LaBiRiNToS Da ViDa
e deixareivos os meus medos
e os meus soños..."
("Derradeiro Adeus", M.MONTERO VILLAR)
Nos meus tempos adolescentes, influenciado por algunha flor do mal, cheguei a escribir uns desordenados versos que, máis ou menos, dicían:
Un coitelo acaricia as minhas veas,
un temblor percorre o meu corpo,
escachando vellas feridas
e inundandome de sangue...
Agora, nestes días de inxente tristura,
ben podera escribir algunha elexía porque motivos teño dabondo anque non sexa tempo de poesía. O meu pai, ese home, terceiro pola esquerda, que aparece na foto na compaña dos irmaos, suicidouse o luns pasado cortándose con un coitelo as veas da man e da gorxa, asulagando de sangue e bágoas a chaira das nosas vidas e convertindo o noso presente nun aterrador laio, onde só hai un tempo baldeiro, feito de silenzos e preguntas sen respostas.
Hoxe, esnaquizado pola dor da perda e a tortura síquica dos feitos, só loito na procura dunha maior doses de serenidade e reflexión.
Bicos e apertas.
15 comentarios
entre o lusco o fusco -
dorvisou -
angope -
dorvisou -
Xaquin -
dorvisou -
Non podería ser doutro xeito, todo o cariño que estou a recibir dos meus é o mellor bálsamo contra o sofremento e o desánimo.
xesus -
xx
mad -
Moitos, moitos, moitos beixos e moita forza
muralla -
Si desde aquí puedo ayudarte en algo sólo dímelo.
Rezaré por él y por ti.
Un abrazo fuerte y bicos.
Carmiña.
dorvisou -
Moitas gracias pola tua amistade.Eres un encanto. Gracias.
peke -
peke -
dorvisou -
Pepiño, nestes días longos a minha mirada perdíase no coto da Us, en Ribó...e no ceu.
Eu tampouco teño palabras. Agora toca levantarse e asumilo, intentar ser positivos e superar moitos sinsentidos.
pepe penas -
Unha aperta
Manuel -
2005.03.11 15:11 email: manuel.alejandro.martinez.rendo (arroba) sergas.es