|
Se muestran los artículos pertenecientes al tema PHoTo FRiDaY.
23/12/2007
THe BeST oF 2007
PHoToFRiDaY Cando chegan estas datas somos moi dados a facer un pequeno resumen do acontecido ao longo do ano. Para moitos o millor día do ano foi onte, e senón que llo pregunten a catro do concello de Carballo, Santiago ou Vigo. Para algúns será hoxe e para moitos outros será mañán... Para min o ano 2007 foi un ano dos máis laureados, un ano de recoñecementos, de premios... que só poden servirme de acicate para traballar con máis ilusión. Onte mesmo falaba cun amigo e dicía "esta semana foi tremenda, estou esgotado, vacío...." despois quedei pensando noutras cousas e cheguei a conclusión de que era moi afortunado, teño amigos que me queren tódolos días, unha familia chachi piruli, unha capacidade de sofremento que me acalma na penas. Teño unha aldea, teño un soño ... e hoxe, por ter ata teño vacacións e todo. ¡Que más se pode pidir! No 2007 destacaría a entrega dos premios gastronómicos diario de avisos. A entrega do "diploma e medalla amigo da Solaina " pola Fundación Casa museo A Solaina de Piloño. Exposición fotográfica no centro cultural do Valle San Lorenzo , Arona. Exposición Centro Cultural de Parque de la Reina , Arona Exposición de fotografías na Fundación A Solaina de Piloño , Pontevedra Exposición fotográfica na sala Paco Lareo do auditorio de Vila de Cruces , Pontevedra. Aparte de xogar coa Wii ca minha filla, axudarlle a facer os deberes, colaborar un chisco nas tarefas da casa e aturar longas xornadas de traballo como taberneiro. ¡No 2008, a polo príncipe de Asturias, como non! Felices Festas a todos. Etiquetas: galiza, photofriday:fotoblogs
16/12/2007
aMeNCeR
SuNRiSe PHoToFRiDaY aMeNCeR O peor que che pode pasar é crer que amañece cando despertas....jeje. Sinto un pouco esta indolente presenza polo blogomillo. Xa non podo roubarlle máis tempo a almofada e terei que organizar mellor o meu tempo para facer tamén outras cousas . Ás veces, cando teño un par de horas libres, dame medo entrar nos vosos blogs porque xa sei que non vou facer máis nada deixandome levar pola maraña e acabando sempre atrapado... Terei que acostumarme a postear e pasar polas vosas covas os fin de semana, que é cando teño algo máis de folganza. Tamén quero amosar o meu disgusto con aquel xoguete que me trouxeron os reises vagos fai dous anos. Non é de recibo que unha cámara de fotos de ese formato teña tantos problemas coa limpeza dos sensores. Estou máis que cabreado porque mandala arranxar á Madrid cústame arredor dos trescentos euros e mercar esta outra, pode cústarme o divorcio. Pensareino :-) Etiquetas: Galiza, photofriday, fotoblogs
09/12/2007
PRiMiTiVe Primitivos non eran os nosos avós nen primitivos somos nós, anque así o pensen ás veces os nosos fillos. Primitivo, poderíamos chamarlle ao comportamento humano ante certas cuestións que nos descalifican por si mesmas. De Mahoma falarei outro día, ou non... Etiquetas: photofriday, fotoblogs
03/11/2007
20/10/2007
28/09/2007
22/09/2007
15/09/2007
31/08/2007
26/08/2007
19/08/2007
AgoRa ToMo o SoL... Ben poderíamos acompañala foto co poema de Celso Emilio Ferreiro. Pero os tractores non teñen alma anque moitos paisanos remataran perdidamente loucos de amor polos seus ferros.
Etiquetas: Photofriday, galiza, fotoblogs
15/08/2007
oDDiTY-- PHoToFRiDaY...
Como o desafío de PHoToFRiDaY esta semana é a palabra oddity (singularidade, rareza...) e xa sabemos que o reino animal está cheo de particularidades, ímolles rendir tributo a unha das avis-máis- raris do planeta terra. A eses filántropos soñadores que nos deleitan con xardíns de volvoretas. A eses artistas bohemios que dende o seu paraiso difuminan fronteiras para construir cidades da cultura no cabo da horta.
Etiquetas: photofriday, galiza, arte
15/05/2007
Espacios estacionaisTodo comenza cando un home se achega a elas, ese é comenzo. Sen iso non hai nada. O primeiro é o achegarse e o contacto. Un corpo toca o outro. O tocamento. Logo ven o penetrar, mais eso é parte do tocamento. Sen contacto non hai nada, non nace nada. Todo empeza co tocamento, os corpos separados non procrean. Non se multiplican... (anacos das reflexións dun home sen nome, Suso de Toro) Etiquetas: photofriday, fotoblogs, photos
27/04/2007
08/04/2007
26/03/2007
CoN SeNTiMeNTo...
PHOTOFRIDAY Esta semana PHOTOFRIDAY ten como desafío "Sentimental " e como a FOTOGRAFÍA case sempre rezuma sentimento, non e doado escoller unha soa. O motivo que me leva a postear esta é sentimento puro e duro...jeje Etiquetas: photofriday, fotoblogs
16/03/2007
HeaT iN PHoToFRiDaYNoN a ViaGRa...Uns grolos de queimada, que quenta a barriga e fai o home máis potente e valente Etiquetas: photofriday, galiza:fotoblogs
10/03/2007
ReaLiTe GaLaiCo SHoW Esta semana teño unha segunda foto para PHoToFRiDaY . A foto dabaixo representa esa adicción a tecnoloxía da sociedade moderna, pero esta, dunha amiga chicharreira na primeira noite que chegou a GALICIA, que case baixou do avión e foi directamente a billa do pipo... posiblemente encaixe millor no perfíl de adicto do autor deste blog...
Etiquetas: Galicia, photofriday, fotoblogs ReaLiTe SHoW... aDiCCióN a PHoToFRiDaY A minha maior adicción tamén é ser adicto...(lido por aí) Etiquetas: Tenerife, photofriday, fotoblos
04/03/2007
eSTaR SoLo...
Fronte ao mundo non hai nada en que se lle pareza a soedade dun político a dun poeta... Etiquetas: photofriday, canarias, fotoblogs
27/02/2007
27/01/2007
21/12/2006
11/12/2006
ReFReSH... Estudiar o comportamento do veciño na piscina pode ser un exercicio antropolóxico. Husmear na terraza da veciña do lado cando está tomando o sol é voyerismo...pero non está tipificado como delito no codigo penal...¡menos mal! Etiquetas: Photofriday, voyeurismo, fotoblogs
04/12/2006
MuiÑoS De SeGaDe Devemos passar em silêncio por aquilo de que não podemos falar (Wittgenstein)
"Canto menos sabes menos che doe a cabeza" Etiquetas: Segade, Galicia, Photofriday
18/11/2006
a Súa PRiMeiRa VeZ Benvido ao paraiso dos pecadores...díxolle o cura nese primeiro día da comuñon. Etiquetas: fotoblogs, photofriday, fotologs
11/11/2006
GRoSS-ToSCo- VulGaR-RúSTiCo-GRoSS Despois de ollar cuarenta fotos do tema de photofriday e catro ou cinco diccionarios, aínda teño algunha dúbida do que verdadeiramente quer dicir GRoSS... Esta é a minha interpretación fotográfica. Etiquetas: photofriday, gross, fotoblogs
03/11/2006
23/10/2006
12/10/2006
THIN iN PHoToFRiDaY THiN_ FiNo, DelGaDeZ ... Foto xa posteada en algunha ocasión pero bueno... vamos a darlle outra oportunidade Etiquetas: photofriday, canarias, fotoblog
02/10/2006
Dorvisou en PHoToFRiDaY  CóLeRa__ 1 anoxo, atrabile, despeito, enfado, indignación, ira. 2 peleira, furia, ferocidade, violencia. 3 forza, ímpeto, reloucos... Esta semana cústoume máis encontrar unha foto acorde co tema de PHoToFRiDaY. E que non vou pola vida fotografiando a cólera da xente, deseguro que cada día sería moi facíl recoller na rúa imaxes referente a peleira que, como unha peste, contaxia a sociedade. Non, eu prefiro fotografiar outras cousas... Etiquetas: photofriday, fotografia, fotoblogs
09/09/2006
A FoTo do VeNReS...eN PHoToFRiDaY Esta semana PHoToFRiDaY bríndanos a oportunidade de colgar unha foto baixo o lema "BOY". Despois dun tempo, decanteime por esta sen saber moi ben por que. Posiblemente porque son dous nenos moi queridos por min e que non deixan de sorprenderme sempre, coa sua naturalidade i estilo ao poñerse fronte ao toro. O titudo de muchachos tamén podíase prestar a outras connotacions que non estarían acompañadas demais con algunha desas poesías de Allen Ginsberg que tantas referencias fan ao mundo dos adolescentes. Pero, en fin,hoxe non será o día... Etiquetas: photofriday, fotografia, dorvisou
26/08/2006
SuLFaTeiToR MaN  Un espectáculo visual da propia natureza das cousas. Agora ben, non sei se ao meu cuñado, que foi quén as sulfatou, pensará o mesmo... Etiquetas: photofriday, dorvisou
25/08/2006
FRieND FoR eVeR Esta semana o tema de photofriday é friend. Non tiven dúbida, el é algo máis que un amigo, un anaco de min... Un rapaz o quén lle gustaría parecerse o seu pai, anque só fose para ter un fillo como el. Espero e desexo que o espíritu Bravú desa cidade atlántica che acompañe sempre nesa estadía pola terra
¡ánimo chavalote! Etiquetas: photofriday, dorvisou
10/07/2006
Summer
Lástima que nas vacacións o tempo sexa tan relativo como incerto. Aínda me doen os ollos de tanto miralo Berce . Por certo, estrenei unha nova lente, un 28/300 mm F3.5-6.3. Un zoon xeitoxiño para camiñar menos anque a sua calidade non ten nada que ver co meu favorito APO MACRO 150mm EX DG HSM , un F2.8 que oferece unha calidade moi superior e que axuda a exercitalos músculos do que che fai danzar. Este ano non tiven tanto tempo libre coma outros anos. Compromisos familiares fixeron que estivese máis tempo coas ás pegadas a lama da terra. Espero resarcirme nas vindeiras nunha forte aperta con todos aos que quero tanto. Etiquetas: photofriday, Galiza
18/06/2006
auToMoTiVe_ PHOTOFRIDAY_AUTOMOTRIZ antes de que existira o home... Mirarlle a cara a minha nena, mentras lle leía esta poesía foi moi emocionante. Ela con sete anos xa sabe que o home non é consecuente co medio ambente, que hai que reciclalo, educalo e senón taparlle a boca e atalo. Etiquetas: dorvisou
17/06/2006
AuToMoBiL en PHOTOFRIDAY PHOTOFRIDAY Son un pasmón peatón con opinión, decindo a verdade núa pola rúa. Nunca fun usuario de automobil suntuario nin tampouco utilitario camiño a pé e por iso é polo que vexo o mundo tal cal é ( Celso Emilio Ferreiro. Longa noite de pedra.1969) Etiquetas: dorvisou
14/06/2006
INDIXENCIA, INOPIA, PIOCA... A pobreza pode ter mil caras e tamén, como non, mil camiños. Unha das pobrezas máis miserables é do espíritu, a podremia da vontade, a maldade enquistada e a iñoranza disfrazada no corpo dun rico. Por certo, gustaríame fotografiar unha idea polo aire, un pensamento, unha sensación... Bueno, será outro día, hoxe teño cousas máis importantes que facer... Etiquetas: photofriday, dorvisou
03/06/2006
PHOTOFRIDAY_ NeW PHoToFRiDaY new, novo, nuevo (nova foto, novos caiucos...) Só temos que pensar como serían agasallados os inmigrantes se chegasen en yates ou nesas moles transceoánicas que levan "jichiños" do primeiro mundo facendo turismo... Etiquetas: canarias, cayucos
03/01/2006
THe BeST 2005 Amigo ata o esquecemento, ata a indiferenza, ata a ingratitude: o sublime da amizade. (D’Aurevilly) Estas dúas son as minhas millores fotos do ano 2005, non teño dúbida. ¡Posiblemente a nosa amistade non me deixe ser máis obxetivo, son as cousas que ten o querer...!
25/12/2005
PRoFuNDiDaDe De CaMPo PHoToFRiDaY_Depth of Field_ PHoToFRiDaY Vai chegar o día que na minha aldea só se podan sacar fotos con moi pouca profundidade de campo por mor das putas néboas dos encoros de Merda. Xa sei que estamos no Nadal e hai que manter a calma, pero mecajundios...(si con minúscula, non sexa que se ofenda alguén ou me peche Blógia o blog por blasfemar o día de Navidá.) Eu quería falar sobor da profundidade de campo , que foi unhas das primeiras cousas que me entusiasmou no mundo da fotografía, pero xa non me queda jás. O carnaval acaba conmigo, espero que as fotos vos sirvan de exemplo. 
Moita profundidade de campo é como cando non hai néboas e se pode ver todo nítido desde a eira ata o cabo da horta. Bueno, máis ou menos...
05/12/2005
-eXPeRiMeNTaL- É algo experimental. Non é un doce. Non se come.
.
23/11/2005
iMPeRFeCCióN Os espellos son capazes de rirse de un mesmo á cara. Son capaces de maquilla-la imperfección ou transfigura-la realidade. Son máxicos e confabuladores. Cando miras un espello podes chegar a entender ese fotógrafo que levas dentro e que non deixa de interpretar calquer reflexo que brila ós teus ollos. ¡...e todo isto, sen chamarme Narciso!
13/11/2005
WoRN III WoRN...(e van tres) Si Pepe, si...fotos sacadas na casa de Cándido en Dorvisou. Esa casa onde ti naciches, esa casa onde aprendiches o arte da tauromaquia e que tanto che valeu para lidiar touros bravos detrás deses mostradores dos bancos. En esa palleira, da que falas no anterior comentario, só quedan vestixios do que foi o seu pasado. Estas fotos non deixan de ser unha testemuña da fugacidade, da caducidade, do paso do tempo... ¡ Van por ti, meu amigo!
10/11/2005
WaRMTH...CaLoR WaRMTH...Se de calor falamos que outra cousa pode quentar máis que o sol.
03/11/2005
BiMBioS e FieToS by Paco Penas de Dorvisou Hai palabras "agrícolas" que non deixan de ser como unha testemuña do paso do tempo. Hoxe grazas o tema "delicate" dese trasteiro cheo de miradas instintivas como é photofriday, rescatei dúas das que non agroman acotío das nosas bocas. Eses "grelos" da foto son como unha sinal inequívoca de que na terra aínda hai vida.
01/08/2005
TeNeRiFe By Night A imaginação consola os homens do que não podem ser. O humor consola-os do que são. (Winston Churchill)
22/07/2005
aTTRaCTiVe - aTRaTivo... Recordo a minha xuventude e aquel sentimento que nunca máis volverá; o sentimento de que eu podía durar máis que todo, máis que o mar, máis que a terra, máis que todos os homes... (Charles Colton) Non vou entrar a xuzgalo sex-appeal dos meus modelos...Só dicir que me encanta o descaro, o desafío co que se enfrentan o obxetivo. ¡ ay, divina xuventude!
16/07/2005
SiLKy - SeDoSoArte na Solaina de Piloño O cadro é de Paco Lareo
01/07/2005
uSeD - uSaDo - ... É a minha "pequena" homenaxe a un "grande" home. O meu amigo Román Morales é un camiñante canario que pateou en tres anos e medio Sudamérica dende a caribeña Santa Marta, Colombia, ata a terra do fogo, Ushuaia. Conta con un arquivo fotográfico de cinco mil imaxes da viaxe, un libro "buscando el Sur" onde recolle unha boa parte das peripecias vividas e podo dicir, que a caixa da súa memoria aínda bota fume doce anos despois da aventura. Un dos mellores artigos que atopei pola rede é este de Eduardo Galeano, un escritor nado en Montevideo, e que nos acerca un pouco a realidade dos feitos.h5>
28/05/2005
SYMBoL - SíMBoLo - eMBLeMa FoTo enviada por MachiA VACA É O SÍMBOLO DA PAZ...Castelao -Non está mal, espiña,non está mal -dixo Candela conciliador-. pero moito me temo que a arte de hoxe, na fin de milenio, procure a serenidade das cumes nevadas. Espiña non respondeu. Acompañou ó crítico ata a porta da pensión e ó despedirse unicamente dixo: Terán cumes nevadas. Aquela noite pintou un branquísimo lenzo.Branco sobre branco. Logo fixo un corte de navalla na palma da man e co seu sangue pintou unha vaca.Unha vaca vermella e feliz sobre a neve.(Manuel Rivas en uN MiLLoN De VaCaS)Claro está que Mariano Espiña, o mesmo que esta vaca ou Laxeiro tamén eran do reino do Laranxo.
22/05/2005
VeRDe Que CHe QueRo VeRDe... 
Si, tal vez un pouco tarde...xa o sei. ¡Que lle ímos a facer! Parece que foi onte é xa hoxe é mercoles. ¡Todo sexa polo PHoToFRiDaY do CaRaLLo...!
13/05/2005
SPaCe - eSPaZo (o meu) - eSPaCio  Foime un pouco difícil escoller a foto para o tema de hoxe. Xa sei que o mundo é moi grande, seino desde que escomencei a camiñar. Primeiro desde a minha casa até a escola da Capilla e máis tarde desde Dorvisou até o Castro de Cumeiro para coller a "guagua" escolar... Si,o mundo é moi grande. E a minha aldea, desde a chousavella, tamén.
...jeje, como se nota que só me quedan uns días para colle-las vacacións.
07/05/2005
aCTioN - MoVeMeNTo -  aCTiVe aCTioN
 aCTioN - FeiTo - aCTo PaSSiVe aCTioNO méno tinha um ar tranquilo E a calma dum falsário Tocava suavemente e com estilo Para enervar o adversário
Ele tinha já algo de artista Naquele seu jeito de pluma A sábia pose dum mestre bilharista Que nem o próprio tempo esfuma... (Rui VeLoSo)
30/04/2005
FaNCY - iMaXiNaCióN - FaNTaSía 
Con imaxinación, así é como se pode retratar ese mundo tan máxico das ilusións, dos sentimentos... Unha foto co paso do tempo tamén é un reflexo da nostalxia. Si, esta foto foi na primaveira do ano 1991, nunha tardiña das moitas que subía co meu fillo até a Torre de Hércules...
22/04/2005
aS FoToS DoS VeNReS  É unha pena ter que rebaixar tanto a calidade das fotos para postear. Esta, que xa non é a primeira vez que aparece nesta páxina, é unha das minhas preferidas. Aparece un pouco maquillada porque estou a xogar co PIKASA, que é un programiña moi completo para rescatar, ordear e tratar os arquivos e as imaxes.. Desde Tenerife bicos "analóxicos e dixitais" con moito sol.
17/04/2005
ReST_ DeSCaNSo_ aCouGo -¡Que fermoso é todo isto! Xamais me sentira tan ben en ningures. Tareixa a do longo rabo asentiu cun sorriso sabichón: Si, é fermoso. Pero non vais pensar que é así todos os días ¡ Que máis quixeramos nós! (cousas de Xenoveva)
09/04/2005
PLaSTiC - PLáSTiCo Unha aRRouTada visual como a de hoxe non precisa dos meus comentarios. Xa sei que estou un pouco vago. Farei algo por amañalo. Bicos e apertas.
02/04/2005
HoT- QueNTe-CaLieNTe  Un venres máis, unha foto máis... O tema de hoxe era caralludo para unha foto un pouco máis voyeur, mais como non quero ferila sensibilidade de ninguén, ímolo deixar así. ¿Onde se vota? ...Pois, entrades polo enlace de photofriday, que está debaixo da foto, e atoparedes na parte superior o siguente texto: "VOTE! Cast your votes for Noteworthy from the 'Tiny' Challenge!" Picades na palabra Tiny, xa que sempre se vota a foto da semana pasada,e a dereita aparecen todas as fotos publicadas, entrades na páxina de arroutadas e tamén, por favor, na de jaio la espia, exercendo o voso dereito a votar en "cast noteworthy vote" Só se pode votar até o domingo pola noite. Así que veña....VoTaNDo que é XeRuNDio
25/03/2005
TiNY...PeQueCHo...DiMiNuTo Ao mellor tiña razón CHarles Baudelaire cando dixo que a fotografía convertírase no campo dos pintores fracasados. Non o sei, só podo dicir que Através dela podo alcanzar cuotas insospeitables de benestar estético. Que grazas a fotografía podo contemplala natureza das cousas desde outro lugar no mundo. Así como que, através de ese pequecho boraco podo mergullarme nesa inmensidade ante á que moitos pecharan os ollos.
19/03/2005
GLoW  A estas horas da noite poñerme a escribir algo supoñería fumar un pitillo máis e como o tabaco perxudica moitisimo a saúde mellor será que vaia durmir. ¡Ah! non deixedes de botarlle unha ollada os participantes de photofriday. Hai fotos boísimas. ¡Ata mañá...ZZZZZZZZZZZ!
12/03/2005
FaCeS Moitas caras ten a vida. Esta é unha das máis fermosas. Tan pronto como vin de que ía o tema de photofriday esta semana, xa sabía que foto colgaría...Hoxe non tiven dúbida algunha.
|
DoRViSou

 aaquier42222
Archivos
Enlaces
aNDaNDo PoLa CaSa
AULA DA NATUREZA
FOTOGRAFÍA
BLOGS AMIGOS
NA LAREIRA
Otros
|