
ZooM
Nesta visita a un tempLo lembramos con encanto aquela sorpresa que nos levamos na Ribeira Sacra. Coido que foi no monasterio de Santa Cristina de Ribas do Sil, en plena natureza de castaños e carballos. Entramos e deixándonos levar polas sensacións de sosego que nos transmitía aquel remanso de paz, encaramos sen perder detalle ata o altar maior, e de súpeto unhas notas celestiales de flauta sonaron como se fosen os propios anxos de pedra que nos recibían con certa pleitesía.
Pasiño a pasiño, aínda sorprendidos, fomos achegándonos ao fondo e cal non sería a nosa sorpresa, ao atopar alí nun recuncho un mozo tocando con maestría e á espera da nosa xenerosidade divina.
Gústanme estes espazos, para reflexionar, para sentir...ou mesmo para tomar o fresco.

ZooM
Autor: Chousa da Alcandra
Se che digo que estás mellorando moito na fotografía, igual te me cabreas pensando que as que poñías antes non me gustaban; así que comentarei somente o texto:
Nin unha falta de ortografía, oes!!
Fecha: 28/05/2009 17:58.
Autor: Paco Penas
Sr. Chousa, as opinións dos amigos non me cabrean, só me axudan a facer mellor as cousas.
En canto a súa sorpresa pola ausenza de erros ortográficos, direille que foi todo froito da casualidade :-)
Para min sería moito máis doado adicarlle o meu tempo ao photoblog, onde con poñerlle título as fotos xa teño, e non acompañar as fotos con textos. Pero, aquí está a cuestión, con este notable exercício practico e aprendo as artes do oficio. Vostede, listo como un cuco, que nunca aniña, sempre pon o ovo no niño doutro e é o outro o que o cría,(isto non ven a conto de nada, jeje) xa sabe da cultura que pode ter o taberneiro, que pouco máis fai que tocar de oido.
Esperando poder contarlle máis este verán preto de Antas.
Unha aperta das de verdade
Fecha: 28/05/2009 21:11.
Autor: Carlos Sousa
Xa me imaxino o medio canguelo que tivestes que coller. E que iso de entra nunha igrexa vacía, fresquiña, relaxante... e de repente esa musiquilla... Un bo guión para una peli de terror.
Moi bo, e as fotos tamén.
Unha aperta
Fecha: 30/05/2009 16:53.
Autor: Paco Penas
As fotos poden chegar a eso, Barreira. E ata recender, só temos que creelo, jaja
Carlos, a vida está chea de guións, uns para dramas e outros para reir.
Un bico para todos.
Fecha: 01/06/2009 12:18.
Autor: Cheap Coach Handbags
I think I will become a great follower.Just want to say your story is striking. The clarity in your post is simply striking and i can take for granted you are an expert on this subject.
Fecha: 15/06/2011 09:59.