Blogia
DoRViSou

Ollares Do Tempo

BANANAS

<center>BANANAS</center>
A foto de hoxe adíco-lha a incombustivel jaio porque foi ela o primeiro que me veu o pensamento
cando iba no coche e vin o cartel da foto


A verdade é que cando escribo son consciente das minhas limitacións linguísticas
que non fan outra cousa que merma-la minha vontade.
E ademáis, teño que confesalo, sempre que o fago,
unha sombra a xeito de nube que ameaza con chover
tápame o sol. Esa "nuvem" leva o nome de pawley, de jaio,
descalza, vendell, graciela, a tola de María e outros que leo cada día.
Nunha pequena conversa online con Pawley contábame
que cando el escomenzara neste mundo bitacorero,
esa forza instintiva de superación foi o que o levou a traballar con máis ánimo cada día.
E con esas ansias de superarme ou motivarme me sento a diario neste recuncho.
Esta bitácora non pretende ilustrar mentes inquedas
nen aspirar a cuotas de popularidade non soñadas.
Máis ben, pretende ser un berro calado contra os pecados capitales do mundo
E a mediocridade dos deuses que o amparan... cousas intrascendentes que acontecen.
Nada, que como xa tedes taxi eu son o cama-eros galego nas Canarias que non regresou a terra no xacobeo (soa ben e todo).

ARROUTADAS EN DO MAIOR

<center>ARROUTADAS EN DO MAIOR</center>
As persoas non somos nada fronte a inmensidade do ceu que nos cobre
e podemo-lo ser "todo" na propia soedade.
Vivimo-lo tempo que nos parece. Nada o pode medir, nada o pode deter.
A vida é unha burbulla de relatividade no infinito. unha bagatela, unha xoia....sempre depende de nos.

Xa o dixo Manu chao: "Eu son un parrandeiro, non un intelectual da múseca"

NOSA SEÑORA DE FENOSA

<center>NOSA SEÑORA DE FENOSA</center>
Aqueles xeitos de felina engatusaronme deseguida e a temperatura das súas fazulas plantoulle lume a minha curiosidade por saber se chegarían a fundirse os nosos corpos abrazados...

KOPAS EN SALVAXE COMPAÑA

<center>KOPAS EN SALVAXE COMPAÑA</center>
Chegamos o Tropicana e ainda non rematara a camareira de poñernos uns habanas
xa estaba Rodrigo desafiando a sorte na pista de baile con duas extranxeiras.
Cando se acercou a busca-la copa díxolle con malicia Luis de Malpica:
¡Oes, non sexas parvo e mórdelle a orella!
-¿Cal delas?,perguntou coma quen non quere a cousa, Rodrigo
¡Home!...será a que non ten pendiente, non vaia ser o demo que rompas un dente.

DESASOSEGO

<center>DESASOSEGO</center>
Nunha viñeta vese un dormitorio cunha cama de matrimonio.
O marido asomado no peitoril da ventá ollaba pasmado o carapucho explosivo
da bomba atómica, que non deixa de ser unha especie de incendio provocado,
sobre os tellados e azoteas da cidade. A mulher, ainda deitada e soñolienta,
escoita o ruido da explosión e pergunta ó marido moi inqueda:
-¿qué pasa?
Ao que lle resposta, como se dun bombeiro se tratase, para mante-la calma:
- Tranquila, tranquila, que non pasa.

CURRICULUM VITAE

<center>CURRICULUM VITAE</center>
"Os rapaces da aldea somos tristes. Enredamos, corremos tras dos foguetes e ata rimos, pero somos tristes. Temos a pobreza e os trafegos da terra aniñados nos ollos...Neira Vilas


Nacin nunha aldea que se chama DORVISOU.
Unha aldea chea de fontes, muiños, corrupas e corrupiñas.
Unha aldea na que, cando sae o sol, aínda rechouchían os paxariños.
Cando eu nacin o mundo xa estaba feito,
xiraba sempre do mesmo xeito
e pouco puden facer por cambealo.
Neto de caseiros, fillo de emigrantes...
En Dorvisou non había nenos progres
nen hoxendía hai executivos con garabata.
Síntome un armadanza criado no ocaso do arado romano.

NUNCA MÁIS

<center>NUNCA MÁIS</center>
Acercouse a ela mirandoa fixamente os ollos.
Cunha man acariciaba-lle as meixelas,
coa outra xogaba coas loiras guedellas que mesmo parescían fíos de ouro.
E mentras se bicaban, el, meteu a man no bolsillo, sacou unha pistola
e tirou-na o fundo do pantano.
Amabaa e non o sabía.

DON CARNAL

<center>DON CARNAL</center>
ZOOM

Mentras estou a "postear" unha voz amiga encargase de deixarme clariño
cales deberían ser as minhas prioridades nesta mañan, víspera da primaveira.
É como a voz da minha conciencia. Un anxo con sexo que me sirve de guía.
Ela,compañeira de viaxen, sabe moi ben que non teño outras que non sexan aquelas
onde podan albiscar os meus sentidos un fisquito de pracer.
¡Agora subo, meu ben, a cortarche as uñas dos pes!

SENTI-LA VIDA LATER
na palma da man

<center>SENTI-LA VIDA LATER<H6>na palma da man</H6></center>
Poder, diñeiro, palacetes con griferia de ouro, coches intelixentes...
¡Cantas cousas para colma-la felicidade de calquer ser humán!
E resulta, que a ti meu ben, só se che ocurre pedir-lle a vida todo aquelo que non se pode
comprar nen con cartos, nen en botica, nen no corte ingles.
Pedir "querer sentir" xa debe ser coma ter meio camiño andado, porque ¿sabes ti
cantas persoas viven nesta terra sen ter esa necesidade?
...Eu tamen quero senti-la libertade de vivir, coma ti, as emocions e os sentimentos.

O MONUMENTO

<center>O MONUMENTO</center>
Ela, falaba no idioma da xente,
da fugacidade das cousas no tempo,
das etiquetas con data de caducidade das modas,
do mar, do amor e da libertade.

SENSACIÓNS

<center>SENSACIÓNS</center>
O meu amigo púxose a mira-la foto do dereito,
do reves, de todo-los xeitos posivles e xa canso de remirala, díxome:
Non é que me sea indiferente pero tampouco me di nada.
Deseguida me dei conta do sosego que contaxiaba aquela foto.

XACOBEO_2004

<center>XACOBEO_2004</center>
Querido amigo:
Son as oito da tarde,
dunha triste tarde da sempre alegre primaveira.
Nesta hora do coito na minha aldea,
dispóñome a escribir-che unha carta na procura
dunha maior identidade para a nosa amiztade.
Eu non son mala persoa anque, como Pacual Duarte,
non me faltan motivos para selo.
Sinto moito ter que comunicar-che que este ano
no poderei ir a festa.
Dalle saudos a todos. Os nenos, mozos, menos mozos e vellos,
nenas, mozas, menos mozas e vellas.

CANCELAS_2

<center>CANCELAS_2</center> Sempre me gostaba ir correndo, entrar pola porta da eira e sair pola porta do curral,
mentras minha avoa conxugaba o verbo xostregar...
As veces penso ( só as veces) que minha avoa non me educou melhor porque eu sempre corría máis que ela.

cancelas

cancelas As cancelas pechadas á felicidade é o que tiña eu os luns,
nesa primaveira bonita de viver, que como di alguén,
tan depresa sal o sol como se pon a chover.
Agora, no adoravel outono da minha vida, os lunes ao sol.

Vestixios

Vestixios Mudou o verbo,
apagáron-se as luces
e detívo-se o reloxio do tempo...