Blogia

DoRViSou

OS CAMIÑOS

OS CAMIÑOS

E somos nos quen lle poñemos nomes a toda-las cousas.
Quen dividímo-lo tempo en fraccións e a terra en fronteiras.
Si, somos nos, o home moderno quen co rexistro da propiedade,
fai esto teu, esto meu…

Autorretrato

Autorretrato

Horas profundas, lentas e caladas, feitas de bicos ardentes.
Bocas quentes, moi quentes.
Chove.
I eu máis ti a foder sen pudor, no cabo da horta,
mentras as galiñas poñen ovos.
Chove.
O barullo da choiva é melodia para os nosos corpos mollados,
entregados, empapados, abrazados...
Xa non chove.
Xa escampou, xa as galiñas non poñen ovos,
xa non che quero...meu ben. ATA OUTRA
Paco Penas de DORVISOU

cancelas

cancelas

As cancelas pechadas á felicidade é o que tiña eu os luns,
nesa primaveira bonita de viver, que como di alguén,
tan depresa sal o sol como se pon a chover.
Agora, no adoravel outono da minha vida, os lunes ao sol.

CONTRALUZ

CONTRALUZ

365 días por diante para seguir sendo melhores en todo.
Feliz ano novo.

PRAIA DO MEDANO

PRAIA DO MEDANO

Ao fondo a cónica e volcánica montaña roxa do Médano.
Un espazo ameazado polo proxecto dun macro porto comercial para a ilha de Tenerife.
O povo e certos colectivos en pe de guerra.
Unha vez máis David contra Goliat.

OUTRO XEITO DE MIRAR

OUTRO XEITO DE MIRAR

Ollando, palpando, escoitando, ulindo e saboreando.
Analizando cos radares o estado material das cousas,
como querendo sentir con máis forza, por dentro,
todo aquelo que che rodea por fora...

O ARTISTA

O ARTISTA

O méno tinha um ar tranquilo
E a calma dum falsário
Tocava suavemente e com estilo
Para enervar o adversário

Ele tinha já algo de artista
Naquele seu jeito de pluma
A sábia pose dum mestre bilharista
Que nem o próprio tempo esfuma...

Tinha já algo de artista
Só pelo modo de andar
Podia até ser um vocalista
Nem precisava de cantar (mago do bilhar by Rui Veloso)

GALIZA CALIDADE

GALIZA CALIDADE

CON DENOMINACIÓN DE ORIXE
TETILLA Conhecido tamén polo nome de teta, co que garda un gran parecido, queixo suave, cremoso e uniforme...
SAN SIMÓN Queixo peculiar, máis graxo, afumado e dunha curación de dous a tres meses. Tamén parece estar inspirado nunhas tetas de mulher anque doutras medidas...
ULLOA-ARZUA queixo das nabizas ao que había que envolverlle un pano darredor para que non se esparramase. Tamén ten unhas connotacións eróticas pronuncidas...ou non?, a non ser que alguén se lle ocurra falar da fugacidade do tempo.

PD- Nada, e que estou a probar os enlaces...

contrastes da vida

contrastes da vida

Pecha-los olhos para percibir a sombra da luz,
mentras reflexionas atrapado no tempo.
Todo é como moi incerto cando dudas...

Ecce home

Ecce home

Unha barca achégase o peirao con dous pescadores,
mentras o mar baila unha balada
¿Traerán algo de peixe? ou ¿ o cadaver dalgun negro?...
Ao fondo, coma un estampado,
a montaña roxa é un inalcanzabel horizonte
sempre rompendo e xuntando,
tan preto, tan lonxe.....

Elas... as máis fermosas

Elas... as máis fermosas

Tenho a sensación......
de que, na vida, compenso a falta de moitas cousas contigo.
De que, na vida, hai sonhos que nunca se farán realidade
pero son como a luz dunha nova espranza.
Teño a sensacion.......
de que sempre vou na procura dos teus sorrisos
como querendo apreixar algo máis que un sentimento
nun secreto compartido.
Teño a sensacion.......
de estar vivo.

A pedra do rio

A pedra do rio

Detras do outeiro, nunha pedra furada,
había un bacelo que o vello prantara.
Veu unha cabra e comeu o bacelo que o vello prantara,
detras do outeiro, nunha pedra furada...

tres sombreiros...

tres sombreiros...

Ese sol do carallo que me faí sentir extranxeiro
nesta terra propia de lagartos.
As veces pecho os olhos e percibo,
cómo nun recuncho da memoria, aínda chove e zoa o vento....

Os elementos

Os elementos

É coma unha ecuación antre a vida e a literatura,
sempre na procura da beleza
na terra, no mar e ata no ceu...

Ollares do tempo

Ollares do tempo

Unha estampa da minha aldea.
Este é o decorado permanente do teatro onde lle dou vida ás ideas.
Unha aldea que está feita do mesmo pano do que se tecen os sonos
e onde non houbo nenos progres nen haberá executivos.
Son filho de emigrantes, neto de caseiros....cando eu nacin o meu mundo xa estaba feito,
xiraba sempre para o mesmo lado. Moi pouco puden facer por cambealo.

Vestixios

Vestixios

Mudou o verbo,
apagáron-se as luces
e detívo-se o reloxio do tempo...

Os elementos 2

Os elementos 2

Moitos día­s vólvome un pouco taliban co disparador automatico,
pásame nesos días nos que todo está a flor de pel...