucia, País Vasco, Canarias...) que dende o primeiro momento demostrou que, cando hai corazón e vontade o camiño é sempre de rosas, non de pedras. Tampouco podería deixar de falar das persoas que dirixiron o taller, a súa capacidade creativa e os seus coñecementos técnicos son de categoría, así o demostra a seu curriculum e non tardarán moito tempo en soar os seus nomes nos mellores festivales de cine do país.

Eu só pregunto, ¿que fago eu falando de cine?... eu, que unha das últimas veces que fun ao cine foi en Compostela porque chovía, estaba de resaca e non tiña onde botar unha sesta. Xa o vedes, non hai como non ter frío cando non se ten abrigo :-)

Un abrazo, meus amigos.

¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres

8 comentarios

nina -

Crei que el Indio y el Chino eran los dos potenciales emergentes, pero como de la Peninsula Iberica los más representativos en el mundo son ustedes los gallegos VIVA LO GALLEGO

Paco Penas -

Chousa, eu tamén xogaba co meu fillo, tíñamos unha mesa mezcladora e facíamos as nosas películas. Tíñamos unha productora que se chamaba "caralladas feitas na casa"... e que nós os dous fomos rapaces ao mesmo tempo, jeje

Manuel, estou a espera do DVD para amosalos resultados.

Raposo, a arte ten que estar sempre presente en todo canto fagas. É a esencia da vida.

Nina, xa o dixen, o galego e o chino son os idiomas do futuro. En canto o que no0s fixemos un a outro, jeje ¿ que pensará a xente, meus deus?, xa o faremos público noutra post.

Chousa da Alcandra -

Paco: Andiven mirando de ver o teu enderezo electrónico no blog e non o vexo por ningures. O certo é que quería comentarche algo e...poderías ti enviarme un mail ao correo que figura no meu blog, por favor?

nina -

Como puedes ver sigo tú blog Gallego, gracias a ti y a tús amistades estoy aprendiendo a leerlo e interpretarlo pero me perdonen de momento no se escribirlo ( El Gallego) FELICES FIESTAS Y PROPSPEROS CARNAVALES

nina -

Persona estamos esperando tu montaje de la fantastica fiesta del domingo .
Llamame egoista pero me tienes intrigada quiero ver la que nos hicimos el uno al otro. cuidate un montón saludos a la famili besos

O Raposo -

Por amor o arte, e por amor as cervexas!!

Manuel L. Rodrigues -

Pois só cabe agardar o resultado de tanto traballo.
Esperemos que podamos ter acceso a el

Unha aperta.

Chousa da Alcandra -

Eu xa fixen algúns "pinitos" en plan chapuzas total con unha cámara de , un reproductor e un equipo de música. E así todo a pedal.
Agora cando o vemos (so na casa, naturalmente, esgazamos coa risa. Alomenos serve para facernos rir.

Seguro que taller ao que asistiches che reportou moita máis bagaxe que a miña experiencia con cincoenta cables...
¿Y esta publicidad? Puedes eliminarla si quieres