O SoN Do GalPóN

 

 Unha das minhas debilidades nas vacacións é ir a  praza de abastos de Santiago de Compostela, a mercar ou a comer cos ollos. E este pasado verán, xunto do meu "colega" Uxio, achegámonos a ela para  facer unhas fotos e almorzar despois polo casco vello, pero chegamos ao mercado e fomos directamente ollar o peixe bailar e  bateron os nosos ollos nuns percebes que deseguida nos fixeron cambiar de plans. Aquela mañán íamos darlle unha sorpresa as nosas mulleres, colleríamos dos kilos de percebe, uns san martiños, botellas de albariño e regresaríamos á casa para preparar un tenderete do carajo.

Pero como tíñamos o coche na praza de Galicia, baixamos pola rúa do villar ata que chegando á praza do Toural escoitamos uns acordes que nos fixeron deixar no chan as bolsas dos percebes, do peixe e do albariño para escoitar un pouco aquel concerto que prometía caña da boa... no palco,  SoN Do GalPóN a golpe de violin, guitarra, baixo, batería e unha voz (a de Gael) para secuestrar a nosa vontade e facernos cambiar na mañán outra vez máis de plans, e deixar as nosas queridas mulleres sen comer :-(  .

Alí estivemos, disfrutando daquel concerto bravú da música emerxente do país ata que se fixo o silenzo de pedra no Toural. Cando chegamos a Prevediños de volta, xa estaban durmindo tod@s a sesta. Cocemos un kilo de percebes, fritimos un san martiño e bebemos duas botellas de albariño,

para rematala tarde ( por un día, que conste eh) sen saber quen era o pai nen o fillo. :-)

 

 

19/01/2009 13:51 Autor: dorvisou. #enlace. Tema: Ecce Home.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Chousa da Alcandra

Despois de zugar un kiliño de percebes e ilos mollando en duas botellas de albariño...madia levabades vos a non saber moi ben quen era quén...

Fecha: 19/01/2009 22:27.



Autor: Paco Penas

Si, só nos faltou fumar un peta, jajaja. E que agora as relacións antre os pais e os fillos é a ostia. Ás veces (como eles non o fan)ata lle pedimos consellos :-)

Fecha: 19/01/2009 23:19.


gravatar.com
Autor: peke

Bo xantar e bo beber. Como te coidas.

Fecha: 20/01/2009 10:40.


gravatar.com
Autor: Carlos Sousa

Ir a mercar, escoitar boa música na rúa, comer, beber, boa compaña. A iso si que se lle pode chamar un día de festa, con exaltación da amistade incluída e toso.

O peor dubo ser cando despertou o resto.

Un saúdo.

Fecha: 20/01/2009 17:07.



Autor: Paco Penas

Peke, xantar está ben pero beber dese xeito non axuda nada a coidarse :-)
Carlos, a minha familia é xenerosa canto queren, só por vernos felices a nós os dous non lle importa quedar sen comer.

Fecha: 21/01/2009 02:17.



Autor: Meris

Eu vin este grupo actuando de teloneiros nun concerto no Multiusos do Sar. O certo foi que me sorprenderon gratamente e ainda que non coñecia as suas cancións, paseino moi ben.

Fecha: 21/01/2009 09:35.


gravatar.com
Autor: paideleo

Como diría o do equipo A; dá gusto cando os plans saen ben.

Fecha: 23/01/2009 11:32.



Autor: Paco Penas

Meris, a min tamén me sorprenderon e gustaron moito. A praza do Toural, o ambente da mañán, a compaña do meu rapaz, foron un montón de cousas...

Paideleo, a minha compañeira sempre di "que ben se está cando se está ben " :-)

Fecha: 29/01/2009 00:32.


gravatar.com
Autor: o ferreiriño de paxariñas

E meu irmán di " se estás ben, non te movas.

Fecha: 25/02/2009 22:42.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros