Autor da escultura: Paco Lareo Texto: Recollido do blog de Garetoxo
A tráxica historia dos gaiteiros afogados no río Ulla, a noite de Santiago Apóstolo no ano 1968. é o derradeiro episodio da historia musical da parroquia de Piloño. Tras este suceso, transcurriron trinta e cinco anos de silencio folclórico. Con tal motivo na Solaina de Piloño celebrouse unha Xuntanza de Forxadores e gaiteiros nunha homenaxe o sábado dia 13 de decembro de 2003 como lembranza ós musicos desaparecidos en concreto, e á música popular en xeral. A noite do 25 ó 26 de xullo de 1968, noite de Santiago, tres gaiteiros de Piloño, Carmelo Espiño, o seu fillo Jesus e Enrique Silva volvían as súas casas despois de actuar na festa de Santiago de Novefontes no concello de Touro. O único instrumento que levaban consigo era a gaita de Valo de Combarro prestada polo seu dono para aquela ocasión, os outros instrumentos quedaran na casa dun veciño de Novefontes xa que logo debían volver para tocar ó día seguinte. Entre esta aldea e Piloño, só existen uns poucos metros de auga do rio Ulla que daquela se salvaban gracias a barca de Saturno e a barca de Ramiro. Sobre as 3 horas da madrugada chegaron os tres músicos ó lugar coñecido como "A Ponte Basebe" en compañia doutros tres romeiros veciños da parroquia de Salgueiros Manuel Pampin Peiteado, José Souto Ramos e Carlitos Parcero Navaza que , pretendian igual ca eles, volver ás súas casas cruzando o rio na barca de Saturno. O barqueiro non estaba. O rio, controlado pola central hidroeléctrica de Portodemouros levaba moito caudal de auga. O habilidoso patrón fluvial, non aparecia. A noite propiciaba á valentia. O desafio parecía viable. Embarcados os seis homens no barquete botáronse a un río descontrolado, atrevido e festivo que aceptaba o reto dos seis homes. A forza da natureza fronte a fronte con seis mozos. Perdido o contacto co aramio guía que une ámbalas duas veiras do rio como única vía que os vencella coa terra e coa vida, a barca perde autonomía e como unha mo´rtífera cesta de vimbios tripulada por homes desesperados, pérdese na escuridade, batendo corpo con corpo entre os saloucos húmidos e desesperados duns homes que tentan resucitar dun final que non ofrece dúbidas. A traxedia non tarda en facerses con tres nomes; dous músicos Enrique Silva e Carmelo Espiño e o mozo José Souto Ramos desaparecen entre as augas. Jesus Espiño consegue amarrarse á vida en forma de pola de ameneiro, durante seis horas de abrazo desesperado. Manuel Pampin e Carlitos Parcero son os que dan a voz de alarma entre a vecindade que xunto coa Garda Civil, descobren os corpos sen vida dos tres integrantes daquela estremecedora viaxe. Nunha das Beiras do río, onde a auga lixeiramente amaina das correntes, a gaita de Valo, arrolada polos prantos é rescatada do naufraxio. Aquela madrugada de Santiago foi para PIloño, a derradeira noite, o derradeiro estío, a derradeira viaxe da música á escuridade de trinta e cinco anos de silencio.. Posted by goretoxo at Noviembre 30, 2003 10:14 AM
A SOLAINA DE PILOÑO é unha nova vara de medi-la cultura. Un espazo lúdico onde o home enriquece o seu interior do propio entorno luxurioso que o sostén. Paco Penas.
Dende hoxe, día 11, até o día 17 a SOLAINA DE PILOÑO vestirase de gala para acoller a VII Xuntanza Obradoiro Internacional das Artes Plásticas. Artistas consagrados con amplos curriculuns e outros máis noveles deixaran testemuña do creto que ós avala nestas xornadas que organiza cada dous anos a Fundación Casa Museo A SOLAINA DE PILOÑO ( Vila de Cruces-Pontevedra). Neste ano participaran no evento artistas chegados dende Milán coma Cristiana Depredini, os galeses Brendan Stuart Burns e Richard Iwan Elis Roberts, a mexicana Elizabeth González Rozas ou a holandesa Tineke Porck dan fé da internacionalidade desta xuntanza ao igual cos brasileiros Luiz Mario Costa Freire e Valter Ornellas. Pero España tamén está representada. Da cidade condal chega Cristina Fernández; de Murcia, José Antonio Torregosa e, de Galiza, David Fernando Giraut, Jorge Couceiro García, Teresa de la Paz Grande Taboada, Lola F. Dapena, Beatriz Rivera, Almudena Fernández, María Marticorena Cabezas, Marta Rial Vázquez, Antón Lamazares, Luis Iglesias Rodríguez e Xaime López Villar.
O carácter internacional desta, máis que consolidada, xuntanza serve para poñer de manifesto que as iniciativas privadas poden deixar co cú ao aire a máis dunha institución pública no eido da Cultura. A cultura para quen a mama. Quen soña con un mundo mellor é o povo. Os políticos sempre viven no mellor mundo dos posivels.
A clausura será o Sabado día 17. Nese día expoñerase ao público a obra criada polos autores en LIBERTADE. Así que, os que teñan a oportunidade de achegarse alí non deixaran de sorprenderse do paraiso que encerra aquela cancela da casa do ferreiro de Paxariñas.
Sobre as ribeiras opostas dun río atópanse dúas palmeiras. Teñen de altura 10 e 15 metros respectivamente, dende o nivel da auga. Os troncos das palmeiras están separados por 25 m. Enriba de cada palmeira está pousado un paxaro. Os dous paxaros ven ó mesmo tempo un peixe, na superficie da auga, sobre a recta que une os pés das dúas palmeiras. Os paxaros chegan a mesma velocidade e o mesmo tempo ó peixe. ¿a que distancia do pé da palmeira máis alta apareceu o peixe?
¡ Hai que ver que oco máis grande deixaron no ceu as torres xemelgas. Agora ata se ve dende o castelo de San Antón o parque de Sta. Margarita ! ¡ Nova Iork, Nova Iork, A cidade onde ninguén é forasteiro, agás o alcalde que é de La Coruña !
Aínda me estou perguntando se estaban a posar para min ou andaban á ameixa
Subiu Deus á barca, e seguírono os seus discípulos. De súpeto levantouse tan gran temporal que as ondas cubrían a barca; pero el durmía. Os discípulos foron despertalo, exclamando: ¡Señor, sálvanos que afogamos! El díxolles: ¿Por que vos acovardades, homes de pouca fe? E poñéndose de pé increpou aos ventos e ao mar e veu unha gran calma. Os homes, abraiados, dicían: ¿Quen será este a quen incluso os ventos e o mar obedecen?
A verdade é que foi un tempo inconcreto porque dubido que haxa reloxio que poda medir un tempo tan indefinido. Xuntáronse a fame coas ganas de comer. A máquina de sacar fotos convirtiuse nun membro máis do corpo e apostandome nun recuncho da cidade máis Atlantica disparei, coma un posuido, contra todo aquelo que rebulía o meu caron
Así quedaron as minhas vísceras nesta tarde despois da mala sorte de Alonsiño e a catástrofe da Armada invencivel, jeje ! Menos mal que nos queda PORTUGAL...¡
Estou preocupado porque hoxe pola mañan ao espertar, a primeira imaxen que me veu a mente foi a dun vello tractor barreiros que tiña o meu sogro na aldea. Antre recentes posts do blogomillo e que mañan durmo en Compostela, estou que non estou.
¡BBRRRUNBRRONN !Pisalo o embrague e o acelerador a fundo dúas veces como os máis avezados. Non sei, como querendo estrenalos oidos ou mesmo perderlle medo o ruido. Cando estaba só na casa maniobraba pola eira. Adiante, atras...sempre pola mesma rodeira pero o que de verdade molaba era collelo polas longas pistas da parcelaria, eses atallos dos inxenieiros. primeira , segunda, terceira....soltalo embrague, darlle jas a tope e facelo brincar de diante coma unha becerra, ata que botaba fume nejro con muxicas de lume pola chaminea.
Voume, como diría o meu amigo Caizan, levántome, xiro encima dun pé, abro a porta e pírome...para a praia. Nestos días dáme por fazer inventario das nuvens.
O loureiro da casa do Rei ao abrilas ventás pola mañan cediño cando me levanto. As mimosas da eira de Severino cando vou pola corrupiña do pereiro. A bosta fresca das vacas cando ando polos camiños, as xestas, os codesos... Pecho os ollos e son quen de fabricar ata un aire de toxo coa forza da mente.. TURISMO RURAL Si, turismo rural...da casa da nae a casa da sogra. Tempo haverá para dar un paseiño por lugares como a praia das torradas para contrastar sensacións, para liberar o corpo das tensión acumulada no trafego de cada día. Na mente teño tamén ese día da festa do blogomillo na Solaina de Piloño.
"Si as tuas fotos non son dabondo boas é que non estabas o suficientemente cerca" dixo Robert Capa, quen morreu ao pisar unha mina na guerra de Indochina no ano 1954.
O MAGMA FERVE a tres kilométros de profundidade nas entranhas da terra mentras algún vulcanólogo di que estamos no prelúdio dunha erupción pero que esta será tranquila e sen riscos. ¿vulcanólogo ou vidente?
OUTRO MOVEMENTO está a producirse na corteza da terra co plan para controla-la povoación. Sete mil europeos pupulan antre as dependencias do INEM na procura do maná. A polémica está servida.
Levanteime as sete e media. Era o meu día livre pero a minha companheira díxome que ia a quedarse na cama porque tinha gripe. Entón prepareí o colacao dos rapaces e fun a levalos a escola.Tamén aproveitei para fazer a compra e deseguida regresei a casa. Xa na casa, dei-me conta do día que me esperaba e sen perder tempo puxenme a elo. Escomencei por limpala casa, fazer as camas, barrer e fregar o chan e ponher a lavadora....sen descoidar, porsuposto, as atencións a minha companheira de viagem. Fixen o xantar e fun a busca-los nenos. Xantamos e fun a levalos a múseca e informatica mentras eu fun a fazer recadinhos que me encarregaran. Regresei a casa sobor da sete da tarde e rematei limpando os cacharros da cociña e colgando a roupa que mesmo secara xa, na lavadora. As oito da tarde, nesa divina hora do coito na minha aldea, senteime canso e sen ánimo a fumar o meu primeiro pitilho antre unha sensación mui extranha. Tiven medo, muito medo, sentin como se me fora a baixar a minha primeira regla.
NOTA DO AUTOR: Covertirme agora o Islán non, prometoo, pero o lusismo non sei que dizer.Tenho necesidade de ordear este galinheiro linguistico que me aterra e me limita.
Ainda que vivim pouco, muito sonhei... Já nom me pode dar a vida nada máis. Como na Alexandria que loüys da mao de Anadiomena percurreu, Demétrio em sonhos possuiu a Khisis, e desperto non quijo possuíla. Assim eu renuncio sem saudade nem dor a vivir nada máis, pois já todo o sonhei.... (O mestre Carvalho Calero)
Catro sementales da cultura na horta da SOLAINA DE PILOÑO mais un louco sen colina Miguél Anxo Fernán-vello, Paco Penas, Xosé Vázquez Pintor, Manuel Bragados de Xerais e Paco Lareo
Bah, Rubio, bah, vai vindo, ah, be, súbea, ben, boi, vai ben, bah, guuss, guuss. O corisco non cesa e o nariz arrefría, perde a crica, pinga. Boi recolle. Unha espiga de millo corvo, unha mada de fariña, auga quente, moita sede pasa o boi que tanto cobre, cravea nas matrias, gasta corpo e alma, dá proveito. Pero ten a vista cega. Tráenlle a xuvenca, a das ancas alzadas; e el só lambe, pasa o gume do ceo pola natura perfecta, do trinque; e sente o boi como se molla por dentro: vai por derradeira vez. Afinca cos pés traseiros. Rompe a freba do xamón e doe, sangran as xuntas . Pero Rubio está na cima. Manuel conduce a viaxe do pasador e entra todo e máis ala. Descarga. Descansa sen baixar. Moito son dúas veces. Pero volve. Algo lle di que nunca máis. A xuvenca agradece. Pandea. Abre. Navega en térra firme. ¿Pero soñan as vacas? Os amos son felices. Atenden por acenos. Poden as palabras ser estorbo. E boi sacode. Un lombo estragado que pesa. E a xuvenca avanta uns pasos, alegre cara a fóra, dona da corda ceibe; vira a testa e os ollos, que están plenos de luz e fermosura. Pero boi cae. Ridículo peso morto a se derrubar na terra. Roto o músculo. Non é capaz de enorgu-llecer de volta co seu peso en pé. O ollo dereito permite ver unha miaxa de home duro. ¿Boi? E Rubio tronza. Nunca o anel tocara o chan. Nin se luxaran as ventas coa color da bosta, sen herba. -Vai vello, Manuel. -Vai. -Son os anos, coma nos. -Son. E a xuvenca deu unha puchiña rubia, do fulgor das cervas.
O difícil exercício do arte de vivir ben conformandose co suficiente sen deixarse deslumbrar polo que escraviza. A felicidade debe de ser outra cousa..