Blogia
DoRViSou

ReTRaTo DuN PaRVo

<center>ReTRaTo  DuN PaRVo</center>
Teño que confesar, por se alguén aínda non se había dado conta, de que son un aldeas. Fai un días fun a consulta dun médico, despois de contarlle o meu problema díxome que con ese volante fose a pedir vez para que me mirara outra persoa. Saín de alí e fun-me a coller o número para esperar o meu turno. Collín o 91 e ían polo 31, así que senteime e escomencei a ler o xornal moi sosegadamente. Pasarón unhas dúas horas e aínda ían polo cincuenta e pico, levanteime de moi malas pulgas e fun protestar o mostrador porque me parecía aquelo unha tomadura de pelo. A señora que estaba atendendo a outro, nen se molestou en mirarme e moito menos en facerme caso. Despois de dúas horas e cuarenta e cinco minutos chegou o meu turno.
- Buenas tardes, díxome un señor que acababa de escomenzar a súa xornada de tarde mentras eu levaba xornada e media perdida esperando. Doulle os papeis, míraos, levanta a cabeza e con moita amabilidade dime que esto non é alí, que me poña na outra cola onde di, saúde mental.
Unha señora que está o meu lado mírame e sorrí con certa sorna e complicidade. Eu devólvolle o sorriso e moi resiñado, rinchando os dentes, diríxome a outra esquina murmurando polo baixiño¡ tranquiño Paquiño, ¡tranquiliño Paquiño...!

5 comentarios

muralla -

Corroboro o de Peke: Estás moi riquiño, meu toleirán querido.
Cuidate moito y fíxate máis outro día...
Bicos galegos, con denominación de orixen.
¿A que se nota?
Carmiña.

machi -

Pois eu aínda que sexa un erro non me acabo de afacer a que me atendan de malos modos e con cara de deberlle favores a ninguén, creo que non temos que xustificar os malos modos, eu traballei moito tempo de cara ó público, e hai que tragar adrenalina e ter educacion, quizás haxa moito "mal do funcionario..."
feliz fin de semana a todos

peke -

Que estás moi riquiño. :)

dorvisou -

Bueno, eu estou tan acostumado a esas situacións que xa non me preocupan.
E da foto, ¿que me dis?

peke -

Equivocarse é humano. O malo é a rabia que nos dá. :)
A coidárseme.