
Autor: peke
O das propinas éche amolado. Hai xente que se sente ofendida e moitas veces non sabes cómo actuar.
O de polbo ten a súa historia; cando daba clase e estudiabamos vocabulario os risiños saltaban ante o nome do bicho. Xa se sabe cómo son os adolescentes: saltan á mínima. :)
Fecha: 23/11/2004 18:51.

Autor: pepe penas
O meu amigo Mirrolo, que ata era quen de ler os libros que se ian a escribir, tenme dito o que dicía, creo que era José Antonio Primo de Rivera, un conocido persoaxe no tempo da última República: "la propina envilece a quién la da y denigra al que la recibe"; había un camareiro que lle dicía:"a mi denigreme Vd.Dn. José Antonio".
Ollando ese prato de polbo lembrome, cando neno, ir co meu pai as Cruces e pillar unha boa farta na casa do Rouco...o que non me gustaba era ollar o viño tinto por riba do pan...das camisas..da mesa...pero o polbo ¡estaba de carallo!
Fecha: 23/11/2004 23:29.
Autor: dorvisou
Cando as propinas superan o salario mínimo interprofesional deixan de ofender...jeje.
Peke, a súa historia de cando daba clases tamén me fixo sorrir, será que non deixei de ser un adolescente.
Pepiño, sei que estas cousas non se deben contar aquí pero cando coas propinas pagas a hipoteca da casa e ainda che queda para botarlle gasolina o coche, que che denigren canto poidan. A xente deixa boas propinas cando ás mereces, non é unha obriga. Están pagando favores.
A min gústame comelo nas feiras. é todo un pracer, vela xente disfrutar, o paisano co plato a rebosar e decíndo "a ver que mancho, que mancho", e a muller detras con unha rebanada de pan nunha man e a botella de viño na outra. E os polbeiros metendo o garfo na pota de cobre e sacando aqueles raxos ao aire...
¡ay que da un ataque de morriña!
Fecha: 24/11/2004 02:10.

Autor: muralla
Dorvisou, estás feito un lampantin, que non sei mui ben o que quere decir, pero que miña nai utilizao por pícaro, travieso...e outras cousas...ja, ja, ja,
E anda que non riron de min compañeiros que foron a Galiza, con iso do polbo...
Unha aperta. Muralla
Fecha: 25/11/2004 20:11.
Autor: dorvisou
Graciñas muralla por tantos bicos e tantas apertas.
Jaio, cuando tu quieras. Soy "todiño" tuyo.
Fecha: 28/11/2004 03:35.