Blogia
DoRViSou

OS GAITEIROS DE PILOÑO

<center>OS GAITEIROS DE PILOÑO</center>
Autor da escultura: Paco Lareo
Texto: Recollido do blog de Garetoxo


A tráxica historia dos gaiteiros afogados no río Ulla, a noite de Santiago
Apóstolo no ano 1968. é o derradeiro episodio da historia musical da parroquia
de Piloño. Tras este suceso, transcurriron trinta e cinco anos de silencio folclórico.
Con tal motivo na Solaina de Piloño
celebrouse unha Xuntanza de Forxadores e gaiteiros nunha homenaxe o sábado dia 13 de
decembro de 2003 como lembranza ós musicos desaparecidos en concreto, e á
música popular en xeral.
A noite do 25 ó 26 de xullo de 1968, noite de Santiago, tres gaiteiros de
Piloño, Carmelo Espiño, o seu fillo Jesus e Enrique Silva volvían as súas casas
despois de actuar na festa de Santiago de Novefontes no concello de Touro. O
único instrumento que levaban consigo era a gaita de Valo de Combarro prestada
polo seu dono para aquela ocasión, os outros instrumentos quedaran na casa dun
veciño de Novefontes xa que logo debían volver para tocar ó día seguinte. Entre
esta aldea e Piloño, só existen uns poucos metros de auga do rio Ulla que
daquela se salvaban gracias a barca de Saturno e a barca de Ramiro.
Sobre as 3 horas da madrugada chegaron os tres músicos ó lugar coñecido como "A
Ponte Basebe" en compañia doutros tres romeiros veciños da parroquia de
Salgueiros Manuel Pampin Peiteado, José Souto Ramos e Carlitos Parcero Navaza
que , pretendian igual ca eles, volver ás súas casas cruzando o rio na barca de
Saturno. O barqueiro non estaba.
O rio, controlado pola central hidroeléctrica de Portodemouros levaba moito
caudal de auga. O habilidoso patrón fluvial, non aparecia. A noite propiciaba á
valentia. O desafio parecía viable.
Embarcados os seis homens no barquete botáronse a un río descontrolado, atrevido
e festivo que aceptaba o reto dos seis homes. A forza da natureza fronte a
fronte con seis mozos.
Perdido o contacto co aramio guía que une ámbalas duas veiras do rio como única
vía que os vencella coa terra e coa vida, a barca perde autonomía e como unha
mo´rtífera cesta de vimbios tripulada por homes desesperados, pérdese na
escuridade, batendo corpo con corpo entre os saloucos húmidos e desesperados
duns homes que tentan resucitar dun final que non ofrece dúbidas.
A traxedia non tarda en facerses con tres nomes; dous músicos Enrique Silva e
Carmelo Espiño e o mozo José Souto Ramos desaparecen entre as augas. Jesus
Espiño consegue amarrarse á vida en forma de pola de ameneiro, durante seis
horas de abrazo desesperado. Manuel Pampin e Carlitos Parcero son os que dan a
voz de alarma entre a vecindade que xunto coa Garda Civil, descobren os corpos
sen vida dos tres integrantes daquela estremecedora viaxe.
Nunha das Beiras do río, onde a auga lixeiramente amaina das correntes, a gaita
de Valo, arrolada polos prantos é rescatada do naufraxio.
Aquela madrugada de Santiago foi para PIloño, a derradeira noite, o derradeiro
estío, a derradeira viaxe da música
á escuridade de trinta e cinco anos de silencio..
Posted by goretoxo at Noviembre 30, 2003 10:14 AM

0 comentarios