Blogia
DoRViSou

V.A.C.A.cións

<center>V.A.C.A.cións</center>

O loureiro da casa do Rei ao abrilas ventás pola mañan cediño cando me levanto.
As mimosas da eira de Severino cando vou pola corrupiña do pereiro.
A bosta fresca das vacas cando ando polos camiños,
as xestas, os codesos...
Pecho os ollos e son quen de fabricar ata un aire de toxo coa forza da mente..
TURISMO RURAL
Si, turismo rural...da casa da nae a casa da sogra.
Tempo haverá para dar un paseiño por lugares como a praia das torradas para contrastar sensacións, para liberar o corpo das tensión acumulada no trafego de cada día.
Na mente teño tamén ese día da festa do blogomillo na Solaina de Piloño.

4 comentarios

dorvisou -

Bueno, esto xa se parece a unha conversa on line e todo. Só espero que viva vostede en armonía cos seus e que non lle prive o seu padecemento de disfrutar da vida e da felicidade que se merece.
Un biquiño.

peke -

Se co do 12 se refire á xuntanza, xa me gustaría, xa. Pero teño en contra algo moi necesario: boa saúde. Non sei se resistiría a viaxe, a paparota e a excitación de estar con tanta xente sabia. O máis probable é que me derrubase a media comida e non é plan de dar espectáculos por aí. :)

dorvisou -

encantado de que se repita tanto. siga, siga...
Por certo, vaia preparando os ollos e as orellas para o día 12 de xuño, non sexa que se esquenza que ten unha obriga.

peke -

Xa me dá apuro repetirme tanto; pero é que a foto... marabillosa, coma sempre.