Blogia
DoRViSou

A MEMORIA DO BOI

<center>A MEMORIA DO BOI</center>
Catro sementales da cultura na horta da SOLAINA DE PILOÑO mais un louco sen colina
Miguél Anxo Fernán-vello, Paco Penas, Xosé Vázquez Pintor, Manuel Bragados de Xerais e Paco Lareo


Bah, Rubio, bah, vai vindo, ah, be, súbea, ben, boi, vai ben, bah, guuss, guuss.
O corisco non cesa e o nariz arrefría, perde a crica, pinga. Boi recolle. Unha espiga de millo corvo, unha mada de fariña, auga quente, moita sede pasa o boi que tanto cobre, cravea nas matrias, gasta corpo e alma, dá proveito. Pero ten a vista cega. Tráenlle a xuvenca, a das ancas alzadas; e el só lambe, pasa o gume do ceo pola natura perfecta, do trinque; e sente o boi como se molla por dentro: vai por derradeira vez.
Afinca cos pés traseiros. Rompe a freba do xamón e doe, sangran as xuntas .
Pero Rubio está na cima. Manuel conduce a viaxe do pasador e entra todo e máis ala.
Descarga. Descansa sen baixar. Moito son dúas veces. Pero volve. Algo lle di que nunca máis.
A xuvenca agradece. Pandea. Abre. Navega en térra firme.
¿Pero soñan as vacas? Os amos son felices. Atenden por acenos.
Poden as palabras ser estorbo. E boi sacode. Un lombo estragado que pesa.
E a xuvenca avanta uns pasos, alegre cara a fóra, dona da corda ceibe;
vira a testa e os ollos, que están plenos de luz e fermosura.
Pero boi cae. Ridículo peso morto a se derrubar na terra. Roto o músculo.
Non é capaz de enorgu-llecer de volta co seu peso en pé.
O ollo dereito permite ver unha miaxa de home duro. ¿Boi? E Rubio tronza.
Nunca o anel tocara o chan. Nin se luxaran as ventas coa color da bosta, sen herba.
-Vai vello, Manuel.
-Vai.
-Son os anos, coma nos.
-Son.
E a xuvenca deu unha puchiña rubia, do fulgor das cervas.

A MEMORIA DO BOI do meu amigo Xosé Vázquez Pintor

4 comentarios

Dorvisou -

Si,Peke, cariña de bo(i).

M.A.F.V é a estéctica e o compromiso misturado...
De min non diga esas cousas, Martin, que se me murcha a flor.

Martin Pawley -

Carafio, eu pensara que o louco era M.A.F.V.!

dorvisou, é vostede un tipo con moita arte. Máis da que cre, fágame caso.

peke -

Si, claro; vostede ten cariña de bo.

dorvisou -

Estará demais decir que o louco sen colina son eu, non?.
Non se me vaia confundir con un semental "cultural" dos outros.