Blogia
DoRViSou

Natureza

o CeMPéS

O cempés

Así, camiñando a modiño, saboreando a vida, pasiño a pasiño...

aRTe NaiF Na MaDaNeLa...

Cume da Madanela
 
 
Desde o cume da Madanela (650 m.) pódense ollar, nos días de boa visibilidade, ata 50 km. arredonda. Xunto do monte do Carrio é Unha das máis fermosas estampas da Galicia do interior. A Madanela atópase na parroquia de Carbia e chegase a ela desde a carretera que vai de Vila De Cruces a Pontelesdesma, dous km. despois do observatorio da Zarragrande.
Nesta foto tan mala que deixo hoxe, destaca o cruceiro "naif" cos nenos que xa non son tan nenos e a  singular capela feita nunha iniciativa dos mozos de Carbia, que como dunha oferta promocional de 3x1 se tratase, nos ofrece un lugar para o culto, un mirador contraincendios e tamén sirve de referencia como vértice xeodésico.
Armando Vázquez Crespo, recórdanos nun libriño adicado as terras de Carbia, que as lendas contan que xa os monxes de Carboeiro viñan de tarde en tarde a dicir misa a unha capela que había antigamente e que, como non debían de vir de moi boas ganas pola lonxanía do camiño, aproveitaron ao romper unha pata a mula que traía ao abade, para deixar de complacer aos devotos de Santa Magdalena e abandonando así a capela que rematou polo chan
Ah, a romeria vense celebrando no mes de Xullo, o domingo máis próximo ao 22,...por se alguén quere disfrutar do folckore de alturas
Eu, tampouco poderei ir este ano porque sempre me toca retornar a estas queridas Illas, nas víspras das festas :-)

iMPoTeNTeS Non, CHiQuiTiNeS ...TaMPouCo

erosman
Fai uns días fun de testigo dun amigo, que tivo a marabillosa idea de casarse, e cando o cura me preguntou se coñecia dalgunha disfunción ou impotencia do meu amigo, quedei de pedra...o primeiro que me viu a cabeza foi ese carteliño que aparece nos bares, xunto das máquinas tragaperras que di: "proibido xogar aos incapaces".
¡Pero mira que xa lles vale...!

oS GaTiÑoS e as naranxas eN ViLaFLoR

IMG_7334

 

E quedei pasmado ollando como había un gato que quería e non lle deixaban ou como cando levantaba a cabeza do testo o xefe, levantábanna tamén os outros tres con certa desconfianza.

¡Hai que ver...que xa non viven en paz nen os gatos!

SeN PReGuNTaS NoN Hai ReSPoSTaS...

IMG_7374


Se você quiser minha opinião final sobre o mistério da vida e tudo isso, posso resumi-la em poucas palavras. O universo é como um cofre para o qual existe uma combinação. Mas essa combinação está trancada dentro do cofre. (Peter de Vries)

aS PoZaS Do TeiDe...

IMG_7302-1
Os lagos do Teide non existen pero de habelos, serían os lagos máis visitados do mundo.
Cando neva ou chove apoza a auga dese xeito. É curioso, porque moita xente canaria pensou que esta foto era un fotomontaxe.

BaRRaNCo Do iNFeRNo...

Exit...

120 minutos...3,250 metros

Pero tampouco é tanto se pensamos que é para sair " do inferno" ...
 
IMG_7147



HeRBaS DaCoLá..

IMG_7011

 

Que felíz fun naquel día no que o meu amigo Marco de Forzans, me troxo un fermoso ramo de toxos dos montes de Garachico.
E que é moi triste sentir como pasan os días sen ver unha triste silveira :-)

SoMoS aPReNDiCeS Da ViDa...

IMG_7185

 

Growth _PHOTOFRIDAY _crecimiento

Esta mañán escoitei como lle preguntaba unha veciña a outra

¿E logo de onde ves?, e a outra, como se fosen máis de dúas contestoulle:

¿Quen eu?... veño de levar os nenos da escola.

O noso misterio máis grande sempre foi saber de onde vimos...pero hoxe quedoume un pouco máis claro. Uns veñen de levar os rapaces da escola e outros vimos da cama :-)

 

aS CoReS Da NaTuReZa...

IMG_7142
Sem palabras... pero con moitas e lindas cores.

aMeNDoeiRoS eN FLoR

IMG_6895
Os montes de Santiago do Teide cubertos de amendoeiros en flor co Teide aínda un pouco nevado de fondo.
IMG_6753
Amendoeiros en flor cun mar de nubes e os cumes dos montes da Gomera ao fondo

Escribira un post contando un pouco as sensacións destos días do mundo sen blogia e cando fun a publicalo perdeuse entre o lume que afuma os chourizos da feira do catro de Vila de Cruces, a feira do cocido de Lalin, o carnaval "amargo" de Tenerife e os chismes de San Valentín...Blogia aínda non furrula ben.
Bicos e apertas a minha parroquia.

¡oHLaLa...TaJiNaSTeS!

IMG_6355
O Tajinaste é unha planta que vin por primeira vez en Canarias. Alguén me dixera que eran plantas que precisaban de certa altitude para alcanzala plenitude e vendo estes exemplares que encontrei fai uns días, pode ser ben certo.
Eu rematara de almorzar como os reis e sain a dar un paseo polos viñedos da bodega do restaurante Tierra de Frontos , cando me encontrei con estas señoritas e non puden máis que fotografialas para que, cando os efluvios do viño menguaran, saber que aquela beleza que cautivara os meus sentidos fora verdade.
Téñoos vistos vermellos e ata o ano pasado en Galicia, concretamente no xardín dun amigo en Dorvisou atopei unha cor violeta que si me deixou traspapelado. Pero así,con esa alegría de cores e no mes de xaneiro, non recordo.

o Q Do MuNDo

o Q do mundo
O problema de viajar até o centro da Terra não é a distância. São 6.370 quilômetros partindo do nivel do mar até o ponto mais profundo, cerca de 1.000 léguas, bem menos do que a costa brasileira, que tem 8 000 quilômetros de praia. A glande dificuldade é mesmo o calor e a pressão debaixo dos nossos pés. Até hoje, a profundidade máxima atingida foi de 13 quilômetros, em solo russo, em 1987. E, mesmo assim, quem viajou foi uma sonda, já que a essa altura qualquer ser humano estaria assado, cozido e frito.Oproblema de viajar até o centro da Terra não é a distância. São 6.370 quilômetros partindo do nivel do mar até o ponto mais profundo, cerca de 1.000 léguas, bem menos do que a costa brasileira, que tem 8 000 quilômetros de praia. A glande dificuldade é mesmo o calor e a pressão debaixo dos nossos pés. Até hoje, a profundidade máxima atingida foi de 13 quilômetros, em solo russo, em 1987. E, mesmo assim, quem viajou foi uma sonda, já que a essa altura qualquer ser humano estaria assado, cozido e frito.
 
Ollando uns gráficos deste artigo deime conta de que os volcans só son un pequeno anticipo do que pode chegar a suceder coa terra algún día. 
Fai uns días tremei no cume do volcán San Antonio,despois de ver no centro de visitantes do propio volcán un documental sobor da última erupción do Teneguía (1971). Co medo metido no corpo fun a dar un paseo pola coroa do cráter, a unha hora que xa non quedaba por alí ninguén, e pouco máis que camiñei dez minutos dos trinta que leva dar a volta. Eu non tiña medo de caer no cráter . O que verdade me impoñía era mirar para o outro lado.
Menos mal que pola noite podía relaxarme , anque fose nun recuncho de sustrato volcánico

ReiSeS MaJuS_3

A Palma_2 116

Os meus mellores desexos para todos...e que neste ano calen os sóns da guerra e que chirríen moito máis os pés da cama na terra.


ReiSeS MaJuS_2

O triste é non poder deixar os dous zapatos na ventá...este ano todos debemos facer un esforzo para ser un fisquito mellores


 

Fotus_Pacus.2

ReiSeS MaJuS_1

Hoxe madrugan ata os republicanos...aquí vos deixo uns agasallos do Nadal.

Fotus_Pacus.4

aRRouTaDa Do Día

Fotus_Pacus.1

A verdade é que cando un está de vacacións ata pensar parece un sacrificio.
De aí que a vida dos ricos sexa tan puta-tiva...

uN PaRaiSo Na Terra

Natureza
Ás veces penso que teríamos que pagar para disfrutar de certas cousas . Só deste xeito poderíamos "OS HUMANOS" ser máis libres para sentilas con máis intensidade.
Tanta xenerosidade e beleza gratis non é posible.

NaTuReZa ViVa

Segade
Pois será verdade que na natureza nada é superfluo...

CouSaS MiNHaS...

collage
Onte pola noite "receteille" este xarope e hoxe pola mañá estaban todas así de bonitas.
Ás veces, prefiro falar con elas...