Meme das Larpeiradas

IMG_4928

ZooM

Xa tiña pensado facelo, pero agora que o raposo me fixo unha invitación oficial, imos a elo.

Como todos sabedes as condiccións son as siguentes:

  1. Ao recibir o meme, engades o lote que vas a sortear no teu blogue.
  2. Envia-lo a tres persoas
  3. E o dia 28 de febreiro realizas o sorteio, dando a coñecer o afortunado no blogue e rematando, claro está, enviando o producto ao gañador.

Eu, que vivo en Tenerife, tiña pensado sortear algunha delicatessen chicharreira, pero como a palabra larpeirada aínda me transporta ao berce das minhas primeiras sensacións, vou sortear o día 28, unha pequena degustación de productos galegos e albariño das adegas Castro Brey da parroquia de Camanzo, no restaurante O POTE de Piloño, Vila de Cruces.

O número de cada un será o que lle corresponda por riguroso orden dos comentarios, ( PRIMEIRO COMENTARIO  = Nº 1... ). O número afortunado sacarao do saco a man inocente da minha queridiña Iria,  deixando o resultado ao día siguente no meu blogue e xa que non vou facelo diante dun notario, acompañareino dun pequeno video do momento para dar creto do acontecemento.

Agora ben, se o afortunad@ estivese casado ou en relación, aceptaría que viñese acompañado, só coa condición de que nos soporten como anfitrións a min e a minha compañeira  :-).

A oferta tamén se ampliaría a un pequeno recorrido por algún belo paraxe das terras do Deza, sendo parada obrigada na minha aldea de DORVISOU e tamén na SOLAINA DE PILOÑO Unha das condicións imprescindibles para concursar é que todos participen do traste galego.

As datas? O último fin de semana de Xuño ou a primeros de Xullo, unha vez que coñeza o afortunado xa concretaremos detalles.

E, cumprindo co mandato vou nominar a unha galega de conta PRO.... LA CAJA DE LOS HILOS (e digo galega de conta pro, porque para ser galegos fai falta algunha cousa máis que nacer na Galiza, como decía Castelao, e ela, anque non naciu na Galiza,  ten esa cousa...) A Manolo, non o vou a nominar, non se pode facelo dúas veces detrás da mesma porta.

2ª nominación, porque sei de boas fontes que estivo coqueteando co meme pero aínda non se decidiu, PORTO DOS ESCLAVOS

E a terceira entrega, aos premios galegos, vou nominar a NINSESABE, por moitas razóns, pero unha delas é que teño contas pendentes con el :-)

Eu xa apostei polas larpeiradas de Paideleo, Manuel L. Rodríguez, o blog de L&M, Chousa da alcandra, Zeltia, Disfruta da vida, Dende Areas cara a ponte, Mencía,  La vida a cuestas,

Santo2000, Na antesala,

Ao pe do farelo, Morrocantando,

Cuspe de Pita,   La caja de los hilos   Artabria    ...e seguirá

Restaurante El Rincón Del Arroz

ZooM

 

15/02/2009 19:57 #enlace. Tema: Galiza Calidade.

Comentarios » Ir a formulario

gravatar.com
Autor: Carlos Sousa

Pois claro que me apunto á degustación. Moi orixinal o premio, a ver se hai sorte, que eu soporto o que sexa.

Unha aperta.

Fecha: 15/02/2009 14:37.


gravatar.com
Autor: paideleo

Apúntame o número dous e que a sorte me acompañe !.

Fecha: 15/02/2009 23:10.


gravatar.com
Autor: Chousa da Alcandra

Dame por apuntado!!
Mimadriña; e non haberá xeito de sobornar á Iria?????

Fecha: 15/02/2009 23:45.


gravatar.com
Autor: Zeltia

o 4 para min! mi madriña, iste meme vai aumentando en calidade, agora xa degustación e excursión con guía e todo! :)
Eu non coñezo ese restaurante que puxeches no youtube; en Vila de Cruces sempre vou a unha casa de comidas que hai enfrente da gasolinera de Gres

Fecha: 16/02/2009 01:22.


gravatar.com
Autor: l&m

isto supera todo o imaginado! que bárbaro! eu também quero número. e se nom me toca já me metes-te a curiosidade e aponto visita obrigada a estes lugares tam incriveis!
beijos

Fecha: 16/02/2009 09:44.


gravatar.com
Autor: Uxio

bueno...eu espero que por ser o fillo, nadie me impida escribir o meu comentario...e con un pouco de sorte, ainda que non me toque, irei igual jaja

Fecha: 16/02/2009 10:47.


gravatar.com
Autor: Sergio Mella

Ben, e se agora faco 89 comentarios? que pasa?. Non o farei, serei limpo e legal. Tócame o sete e que conste que non deixarei de levar a miña muller ¿temos que presentar o libro de familia ou fíaste. Interesante iniciativa. Aproveito para diciche que me gustou moito a túa participación no programa de radio, dixeches un par de cousas que me chegaron ó fondo. Un saúdo e que haxa sorte

Fecha: 16/02/2009 10:52.



Autor: Barreira

Pois eu tamen quero número para ese festín.
Xa ves que en Galicia as boas comidas moven montañas.
Saudos.

Fecha: 16/02/2009 14:41.


gravatar.com
Autor: vermella

eu a vostede doulle o nº08 para os percebes e quedo apuntada para a visita con paparota incluída.
saúdos.

Fecha: 16/02/2009 18:02.


gravatar.com
Autor: Artabria

Veña oh, dame número a min tamén, aínda que prefería unha viaxe ás illas cos gastos pagos......pero bueno......

Fecha: 16/02/2009 18:36.


gravatar.com
Autor: Senda

mimá que ben pinta isto, eu tamén me apunto. Bicos

Fecha: 16/02/2009 21:16.


gravatar.com
Autor: Raposo

Rediós, Larpeiradas e recorrido turístico!! Apúntome, apúntome.

Fecha: 16/02/2009 23:57.



Autor: Paco Penas

1- Carlos Sousa

2- Paideleo

3- Chousa da Alcandra

4- Zeltia

5- L&M

6- Barreira

7- Vermella

8- Artabria

9- Senda

10- Raposo

...Así van as cousas ata o día de hoxe.

Á XENTE DE LUCANUS (Sergio Mella, Uxio e tamén Antonio)non lle dou número porque están invitados cando queiran, canto queiran e como queiran :-)

Fecha: 17/02/2009 01:22.


gravatar.com
Autor: Manuel

eeeeeepa!!!

Eu tamén me apunto. Unha aperta

Fecha: 17/02/2009 18:05.


gravatar.com
Autor: Sole

Ehhh y yo que estoy nominada tengo número en el sorteo?
Me encanta la idea.
Un abrazo

Fecha: 17/02/2009 22:39.


gravatar.com
Autor: mer

Bueno, bueno, qué luxo!!
A mín convidoume Carlos Sousa ao meme e aínda ando a pensar nos productos que sortearei, de momento teño un.
Esperarei a que me veña a inspiración neste fin de semana e a partir do luns poderedes todos entrar no sorteo.

MOITA SORTE PARA TODOS!!

Fecha: 18/02/2009 11:58.


gravatar.com
Autor: Ninsesabe

Non dis nada de se pode un sacar máis dunha rifa...Bueno, esta é a primeira. Mañán, se cadra, deixo outro comentario. A ver que fas.

Fecha: 18/02/2009 21:38.



Autor: Paco Penas

¡A ver... unha cousa e o que é e outra o que me gustaría que fose!
Eu quero ser un animal políticamente correcto nesta vida, na outra serei un corazón que non atende a razóns, pero en este sorteo só poden ser partícipes aqueles que posteen o traste galego das larpeiradas no seu blog. De feito nen lle din rifa ao meu fillo Uxio, nen a Sergio Mella porque eles teñen unha cita conmigo nas minhas vacacións; agora ben, tamén quero salvar aos meus nominados, e posteen ou non posteen sobor do traste galego darei número a "la caja de los hilos" a "o porto dos escravos" e a "ninsesabe"...
Así que seguimos sumando.

1- Carlos Sousa

2- Paideleo

3- Chousa da Alcandra

4- Zeltia

5- L&M

6- Barreira

7- Vermella

8- Artabria

9- Senda

10- Raposo

11- Manuel

12- Sole

13- Mer

14- Ninsesabe

Fecha: 19/02/2009 01:35.


gravatar.com
Autor: mencia

espero non chegar tarde para coller número, e que ando un pouco liada co netiño.
Apertas.

Fecha: 19/02/2009 17:47.


gravatar.com
Autor: Julio Couxil

Eu tamén quero participar no voso sorteio.
Dareivos o voso númaro cando reciba o que me concededes a min.
Apertas saudosas

Fecha: 25/02/2009 21:53.



Autor: Paco Penas

E xa en víspras de festa, así vai o conto...
1- Carlos Sousa

2- Paideleo

3- Chousa da Alcandra

4- Zeltia

5- L&M

6- Barreira

7- Vermella

8- Artabria

9- Senda

10- Raposo

11- Manuel

12- Sole

13- Mer

14- Ninsesabe

15- Mencía

16- Julio Couxíl

17- ¿quén será...Anxo Quintana, Touriño, Feijo:-(?

Fecha: 26/02/2009 02:41.


gravatar.com
Autor: o ferreiriño de paxariñas

Se xa non queda nº. gárdame unha silla, unha esterilla no chao ou un coxín é a coxón como coxón é a X, non me perdo o comilón aínda que me coste dúas X. cariños.

Fecha: 27/02/2009 21:53.


gravatar.com
Autor: Zeltia

tckis!!!

ainda non deches o premio!

A ti no meu blog non che tocou, meu rei...
pero terás viño da ulla para beber o que queiras cando vaias á terriña no verán ¿non si?

veña, home, bule, que quero saber se son eu a gañadora!

Fecha: 28/02/2009 02:22.


Añadir un comentario




No será mostrado.






DoRViSou

Perfil de Facebook de Paco Penas

Temas

Archivos

Enlaces

MeuS eNReDoS

AULA DA NATUREZA

FOTOGRAFÍA

BLOGS AMIGOS

NA LAREIRA

Otros