Blogia
DoRViSou

Natureza

LeS FLeuRS Du MaL

IMG_1384
Picar na foto
Din que ao botarlle unhas sementes de amapola na comida da persoa amada, ésta cae rendida de amor aos teus pés."
Agora, estou pensando que raios lle botaría eu na comida, aquela primeira vez. Todo pode ser...

S.O.S ...RíoS GaLeGoS

IMG_33833
Picar na foto
Nos ríos galegos, como se pode ver na foto, siguen aparecendo monstruos, algúns din que son do PP.
As sensacións que poda ter un galego que viva lonxe da terra, en col dos problemas medioambientales dos ríos galegos,
non deixan de ser as mesmas que outro que viva nela. A impotencia da xente sensible a este tema é descomunal,
unha guerra moi desigual, por un lado (xa sei que é moi forte dicir esto) a insolidaridade do povo galego
e por outro bando, os intereses personais e partidistas dos nosos políticos
que non deixan de disfrazarse para enganar mansamente a un rebaño sen can pastor.
A min doéme que os veciños da minha parroquia vendesen o ferrado da terra a 1.500 euros
e os da banda do outro lado do río, liderados por alguén máis avezado nestas lides, a 6.000 euros.
A min cabréame que o alcalde de Vila de Cruces non fose máis que unha veleta ao son do vento que máis soplaba e non defendese
os intereses do seu povo que non deixaban de ser outros que protexer ese espazo natural dunha grande riqueza biolóxica.
Menos mal que para "consolo humano" unha aula de cultura da natureza encargarase de abrirlles os ollos os nenos para facerlles entender de que, xa todo está feito así e nada se pode cambiar, de que se non hai un mundo millor é porque non quixo o papá e maila mamá...

iLLaS De ReMeSQuiDe

<center>iLLaS De ReMeSQuiDe</center>
¡Menol mal que aínda quedan paraisos para soñar ou merendar... mais non sei ata cando !

Rio BRaNDeLoS

<center>Rio BRaNDeLoS<center>

Rio Brandelos ao seu paso por Prevediños, concello de Touro.

Esas augas de cores son o legado que nos deixou as minas de riotinto, vinte anos despois de ser pechadas...


TeRRaS De CaRBia

<center>TeRRaS De CaRBia</center>
Terras de CaRBia
a dos vales e montes
que outea o castro Cumeiro
a dos ríos, a das pontes...
i eu diría Terras de CaRBia
terra de lendas e moita tradición
Coto do castelo, alcobre,
covas e no cume, a madanela
Festas a S. Xoan, Madalena e a nosa señora das Pedras...
CaRBia a do chulo, a do americano, a do capador
a das viudas, a do mapa, a do xastre, a do leiteiro, a do carteiro.
CaRBia a do matacáns ...

XoGo De CoReS

<center>XoGo De CoReS</center>
Parece ser que cada capa corresponde a unha erupción diferentee que entre capa e capa poderon transcurrir séculos ou milenios.
A capa blanca está formada por pedazos de pedra pómez. A capa negra é de picón basáltico e a capa rojiza tamén é picón basáltico, oxidado este na sua formación no contacto coa auga subterránea que entraba no conducto eruptivo e que máis tarde se evaporaba.
                          Este curioso espectáculo pode observarse baixando do Teide cara o monte das Mercedes.

GRANDES FESTAS EN DORVISOU

<center>GRANDES FESTAS EN DORVISOU </center>
E chorei, chorei cando escoitei dicir "NON TE VISTAS QUE NON VAS"
 

ALiCia No País DaS MaRaBiLLaS

<center>ALiCia No País DaS MaRaBiLLaS</center>


E soñei outra vez máis...

con Alicia, na primaveira da vida, correndo polos prados cheos de margaridas

antre paxariños piadores e bolboretas de moitas cores,

mentras as vaquiñas pacían e "reían" en libertade ao son da modernidade,

contemplando os nosos montes floridos de toxos e mimosas,

cheos de castiñeiros, sobreiras e carballeiras.

E soñei outra vez...

con G-Alicia no país das marabillas, con esa Galiza rural e culta libre de

ENDESA, REDESA, GAMESA, e a nosa golosa señora de FENOSA...

¿ONDE ESTÁ O NOSO EVO MORALESSSSSS...?


MiL VeCeS uN MiLLóN De VeCeS NoN...

<center>MiL VeCeS uN MiLLóN De VeCeS NoN...</center>
MiL VeCeS uN MiLLóN De VeCeS nOn oS eNCoRoS .
 
A Carixa_Merza 
 
OS ENCOROS SON A MORTE DOS NOSOS RIOS, DICIR SI AOS ENCOROS É DICIR NON A VIDA .

FaR-WeST MaDe iN TeNeRiFe

<center>FaR-WeST MaDe iN TeNeRiFe</center>
O vaquero estaba a posar para a súa amada.
Eu só decidin incorporalo como modelo a minha foto
para demostrar que pouquiña cousa somos fronte a inmensidade da natureza.
Anque a algúns se lle ocurrira bombardealas nubes para cambiar puntualmente a climatoloxía.

CaÑaDaS Do TeiDe...

<center> CaÑaDaS Do TeiDe...</center>
Ainda hoxe me doen os ollos de telos tanto tempo abertos.
Había momentos nos que o silenzo ata metía medo...

BRaNCo e NeGRo...

<center>BRaNCo e NeGRo...</center>
Sinto nostalxia, será cousa do Nadal, nen quero pensar...

NoN é PReCiSo LeR NaDa, aBoNDa CoN VeLa FoTo...

<center>NoN é PReCiSo LeR NaDa, aBoNDa CoN VeLa FoTo...</center>
Nestes dias de vacacións ao levantarme sempre subo a azotea para darlle os bons dias as prantiñas e o noso señor Teide. Mesmo pensaba ir a darme un baño a praia pero cando vin aquel carapucho do Teide todo nevadiño, baixei a todo meter , collín o coche, a cámara e...claro, esto pásame por vivir nunha Illa tan agradecida, cando non hai vendaval ou chove que trona.
Subindo ao Teide atopei con sol e outras veces con néboa, o día prometía mentras ía escoitando a Mercedes Peón e a Brat. Xa no Teide, había moitas nubes que viaxaban dun lado para o outro como si estivesen de mudanza, ás veces mesmo tiña que quedarme pensando mentras se apartaban para que Lorenzo me iluminase. Saquei fotos ata que se abarrotou a tarxeta, o mesmo que facían os pescadores de troitas cando picaban e tamén cando había rios e troitas, claro está. Despois baixei polo meu monte da Esperanza, ás veces chovía, saía o sol e mesmo non se vía a carretera da néboa...Cheguei ata Guamansa para almorzar na casa do millo, ensalada de salmón e aguacate, potaxe de berros e un bacalao fresco con mojo verde e batatas, unha caña, un pouquiño de viño e...
¡Joder, como se nota que estou de vacacións, con tanto rollo xa me olvidaba de colgala  foto!

eSPeRaNZa é MáiS Que uNHa PaLaBRa...

<center>eSPeRaNZa é MáiS Que uNHa PaLaBRa...</center>
Despois do ataque de morriña que me entrou onte ao velas fotos de Acedre ,
hoxe fun na procura do meu Outono.
Un paseo polos montes da Esperanza fíxome soñar con el, castiñeiros de amarelas follas e ourizos recachados, cogomelos...
ese sol do mediodía, ese aire fresco,  ese cheiro a terra mollada...
Esa sensación de libertade nos cumes do Teide non ten prezo.


ToDa a TeRRa éCHe PaíS...

<center>ToDa a TeRRa éCHe PaíS...</center>
Ollando esta foto, lémbrome daquelas palabras do sobranceiro Bush
cando dicía que para loitar contra dos incendios,
o mellor era tala-los árbores.

NoN oS eNCoRoS Do Rio ULLa

<center>NoN oS eNCoRoS Do Rio ULLa</center>
Ainda agora, cando miro esta foto parece como se a minha memoria fose capaz de fabricar olores, como se rescatara da caixa do rexistro aquelas estampas de cando o meu pai chegaba a casa e abría o cesto para ensinarnos aquelas troitas sobor duns fentos verdes, que cheiraban a frescura, a vida...
Un pouco máis tarde él mesmo, tixola, tesoiras na man, se dispoñía a fritilas con un pouco de unto
para unha maior comuñon dos nosos sentidos.
Ás veces penso, que se suicidou porque escoitara falar de que o paraiso dos pescadores de troitas do rio Ulla
ía desaparecer,debaixo das augas, dos malditos encoros...

ouToNo TRoPiCaL...

<center>ouToNo TRoPiCaL...</center>
E pensar que moita xente só mira para o chan...

Os CRaVoS De CRiSTo

<center>Os CRaVoS De CRiSTo</center>
Foto adicada a peke, quen padeceu nas súas carnes o feito de ver como unha pasiflora súa florecía cara o xardín do veciño

aRRouTaDaS eN dO MaioR

<center>aRRouTaDaS eN dO MaioR</center>
¡E pensar que hai homes que non "perderon" tres minutos da sua vida en contemplar a beleza dunha rosa!
¡E pensar que hai mulleres que xamais lle temblaron as pernas cun orgasmo!
...non sei que cousa será máis triste

FRoReS a MaRía...

<center>FRoReS a MaRía...</center>
Hoxe disfrutei como un anano das cousas máis mundanas.
Desde lava-lo coche a man con caldeiro e unha esponxa nun regato de auga, cousa non moi usual neste sur de Tenerife até quedar pasmado ollando unha ringleira de formigas carrexando pequenas frores para celebrar o mes das noivas, o mes da consagración de María, o mes das cántigas, o mes das frores. E xa non digamos nada do almorzo con caldo galego, lacón con grelos e tarta de Santiago... e ademais, se lle engadimos que pagaron outros, xa me contaredes.