Blogia
DoRViSou

A escola da vida

<center>A escola da vida</center>
Carvalho Calero no seu reloxo adiantado da vida quería recoller froito cando ainda era hora de sementar. A min pasábame o mesmo cando quería facer os regos co arado de pau para sementar as patacas mentras meu avó decíame que para levar o arado primeiro tiña que adeprender a tirar diante das vacas.
Ainda así algunha que outra vez deixábame facer uns regos e sempre recordándome que había que levalos moi direitiños dende o principio porque senón despois era moi difícil endereitalos sen ter que voltar atrás.
Agora entendo que os seus consellos ían máis aló do que estábamos a facer. Falaba da vida mesma.

7 comentarios

caladinha -

Co fermosas que son as curvas, as espirais...

Ou será que nunca fun capaz de facer un regho dereito, nin na leira das patacas nin na da vida. A última vez que o intentei foi para botar o cebolo e miña avoa quitoume o sacho e díxome que estivese quietiña que os meus reghos parecían as estradas do Candán.

dorvisou -

Cando falo da minha compañeira sempre digo "compañeira de viaxe" porque identifico a vida como unha viaxe.
Nesa viaxe hai un compoñente do máis caprichoso como é o azar e que define moi ben Salvador Pániker cando di " O azar é o espíritu que sopla donde quere, é decir, que simplemente sopla"
E na vida non podes voltar atrás para endereitar o rego. Só ó podes remediar con un pouco de sofremento e outro pouco de talento.
Un saudo a todos, en especial a ese pedazo de Caizan que apesares de que o levaron denantes de aprender a falar moi lonxe da súa terra, escribe, dende Bos Aires, na lingoa de Rosalía.

caizan -

As cousas que lle din a un cando pequeno recen teñen sentido cando chegas a home, a veces.

pppnas -

de seguro que todos os nosos avós tamén dicían que o carro non debe de ir diante das vacas
¿ou non..?

siloam -

facer ben o que se está facendo..será eso.
o do ir diante das vacas antes de facer regos tamen o decían os meus abós.

xisbe -

Os regos da vida alá cada un os faga como lle pete, agora os dos leiros, fainos ben dereitiños.
Non sei que se pasa co asunto dos comentarios, fixen unha limpeza a ver si se arrranxa. Tenta de novo e si non consigues mándame un email.

peke -

Porén na vida os regos dereitos acotío non conducen más ca a un muro de pedra, alto coma un mundo. As reviravoltas levan, curiosamente, a atallos inesperados. ¡En fin!