Blogia
DoRViSou

Escola Mixta De Dorvisou

<center>Escola Mixta De Dorvisou</center>

Aquí tes unha imaxe para o baúl das tuas lembranzas, amigo Pepe Penas .
Fai uns anos entrei nela co meu filho para contarlle tamén cousas dun tempo pasado . Alí estaba o encerado, unha pequena estanteria con libros esquencidos e roidos polos ratos, os vellos pupitres, os conquistadores das Americas, Santo Tomé de Aquino, os catro escudos das provincias galegas. Todo elo obra do pintor de Dorvisou.
Na mesa da "señorita" a esfera terráquea onde eu adeprendera que era redonda a terra e no chao o retrato de Franco escarallado e o teito da escola derrubado pola desidia de catro pobres homes que baixo o estatus de propiedade privada prefiren vela desaparecer que entregala o servizo da aldea.

2 comentarios

dorvisou -

Ten vostede razón. Non se ve todo o escarallada que está.
Uns cantos veciños reclaman a sua propiedade porque din que eles forón que aportaron os cartos no seu día para construila. Papeis non aparecen por ningún lado pero alguén se encarregou de botarlle unha cadea con candado e... só faltou que outro lle poñera un cartel de propiedade privadas.
Eu propuxen, fai un tempo, que todolos veciños aportasen, simbolicamente, unha peseta ,para que pasase a ser da aldea. Parece ser que non convenceu a proposta...

pppnas -

Non se ve todo o escarallada que está..pero polo pouco que vexo, se non botan man de ela...acabará quedando soamente o sitio