
Autor: peke
A coidarse, señor Dorvisou.
E Uxío apunta maneiras como fotógrafo, pero aínda lle queda unha fervura para chegarlle ao pai.
¡Felices Reis! :) (Xa botei un ollo).
Fecha: 14/12/2004 15:37.

Autor: pepe penas
Coidaba eu que algo tiña que pasarlle a Dorvisou, non podía ser que de supeto deixara de esgarabellar no seu Blogomillo..Cos meus mellores desexos
Bo Nadal e unha aperta grande coma un palleiro de herba seca.
Fecha: 14/12/2004 16:40.

Autor: muralla
Primeiro alégrome de que non fora nada serio...e despois sinto moito o do carnet, sólo espero que os reyes che compensen con muitas cousas que lles pediras...
Sorte e bicos, e felicidades a ese gran fotógrafo que é o teu fillo, claro que de tal palo, tal hastilla, que todo se hereda...Muralla
Fecha: 14/12/2004 20:46.
Autor: dorvisou
Peke, O rapaz está levedando e o pai xa parece que quere fermentar.
Un bico con luces do nadal.
Fecha: 15/12/2004 03:19.
Autor: dorvisou
Pepiño, esa aperta encheume de pallas. Espero que sexas moi agraciado nestas festas do nadal.
Saúde e amor, saúde e amor...
Fecha: 15/12/2004 03:23.
Autor: dorvisou
Muralliña, o do carnet non deixa de ser unha putada porque o día vinte estarei de vacacións ata mediados de Xaneiro.
Do rapaz direiche que apunta boas maneiras. Só queda esperar que non se perda no camiño. É un rapaz moi sanote e sorprendeme a sua responsabilidade e constancia. Xa quixera eu a sua edade...
Biquiños e moitas felicidades.
Fecha: 15/12/2004 03:35.

Autor: caladinha
Cóidesenos e dende esta banda ha ser un abrazo en sucesivas voltas, como a cabeza dun repolo (aprendidos de Celsiño, como non)
Fecha: 15/12/2004 09:28.
Autor: jaio la joía espía
¿Bulto en la espalda? ¿no será que se ha dejado enganchado algún filtro?
Suerte con el anillo. Por que será un anillo de diamantes lo que le saquen ¿no? Para otra cosa mejor qu eno rajen. Dígaselo así.
Fecha: 16/12/2004 01:00.
Autor: dorvisou
Caladiña, non sabes canto ben me fai sentirme tan ben abrazado. Sodes todos moi wuapiños.
Biquiños con burbullas.
Fecha: 16/12/2004 20:54.
Autor: dorvisou
¿un diamante?, non muller, non. Foi un pouco de unto...jaja
Deus lle garde a vostede o seu diamante moitos anos.
Un bico con chicle.
Fecha: 16/12/2004 21:00.