Blogia

DoRViSou

LuCeS e SoMBRaS


Os diferentes microclimas fan que a vexetación e a paisaxe se convirtan nun paraiso de contrastes. Pódese pasar de tomar o sol nas praias do sur da illa a disfrutar dun espectáculo natural de luces e sons nun curto espazo de tempo.Baixando do Teide cara a Laguna, nos montes da Esperanza, nese límite do mar de nubes quedei sen palabras, unha néboa adentrábase antre os pinos, que ao mesmo tempo deixaban colar os finos raios que reflexaban a luz no chan. A cada instante a luz ía cambiando e con ela as cores do mundo e da vida.
Eu sen tempo nen calma, como si se acabase o mundo naqueles intres, disparaba fotos irreflexivas. Na próxima visita levarei os soños preñados no peto para acadar mellores resultados.

aLToFaLaNTe...

IMG_2222

Non se pode ir de autodidacta toda a vida.

De cando en vez hai que coller os libriños de instruccións e leelos,

anque só sexa para explorar as nosas posibilidades.

 

CiDaDe FuTuRiSTa

IMG_2233

Andiven buscando as placas co xugo e as frechas pero non as atopei, pero mesmo parece que os arquitectos desta urbanización de luxo no Sur de Tenerife se inspiraron naquela " obra social " do cabalo de Franco

Este gusto por vivir na montaña, mellor dito, dentro da montaña e con vistas ao mar, non o poderei entender. Ou quen sabe, ao mellor é que non me chegan os cartos para entendelo :-)


 

 

EsTaMPaS RuRaLiTaS

IMG_0658

Se non se queixa a terra cando lle esnaquizan un río ou un monte, nen se queixa a terra cando cando lle esfolan a tona e lle rouban os diamantes... tampouco me vou a queixar eu.

¿Que pasou?...pois que fun ao dentista e dixenlle que quería facer unha limpeza de boca

e o home rematou por quitarme tódolos dentes.

Dixo que era a mellor limpeza das posibles.

Agora toca esperar, aprender a comer, a rir, a falar, a calar...

A reconstrución será unha tarefa longa e custosa, implante de oso, tornillos de titanio, e os dentes pedireille ao doutore, que xa postos, sexan de granito "rosa porriño". Din os entendidos que son os mellores para atacarlle ao churrasco.

 

PLaNeTa oCéaNO

A Caleta de Adeje

IMG_0672
"Que inapropiado chamar Terra a este planeta, cando é evidente que debería chamarse Océano."
(Arthur Clarke. Escritor británico)

UNHa CaSa en CHaCHaHuí

IMG_0624


Ter unha casa en Chachahuí sobre do cume
do Cúndur-Cúndur que os incas bautizaron
polas grandes aves míticas. Ter unha casa en Chachahuí
e ver no fondo do precipício o Putumaio
brincar como un regueiro pequeniño.


Ter unha casa en Chachahuí
e escoitar á noitiña o zunido dos vagalumes,
dos cocuios, o canto do turpial
e o míar estremecedor do puma negro.


Ter unha casa en Chachahuí,
esquecerse do tempo, estar ao pé dun deus antigo
amigo do sol.


Ter unha casa en Chachahuí.
Abaixo, no camiño de Ipiales, na estrada do Ecuador,
brillan as flores ventureiras.

Pero as estrelas son máis grandes.
Ter unha casa en Chachahuí.
Avilés de Taramancos
De Cantos caucanos (1985)

Puertito de Adeje

IMG_0600-1
Ao Puertito de Adeje aínda non chegaron esas moles de cemento armado que asolan as costas do sur de Tenerife .
O Puertito é un dos poucos reductos da illa que conserva ese encanto dos pequenos povos mariñeiros. Un baño na praia de blancas areas e transparentes augas pode chegar a restaurarche os osos e despois, unha cerveza con uns camaróns no bar de Pépe e Lola, axuda a redimila carne. E para que máis...
¡Que lle den a civilización!

IMG_0648

NaTuReZa HuMaNa...

 

IMG_0615

Son as cinco da tarde, día de reises, a minha compañeira está á botar a sesta no sofá,

a cativa baixou á xogar coas amigas e o outro home da casa trunfou esta noite e está á soñalo outra vez...

Coido que está a pasarme o mesmo que o rei bobón, que onte cumpreu setenta anos.

"Quitate tú que me pongo yo"

¡Manda carallo...que dura é a sucesión!

VoLVeR a NaCeR...


Foto 1


Si tus fotos no son lo bastante buenas, es que no estabas lo bastante cerca. (Robert Kapa)

E a min onte pola mañá pasoume algo parecido. O que se presentaba como unha linda mañá de fotos rematou por convertirse na pior das pesadillas. Eu tamén estaba demasiado preto do perigo e do enemigo...non había forte oleaxe, tampouco estaba o mar plato. Só podo dicir que de súpeto chega unha ola e secuestra a vontade desta familia. Unha familia que se librou polos pelos de escribila crónica máis triste, no sur de Tenerife, onte pola mañá.

Ao final, apesares das mazaduras e do susto, unha anédocta máis que contar aos amigos.

Foto 2

 


 

 



Foto 3

Foto 4

uN, DouS, uN, DouS...ProBaNDo

Canon  EOS D40

Nestos intres non teño ollos para buscar novos horizontes. Só me miro ao embigo . Gústome, que máis vou a dicir...jeje

HaBeMuS FoTuS...

IMG_0357

Non podía maxinarme este agasallo para rematar o ano. Modestia aparte, tampouco é que non o merecera :-(.
Onte e hoxe a minha fachenda non me deixou andar como os homes pola terra, vou como un anxo, nunha nube.
Xa como, xa non me doe a cabeza, xa non teño acougo...
Grazas, compañeira de viaxe, irei contigo ata ó Q do mundo. Grazas Uxio e grazas Iria.
¡Agora, véndese cámara de Fotos!
IMG_0356

SeNSaCióNS...

Contraluz _1

Cámara fotográfica: Olimpus Camedia C-150 2.0 megapixel AF 5 mm 1:2.8

Autora do traballo: Iria Fernández .

Non pensedes que xa cambiei de cámara, gustaríame pero desta coido que non vai ser.

As fotos e a cámara son da minha filla. Unha artista e deportista con moita progresión e con máis futuro que o pai. A minha cámara está en Madrid para unha limpeza profunda das súas entrañas.

A sensación que teño nestas vacacións é de vacio. Teño conmigo ao meu fillo, a minha filla, a minha compañeira...pero fáltame a cámara de fotos. Levántome con dores de cabeza, non teño fame, estou cabreado todo o día e non quero ir a ningún lado. Unha cousa moi rara...

 

Menos mal que os meus o entenden pero ás veces aínda me parece que se burlan da min, pois onte escoitei como lle dicía a minha compañeira a Iria "dille ao teu pai que non sexa hipocondriaco ". O que me dixo a cativa non ten transcrición, pero bueno...

Contraluz_2

O CauDiLLo Do DeZa

IMG_1785-1

"A morte de calquera home
diminúeme porque estou ligado
á humanidade; por conseguinte
nunca fagan preguntas por quen dobran
as campás : dobran por ti."

John Donne

(1572-1631)

O 28 de Decembro non é un bon día para morrer, sempre corres o risco de que cho tomen a broma. Ou polomenos eso foi o que pensei eu, fai un pouco, cando entrei na voz de Galicia como cada noite. Vamos, que quedei de pedra ao bater coa nova do falecemento de Xosé Cuiña, dicíndome a minha compañeira" Non fagas caso que che é unha inocentada" . Mais deseguida me dei conta de que as inocentadas da voz non teñen ese senso.

Morreu un home, o político xa morrera antes, e agora con serenidade e reflexión toca acompañar esa familia nestes tristes momentos. Non é o día de facer balances nen xuicios. A historia e o tempo falará por nós, mais do que non teño dúbida é de que nesta noite, nas terras do Deza, non dobraran as campás, redobraran.... anque só sexa porque é de ben nacidos ser agradecidos.

aRCo Da CaRiXa

IMG_3356

Merza , terra de fidalgos, de casas solariegas,
Solar da nobreza, dos máis belos casais...
terras de augas termais, de ríos e pontes medievais...

Mais, esta ponte da foto non é o que parece. Non é un vestixio da historia de Merza . Coñecido como o arco da Carixa foi cimentado por un particular no ano 1928, despois de que unha riada asolara ca vella ponte.
A verdade é non estaría demais recuperala estética do medieval ou do romano e adaptala os tempos modernos.
¿A quen non lle gustaría ver pasalo ave polo acueducto de Segovia?


Deza

THe BeST oF 2007

Sombras e luces da vida

PHoToFRiDaY

Cando chegan estas datas somos moi dados a facer un pequeno resumen do acontecido ao longo do ano. Para moitos o millor día do ano foi onte, e senón que llo pregunten a catro do concello de Carballo, Santiago ou Vigo. Para algúns será hoxe e para moitos outros será mañán...

Para min o ano 2007 foi un ano dos máis laureados, un ano de recoñecementos, de premios... que só poden servirme de acicate para traballar con máis ilusión. Onte mesmo falaba cun amigo e dicía "esta semana foi tremenda, estou esgotado, vacío...." despois quedei pensando noutras cousas e cheguei a conclusión de que era moi afortunado, teño amigos que me queren tódolos días, unha familia chachi piruli, unha capacidade de sofremento que me acalma na penas. Teño unha aldea, teño un soño ... e hoxe, por ter ata teño vacacións e todo. ¡Que más se pode pidir!

No 2007 destacaría a entrega dos premios gastronómicos diario de avisos.

A entrega do "diploma e medalla amigo da Solaina " pola Fundación Casa museo A Solaina de Piloño.

Exposición fotográfica no centro cultural do Valle San Lorenzo , Arona.

Exposición Centro Cultural de Parque de la Reina , Arona

Exposición de fotografías na Fundación A Solaina de Piloño , Pontevedra

Exposición fotográfica na sala Paco Lareo do auditorio de Vila de Cruces , Pontevedra.

Aparte de xogar coa Wii ca minha filla, axudarlle a facer os deberes, colaborar un chisco nas tarefas da casa e aturar longas xornadas de traballo como taberneiro.

¡No 2008, a polo príncipe de Asturias, como non!

Felices Festas a todos.

 

Cómo se converte o castinheiro em lenha para arder...

Paco Lareo

Estou canso.
Hoje cansei de picar lenha,
de erguer e deixar caer o machado
umha e outra vez sem descansar.

Cómo se converte o castinheiro
em lenha para arder
,
semelha o título dum Manual de Instruçons
escrito por Jack London.

Tenho que confesar que tenho medo
da motoserra.
Tem demasiados dentes, ruído
e revoluçons.
E semelha inestábel
como umha persoa que nom é de fiar.
Tranquila em OFF,
entra acesa nos meus pesadelos
e vira-se contra mim com os seus dentes de aceiro,
como um sonho
que se volve realidade.

Ou tamém pode ser
que nom a conheça bem e
nom é que a motoserra seja insegura
senom que o inseguro som eu.

Talvez algum dia
deixe de picar lenha a mao,
de erguer e deixar caer o machado
umha e outra vez
e lhe perda o medo á motoserra.

Tenho que cambiar,
mas necessito tempo.
E algumhas outras cousas.

Séchu Sende . Courel, 2007
*Grazas Séchu por pórlle letra ao himno :-)

aMeNCeR

fervenza_madanela 225

SuNRiSe PHoToFRiDaY aMeNCeR

O peor que che pode pasar é crer que amañece cando despertas....jeje.

Sinto un pouco esta indolente presenza polo blogomillo. Xa non podo roubarlle máis tempo a almofada e terei que organizar mellor o meu tempo para facer tamén outras cousas . Ás veces, cando teño un par de horas libres, dame medo entrar nos vosos blogs porque xa sei que non vou facer máis nada deixandome levar pola maraña e acabando sempre atrapado... Terei que acostumarme a postear e pasar polas vosas covas os fin de semana, que é cando teño algo máis de folganza.

Tamén quero amosar o meu disgusto con aquel xoguete que me trouxeron os reises vagos fai dous anos. Non é de recibo que unha cámara de fotos de ese formato teña tantos problemas coa limpeza dos sensores. Estou máis que cabreado porque mandala arranxar á Madrid cústame arredor dos trescentos euros e mercar esta outra, pode cústarme o divorcio. Pensareino :-)

PRiMiTiVe

a matanza do porco 059
_PHoToFRiDaY
Primitivos non eran os nosos avós
nen primitivos somos nós, anque así o pensen ás veces os nosos fillos.
Primitivo, poderíamos chamarlle ao comportamento humano ante certas cuestións que nos descalifican por si mesmas.
De Mahoma falarei outro día, ou non...