
E somos nos quen lle poñemos nomes a toda-las cousas.
Quen dividímo-lo tempo en fraccións e a terra en fronteiras.
Si, somos nos, o home moderno quen co rexistro da propiedade,
fai esto teu, esto meu…
Autor: Anónimo
... pero tamén somos nós os que inventamos os camiños, aínda sabendo que todos nos levarán ó mesmo destiño...
Fecha: 08/01/2004 17:05.
Autor: dorvisou
Do ventre dunha mulher ao ventre da terra...non hae máis camiño, bueno, penso eu.
Fecha: 08/01/2004 22:12.
Autor: siroco
Non e un solocamiño do ventre dunha muller ao ventre da terra... hay unha chea deles entre estes dous que forman os nosos camiños da vida, os que nos queremos os que nos acomodan, os que fan que pouco a pouco sexamos parte desa natureza que forma a nosa terra e o noso nacemento
Fecha: 12/01/2004 22:35.
Autor: Dorvisou
Pode que teñas razón, siroco. Pero todo-los camiños dos que falas rematan nunha soa Finisterre.
Fecha: 13/01/2004 02:06.
Autor: siroco
Coido que non teñen porque rematar en Fisterre,calquera punto do nos paìs,igual que do noso mundo espiritual, rematan donde solo nos e o noso espiritu quere que rematen,non ten prque ser un punto fixo.
Fecha: 14/01/2004 21:23.
Autor: dorvisou
Pode que teñas razón outra vez, siroco.Será que nas cousas que eu enredo, me perdo.Fai un tempo que a minha fe non atopa pan para o seu alimento.Quixera crer que todo vae máis alá... e resulta que me custa ata dudar.
Fecha: 15/01/2004 21:31.