Blogia
DoRViSou

Ollares Do Tempo

a TRiBo SaBe De oFiCioS

<center>a TRiBo SaBe De oFiCioS</center>
María Elena Ferreiro é unha fermosa moza da parroquia cruceña de Merza. Filla e neta de zoqueiros de quen herdou a esporta carregada de ferramentas para darlle xeito o pao de cerdeira, abidueira ou ameneiro e seguir a facer zoquiños no século XXI. Hoxe, a diferencia do seu pai e avó que ían de feira en feira vendendo zocos para que a xente tronzase sebes e corredoiras, adícase o mundo da artesania. Feiras de mostras en Galicia, país Vasco, Catalunya, Castela, Andalucia e até levou o seu oficio a Londres e Suiza.
Se queredes vela cravear ou sacar pao, non tedes máis que achegaros o lugar de Reboredo-Merza. A sua destreza coa gubia, coa llerda, co revoquín ou mesmo coa mangueira de facer a xabreira fará que viaxedes através do tempo para saber de onde vimos, quen somos, e quen sabe se tamén a onde imos.
O meu amigo Xosé Vazquéz Pintor recréase, neste outro libro, nesa Fisterra que ainda mantén firme e teso o orgullo de ser fillos e netos de oficiantes da vida (por certo,a rapaza da portada é María Elena). Un libro, que xunto con os vellos oficios e o recén publicado tal era vivir, axudan a manter viva a memoria da nosa xenuina estirpe de artesans.

aNaCoS De NóS

<center>aNaCoS De NóS</center>
...por aquí o tempo está moi revolto, chove un día, neva outro e o siguente fai sol.
Minha nai enferma, meu pai cabreado, os cans no palleiro I EU PENSANDO SEMPRE EN TI.

Polo outro bando eu escribía:
Através da ventá que da o patio vexo pasar soldados en ringleira co bolso na man dereita, traxe de paseo... Mesmo percibo o brilo dos seus ollos e o sorriso feliz do retorno os brazos das suas amadas. Todo pasa mentras eu, afogo as minhas penas neste triste vaso de viño ¡ puta mili!

ViVa a Nai Que Me PaReu

<center>ViVa a Nai Que Me PaReu</center>
Teas do tear: Gloria Penas


Esta colcha é un agasallo da minha nai.
Está feita de trapos no tear e non deixa de ser unha mostra da sensibilidade desta muller,
filla de caseiros, emigrante nos seus tempos mozos e "labrega"
da Galiza profunda no resto dos seus días.
Licenciada en letras pola facultade da vida i en matemáticas pola falcultade da necesidade.
Como non facía as milagres, cavou ó monte, sementou trigo e fixo un boliño de pan para que non lle morreran os fillos de fame.
¡Moito che quero mamá!

oLLaReS Do TeMPo

<center>oLLaReS Do TeMPo</center>
Obra de arte: Iria


O liño despois de sacalo do corgo estendíano tres ou catro días para secalo ben e levalo a un mazadeiro que había na casa de Valle, na ponte de San Xusto.
De volta na casa estirábano coas mans e facían unha manda para espadelalo,
quitándolle o tasco co restrelo para separar a estopa do liño.
Coa roca e o fuso, mollando as puntas dos dedos na auga, fiábase.
E nunha sarilla facíase a maraña e cocíase con borralla.
Nun sarillo desfacíase a maraña e enterrábase nun recuncho da corte.
Chegaban os novelos ó tear e escomenzaba a orquestra a tocar.
A lanzadeira a facer surf antre as canavelas.
O queixal ¡plas, plas! apreixando o fío a máis non dar.
¡fiúúúúú...lanzadeira vai, lanzadeira ven!
E logo, pisábase cos pes a espremeira para levantaba o vestido do tear,
adiantando o organo to begin again.

Máis ou menos, sen múseca, contoumo por teléfono esta tarde minha nae.

SaNTo, SaNTo, SaNTo... o 0,5 non chega

<center>SaNTo, SaNTo, SaNTo... o 0,5 non chega</center>
Agora perdeu creto. A xente deixou de santiguarse ao pasar por diante e até os nenos xogan polas noites darredor sen medo..
A can esmirriado, todo son pulgas.

iNoCeNCia PeRDiDa

<center>iNoCeNCia PeRDiDa</center>


Estaba a avóa sentada, a sombra, na eira,
léndolle un conto dunha princesa triste a súa neta.

"Había unha vez unha princesa que sempre estaba moi triste . Unha princesa que non tiña palacio nen vestidos de Pertegaz... nen sequera atopaba un "bobón" do que namorarse"

E a rapaza nun xesto consolador díxolle:
- Non te preocupes avóa, que os contos non son verdade.

e a avóa clavou a mirada no horizonte e murmurou polo baixo
-¡ que tempos aqueles de María Castaña!

MaNDaMeNToS

<center>MaNDaMeNToS</center>
Cristo dixo "amaros uns aos outros"... e como non puxo condicións, o home marchou para a taberna e deixouna a ela soa na casa.

A escola da vida

<center>A escola da vida</center>
Carvalho Calero no seu reloxo adiantado da vida quería recoller froito cando ainda era hora de sementar. A min pasábame o mesmo cando quería facer os regos co arado de pau para sementar as patacas mentras meu avó decíame que para levar o arado primeiro tiña que adeprender a tirar diante das vacas.
Ainda así algunha que outra vez deixábame facer uns regos e sempre recordándome que había que levalos moi direitiños dende o principio porque senón despois era moi difícil endereitalos sen ter que voltar atrás.
Agora entendo que os seus consellos ían máis aló do que estábamos a facer. Falaba da vida mesma.

Escola Mixta De Dorvisou

<center>Escola Mixta De Dorvisou</center>

Aquí tes unha imaxe para o baúl das tuas lembranzas, amigo Pepe Penas .
Fai uns anos entrei nela co meu filho para contarlle tamén cousas dun tempo pasado . Alí estaba o encerado, unha pequena estanteria con libros esquencidos e roidos polos ratos, os vellos pupitres, os conquistadores das Americas, Santo Tomé de Aquino, os catro escudos das provincias galegas. Todo elo obra do pintor de Dorvisou.
Na mesa da "señorita" a esfera terráquea onde eu adeprendera que era redonda a terra e no chao o retrato de Franco escarallado e o teito da escola derrubado pola desidia de catro pobres homes que baixo o estatus de propiedade privada prefiren vela desaparecer que entregala o servizo da aldea.

AS CARTAS DE AMOR RIDÍCULAS

<center>AS CARTAS DE AMOR RIDÍCULAS</center>

Como un rayo de luz que el sol envía
através de mi ventana sombría,
En mi frondosa y exuberante fantasía
brilla tu imagen hermosa y afrodita.

Ou mesmo

Se hará de noche
y ya no veré las olas
con su manto azul
acariciar las rocas.

Ou tamén

Yo pienso en ti
tu imagen está fija en mi mente,
sin tregua, a toda hora.
Tu ausencia es como una llama de fuego,
que en este momento,
entre el silencio me devora.


Naqueles tempos as cousas importantes escribíanse en castelan ¿non si, pawley?
Eu escribía en castelan i ela en galego pero deseguida me deixei seducir polo encanto da "lingoa" galega.
Ao final, como decía (Fernandinho Pessoa)

A verdade é que hoje
As minhas memórias
Dessas cartas de amor
É que são Ridículas.

TEMPOS DE ... ... E ROCK AND ROLL

<center>TEMPOS DE ...   ...    E ROCK AND ROLL</center>
Traguei dinamita
porque quero voar
a ponte da anguria
que vai da noite o día.

Un coitelo acaricia as minhas veas,
un tembror percorre a meu corpo
escachando vellas feridas
para inundarme de sangue...

E ao final escribía unha fraseciña de Lord byron que decía " A adversidade é o primeiro paso cara á verdade".
Non foi tan grande a dor dos meus días. Eu como os poetas finxía...

OLLARES DUN TEMPO

<center>OLLARES DUN TEMPO</center>
A vida xa non é unha festa onde se divirtan os pobres máis que os ricos.
Parece ser que houbo un tempo onde home construía o seu propio paraiso a partires do seu propio pensamento.
Era eu un adolescente, agora xa son un adulto...teño que ser razoabel.

¡DIVINA XUVENTUDE!

<center>¡DIVINA XUVENTUDE!</center>
Falaba co meu filho dos estudos e díxenlle:
Mira, o tren pasa só unha vez. Así que, ou te subes a el ou quedas como un tonto na estación.
E contestoume: Non te preocupes paaaa.... Os tontos na estación son moi felices.

FANTÁSTICO PETER PAM

<center>FANTÁSTICO PETER PAM</center>
"O neno é o pai do home" reza un sábio dito popular.
¡Salvemos os nenos da voracidade do mundo contemporáneo!
...para que as vindeiras xeneracións fagan desta terra un lugar habitabel onde a representacion dos sete vicios capitais sexa só puro teatro.

FAUNA ESTRANHA....

<center>FAUNA ESTRANHA....</center>
O finito é miséria e o infinito non está o nosso alcanço.
Fauna estranha a humana fauna, cuja essência incide en superar a súa própia essência.

Toda a criatura em ser o que é baseia a sua existência.
A pomba quer ser pomba;
O bido, bido; como a pedra, pedra.
Fam-no o mellor que poden, e isso é todo.

...

Mas o home é home enquanto quer ser máis que home;
A sua essência é aspirar á essência do que é inumano
e que chamamos Deus;
Finito que pretende a infinitude.

...

Só a criatura humana se rebela
contra os desígnios con que Deus a traça;
Desde que o fruto da árvore da ciência
provou, non menos que a ser Deus aspira.


O mestre Carvalho Calero" nunha lección maxistral sobor dos destinos do home.

MALO, MALO...
MALO eres, no se daña a quien se quiere, no,
TONTO, TONTO...
TONTO eres, no te pienses mejor que las mujeres

<center>MALO, MALO... <H6>MALO eres, no se daña a quien se quiere, no,</H6> TONTO, TONTO...<H6>TONTO eres, no te pienses mejor que las mujeres </H6></center>
Unha prostituta escribía nunha revista de socioloxía o siguente: " que sería da integridade física de miles de xovenciñas se nosoutras non frenasemos os ímpetus sexuais desa caterva chamada homes"
- ¡ non é o lobo o principal inimigo do home, non !

TEMPADA ESTIVAL

<center>TEMPADA ESTIVAL</center>
Na illa de Tenerife tanto se pode tomar o sol no mes de Maio como ir facer unhas táboas á neve nas Cañadas no Teide. Agora, de aí a esto outro, que acabo de atopar na rede, hai un anaquiño.
¡Tenerife ten estas cousas...!